Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) O proceso de investigación nas ciencias da actividade física e do deporte Código 620517001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Profesorado
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Web
Descrición xeral No curso facilitarase unha comprensión básica das características do coñecemento científico como fenómeno
cultural e históricamente construido. Sentaranse as bases para a construcción de investigacións con
coherencia epistemolóxica e metodolóxica.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
- Coñecer e saber plantear un problema de investigación. AI9
BI1
BI2
BI7
CI1
CI4
- Coñecer e saber redactar hipóteses de investigación. AI2
AI9
BI1
BI2
BI7
- Coñecer e saber definir as variables de investigación. AI2
AI9
BI1
BI2
BI3
BI7
BI9
- Ser capaz de interpretar resultados, discutilos e obter conclusións dos mesmos. AI2
AI4
AI9
BI1
BI2
BI3
BI5
BI7
BI9
CI1
CI3
CI4
AI7
AI8
BI5
CI3
CI4
- Coñecemento das diferentes técnicas de investigación. AI7
AI8
BI5
CI3
CI4

Contidos
Temas Subtemas
1. A investigación en ciencias da actividade física,
deporte e saúde
2. O enfoque científico. O ciclo de aplicación nas
ciencias da actividade física, deporte e saúde.
3. Planteamiento do problema nas ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
4. A hipótese na investigación científica nas
ciencias da actividade física, deporte e saúde.
5. Variables de investigación en ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
6. Recollida e análise de datos nas ciencias da
actividade física, deporte e saúde.
7. Interpretacio?n, discusio?n e comunicacio?n de resultados no a?mbito das ciencias da actividade fi?sica, deporte e sau?de

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 C1 C3 10 30 40
Solución de problemas A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 6 29 35
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral predomina a forma expositiva, dos contidos da asignatura. Trabállase
fundamentalmente o saber (competencia técnica), aínda que tamén se traballan os outros saberes
(saber facer, saber ser e saber estar). A docente desempeña un papel eminentemente activo. O
alumnado ten como función tomar apuntamentos, notas, relacionar conceptos, preguntar ao/a
docente..
Solución de problemas Formulación, análise, resolución e debate por parte do alumnado dun problema ou exercicio,
relacionado coa temática da materia.


Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma:


Formulación, análise, resolución e debate por parte do alumnado dun problema ou exercicio, relacionado coa temática da materia. Realización de traballos vencellados coa materia do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Asesoramento e titorización para a resolución dos problemas propostos na materia. Este tempo
está reservado para atender e resolver as dúbidas do alumnado. A atención será individual e en
grupos reducidos, en función do carácter da atención. Cando sexa individual terán lugar no
despacho da docente, por videoconferencia ou por mail. Estas actividades teñen como función
orientar e guiar o proceso de aprendizaxe do alumnado

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 C1 C3 Examen dos contidos tratados en clase.
Control da asistencia e participación crítica nas aulas
presenciais.
40
Solución de problemas A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 Avaliación e corrección dos exercicios e actividades
propostas na aula presencial: 20%


Elaboración, realización e corrección dos exercicios e
actividades propostos para a súa realización fora do
horario de aula.
Corrección dos traballos propostos vinculados cos
contidos da materia: 40%
60
 
Observacións avaliación

Réxime avaliación continua:

Para poder acceder á modalidade de avaliación continua é necesario
desenvolver todos as probas explicadas anteriormente

O alumnado que non desenvolva estes métodos non poderá acceder á
avaliación continúa. Nestes casos poderá optar á avaliación global.

En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a
avaliación en segunda convocatoria realizarase exclusivamente mediante unha
proba escrita.

O alumnado que se atope en circunstancias especiais e/ou xustificadas
polas que non poida realizar algunha das ferramentas de avaliación, deberá
comunicalo ao inicio do curso para poder adaptar a avaliación ao seu caso. No
caso de concorrer a circunstancia excepcional durante o desenvolvemento do
curso, deberá comunicalo cunha antelación mínima de dous meses á data oficial
do exame.

Réxime avaliación global:

O alumnado que non teña optado á avaliación continua, realizará unha
avaliación global nas datas oficiais. As probas permitirán obter o 100% da
cualificación da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Consultar Guía Docente U Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=202&ensenyament=P02M156V01&consulta=assignatures

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Metodoloxía experimental e cuasiexperimental nas ciencias da actividade física e do deporte/620517003
Metodoloxía selectivo correlacional/620517004
Revisión sistemática e metaanálise/620517007
A comunicación científica e fontes documentais nas ciencias da actividade física e do deporte/620517002
Metodoloxía cualitativa nas ciencias da actividade física e do deporte/620517006

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías