Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Determinar as condicións de equilibrio dun sólido ríxido tanto no plano como no espazo. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer os tipos de enlaces dunha estrutura isostática. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C3 C5 C6 C7 C8
|
Avaliar as reaccións nunha estruturas isostática. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática porticada (cortante, flector...). |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Saber dividir unha estructura mixta en partes para o seu cálculo por separado. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática articulada (axil...). |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática de cables. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Localizar o centro de gravidade dun corpo. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Calcular o momento e produtos de inercia dun área con respecto a un plano, eixos ou punto. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Avaliar as reaccións nunha estrutura por métodos enerxéticos/traballos virtuais. |
A7 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9
|
C1 C3 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
ESTÁTICA DO SÓLIDO RÍXIDO |
Revisión de Mecánica.
Concepto de forza.
Sistemas de forzas. Propiedades:
Composición de forzas. Resultante.
Momento dunha forza respecto a un punto.
Momento dunha forza respecto a un eixo.
Par de forzas. Composición de pares.
Redución de sistemas.
Condicións de equilibrio en 3D e 2D.
Casos Particulares:
Equilibrio do sólido ríxido baixo a acción de dúas forzas.
Equilibrio do sólido ríxido baixo a acción de tres forzas. |
ENLACES E REACCIÓNS. EQUILIBRIO DE CORPOS RÍXIDOS |
Introdución. Concepto de sólido ríxido, libre e vinculado.
Enlace, vínculo ou ligadura. Definición. Clasificacións.
Forzas activas (ou accións) e forzas reactivas (ou reaccións).
Graos de liberdade: internos, externos e totais.
Enlaces ou coaccións en sistemas planos.
Inmobilización do corpo no plano.
Enlaces en sistemas espaciais.
Inmobilización do corpo no espazo.
Sistemas isostáticos, hiperestáticos e mecanismos.
Equilibrio en dúas dimensións. Cálculo de reaccións.
Equilibrio en tres dimensións. Cálculo de reaccións.
Diagrama de sólido ríxido. |
CÁLCULO DE ESTRUTURAS ARTICULADAS. |
Introdución. Forzas externas e internas.
Esforzo Axil: tracción e compresión.
Estruturas articuladas planas.
Definición. Hipótesis Básicas. Tipos.
Condición de isostatismo.
Métodos de cálculo de estruturas articuladas planas isostáticas.
Método de Ritter ou das seccións.
Método dos nós.
Casos Particulares de Carga. |
VIGAS: SOLICITACIÓNS E FORZAS INTERNAS |
Introdución. Peza Prismática.
Vigas. Tipos de vigas.
Cargas. Tipos de cargas.
Solicitacións e forzas internas. Convenio de signos.
Equilibrio dunha rebanada.
Diagramas de solicitacións
Trazado de diagramas:
Viga articulada-apoiada con carga puntual
Viga articulada-apoiada con carga uniformemente repartida.
Voladizo con carga puntual.
Voladizo con carga repartida. |
RESOLUCIÓN DE VIGAS ISOSTÁTICAS |
Vigas con carga cualquera.
Vigas inclinadas.
Vigas con articulacións e apoios intermedios. Vigas Gerber.
Vigas crebadas. |
RESOLUCIÓN DE PÓRTICOS ISOSTÁTICOS |
Definición. Tipos.
Método de estudo.
Pórticos apoiados-articulados.
Pórticos con voladizos.
Pórticos triarticulados.
Pórticos compostos. |
ESTRUTURAS DE CABLES |
Hipótesis básicas. Equilibrio.
Cables con cargas concentradas.
Cables con cargas distribuidas
Ecuación diferencial dun cable
Cable parabólico. |
CENTRO DE GRAVIDADE E CENTRO DE MASA |
Introdución.
Centro dun sistema de forzas paralelas.
Peso e masa. Centro de gravidade e centro de masa.
Aplicación a sistemas discretos e a sistemas continuos.
Centro de gravidade de superficies. Centroides.
Momento estático ou primeiro momento.
