Para ser avaliado globalmente para a materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario:
1. Ter asistido polo menos ao 80% das Sesións Maxistráis, salvo causa de forza maior documentada.
2. Presentar todas as prácticas realizadas no Obradoiro.
3. Envíar o Portfolio completo.
4. Entregar as notas tomadas nas Sesións Maxistráis.
5. Facer a Proba obxectiva.
No caso de que o día do exame o alumno non presente algún dos ítems puntuables da materia, figurará como 'Non presentado' na acta da oportunidade correspondente.
No caso de que o alumno non acade unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 nalgún dos puntos de puntuación da materia, figurará como ‘Suspenso’ na acta da oportunidade correspondente, aínda que a súa a media é superior a 5 puntos sobre 10. A súa nota numérica será a máis baixa de todos os seus ítems.
Na segunda oportunidade, só será imprescindible realizar aqueles ítems nos que non se acadara unha valoración de 4 puntos sobre 10.
O alumno que repita curso non terá que repetir os exercicios nos que obtivese unha nota igual ou superior a 8 puntos sobre 10 no último curso académico.
Non se contemplan medidas de dedicación a tempo parcial, pois é unha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental. Nin se contempla a dispensa académica, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental.
A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de 'Suspenso 0' na materia da convocatoria correspondente, quedando sen efecto calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de afrontar a segunda oportunidade.