Propiedades do centro de masas. |
MOMENTOS DE INERCIA |
Introdución.
Momentos de inercia dun sistema de puntos materiais. Momento Polar.
Produto de inercia dun sistema de puntos materiais.
Momentos e Produtos de inercia de sistemas continuos.
Momentos e Produtos de inercia de sistemas planos
Momentos e Produtos de inercia de superficies e liñas.
Propiedade distributiva
Teorema de Steiner aplicado a momentos de inercia.
Teorema de Steiner relativo a produtos de inercia.
Momentos de inercia de áreas compostas.
Radio de xiro dunha área.
Momento de inercia respecto a unha recta calquera.
Rotación de eixos.
Eixos principais de inercia.
Momentos principais de inercia.
Momentos de inercia máximo e mínimo. |
MÉTODO DOS TRABALLOS VIRTUAIS |
Introdución.
Principio dos traballos virtuais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B1 B2 B3 B4 C3 |
2 |
1 |
3 |
Sesión maxistral |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C5 C6 C7 C8 |
27 |
40.5 |
67.5 |
Solución de problemas |
A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 |
22 |
22 |
44 |
Proba mixta |
A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 |
1 |
0 |
1 |
Proba obxectiva |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
5 |
0 |
5 |
Esquemas |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 C7 |
0 |
0.5 |
0.5 |
Glosario |
A6 A53 A56 A57 B1 B2 B3 B9 B11 B12 |
0 |
1 |
1 |
Traballos tutelados |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
2 |
20 |
22 |
Lecturas |
A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 |
0 |
5 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación sobre a materia, explicando o seu funcionamento e obxectivos. A continuación impártese unha aula sobre tipos estruturais e bases de Mecánica vectorial |
Sesión maxistral |
Clases expositivas, no taboleiro ou con medios audiovisuais, de parte dos contidos teóricos prácticos da materia.
|
Solución de problemas |
En clase de grupo reducido proporanse unha serie de casos prácticos que o alumnado resolverá, de xeito parcial ou total, co axuda e consello do profesorado. |
Proba mixta |
Responderase a diversas preguntas conceptuais e/ou numéricas. Esta proba servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos teórico prácticos da materia. |
Proba obxectiva |
Proporanse problemas numéricos e gráficos sobre os contidos da materia e a bibliografía de apoio. Servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos prácticos da materia. |
Esquemas |
Breves introducións en cada tema tratan de relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia na carreira a modo de esquema. |
Glosario |
O alumnado elabora unha folla resumo con definicións, formulación e unidades físicas relacionadas con cada un dos temas da materia. |
Traballos tutelados |
Entregaranse problemas resoltos de cada un dos temas da materia, deben ser realizados de xeito individualizado e personalizado, en papel formato A4 manuscrito. Servirán, xunto co cumplimento dos requisitos de asistencia, para poder acceder á nota complementaria da materia. |
Lecturas |
O alumnado selecciona e analiza exercicios e/ou teoría sobre mecánica na bibliografía básica e complementaria sinalada polos docentes nesta guía. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Someterase a control de xeito exhaustivo a asistencia e a actividade desenvolvida. O traballo realizado terá que demostrarse coa entrega dunha serie de exercicios completamente resoltos de xeito autónomo de cada un dos temas da materia. Entregaranse en número e data determinados na aula.
O horario de titorías para a realización dunha atención personalizada estará exposto na plataforma disposta a tal efecto na UDC. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 |
Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos.
As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta.
Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de SUSPENSO |
20 |
Solución de problemas |
A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 |
Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. |
7.5 |
Proba obxectiva |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico.
O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional.
Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo
Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga.
O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas. |
70 |
Traballos tutelados |
A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. |
2.5 |
|
Observacións avaliación |
O aprobado fíxase tanto en primeira como en segunda oportunidade en cinco puntos sobre un máximo de 10
PRIMEIRA OPORTUNIDADE |
tipo |
valoración total |
Requisitos para superar a materia na primeira oportunidade |
Controles de asistencia |
0 puntos |
Será necesario cumprimentar o 80% dos controis dispostos, tanto en docencia presencial, expositiva e interactiva, como en docencia non presencial. |
Probas rápidas de resposta múltiple |
2 puntos |
Será necesaria a resolución do 80% das probas propostas e alcanzar unha valoración total mínima de 1,0 puntos. |
Proba práctica obxectiva |
7 puntos |
Será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10. |
Solución de problemas e traballos tutelados |
1 punto |
Entregaranse polo menos o 80% dos traballos propostos. |
SEGUNDA OPORTUNIDADE |
tipo |
valoración total |
Requisitos para superar la materia en segunda oportunidade |
Proba de resposta múltiple |
2 puntos |
Será necesario alcanzar unha valoración total mínima de 1,0 puntos |
Proba práctica objetiva |
7 puntos |
Será necesario alcanzar unha calificación mínima de 3,5 puntos sobre 10. |
Solución de problemas e traballos tutelados |
1 punto |
Só consideraranse aqueles entregadas nos prazos indicados dentro do período de actividades académicas do primeiro cuadrimestre. Os estudantes que non cumprisen este requisito terán 0 puntos neste apartado. |
O non seguimento dos requisitos indicados supoñerá unha cualificación de NON PRESENTADO na oportunidade correspondente. Nota aclaratorio sobre asistencia e avaliación para o estudantado de segunda e posteriores matrículas na materia, (coa condición de cumprimentar no curso inmediatamente anterior o 80 % esixido): Quen non supere o 40% da asistencia total non poderá presentarse á primeira oportunidade e si á segunda, pero só sobre nove puntos. Se supera o 40% de asistencia total, poderá presentarse na primeira oportunidade. O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á cualificación complementaria, cando despois de superar o 40% de asistencia ás clases teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que entregase ao longo do curso académico. CRITERIOS DE CORRECCIÓN: se adecuan aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os erros conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun erro numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos, así unha equivocación de signo significaría un erro do 200%. ASISTENCIA. Establécense idénticos requisitos de asistencia e desenvolvemento de traballos tutelados, para os estudantes de primeiro curso e de continuación de estudos, independentemente da súa dedicación a tempo completo ou tempo parcial. De acordo co apartado 5 do artigo 7 da norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña, non se considera nesta materia a posibilidade de dispensa académica que exima da asistencia a clase dos estudantes. PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades avaliables ao longo do curso académico
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Lamas, V; Otero, Mª Dolores (2002). Cálculo de estructuras artículadas. Editorial Gráficas del Noroeste
Lamas, V; Otero, Mª Dolores (2002). Cálculo de solicitaciones en vigas isostáticas. Editorial Gráficas del Noroeste
Durá Doménech, A. – Vera Guarinos, J. (). Fundamentos Físicos de las Construcciones Arquitectónicas . Universidad de Alicante
Meriam, J.L. – Kraige, L.G (). Mecánica para Ingenieros. Estática. Editorial Reverté
Beer, F.P.; Jonhston. E.R. (). Mecánica Vectorial para Ingenieros. Estática. Ed. McGraw-Hill.
Fontán, A; Nogueira, P; Pico; J.M.; Vázquez, J.A. (2004). Precurso I. Física. Vicerrectorado de Innovación Tecnológica
Gere, James (2002). Resistencia de Materiales. Editorial Thomson |
|
Bibliografía complementaria
|
Herrero Arnaiz – Rodríguez Cano – Vega González (). Estática: Problemas Resueltos. Editorial Reverté |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Proxectos I/630011106 | Xeometría Descritiva I/630011102 | Debuxo I/630011103 | Fundamentos Físicos na Arquitectura I/630011104 | Fundamentos Matemáticos na Arquitectura I/630011105 | Construción I/630011107 | Xeometría Descritiva II/630011108 | Fundamentos Matemáticos na Arquitectura II/630011110 |
|
Materias que continúan o temario |
Física 2/630G01013 | Estruturas 1/630G01019 |
|
|