Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas. |
A40 A48 A49 A54 A55 A68
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos. |
A40 A48 A49 A55 A68
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos. |
A53 A55 A68
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Idade Antiga |
1. Historia da arte grega
2. Historia da arte romana
3. Historia da arte cristiá temperá
4. Historia da arte bizantina |
2.- Idade Media |
5. Historia da arte prerrománica
6. Historia da arte románica
7. Historia da arte gótica
8. Historia da arte renacentista |
3.- Idade Moderna e Contemporánea
|
9. Historia da arte barroca
10. Historia da arte neoclásica
11. Historia da arte romántica e realista
12. Historia da arte ecléctica e historicista
13. Historia da arquitectura en ferro
14. Historia da Escola de Chicago
15. Historia do Modernismo
16. Historia da arte no século XX |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B5 B6 B7 C6 C7 |
42 |
0 |
42 |
Traballos tutelados |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 |
7 |
45 |
52 |
Presentación oral |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 |
7 |
45 |
52 |
Proba obxectiva |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
É obrigatoria a asistencia. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
Presentación oral |
O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada desta asignatura realizarase a través do seguimento en clase do alumnado, da súa asistencia e da presentación dos dous traballos, grupal e individual.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 |
O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos. |
20 |
Proba obxectiva |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
Para superar o exame o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada unha das preguntas: práctica (mín. 3) + teórica 1 (mín. 3) + teórica 2 (mín. 3), nas que se divida o exame. |
60 |
Traballos tutelados |
A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 |
O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. |
20 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE O alumnado debe realizar todas as actividades da avaliación continua para aprobar o curso. A segunda oportunidade constará dunha proba obxectiva (exame) e as calificacións obtidas nas probas da avaliación continua realizadas en periodo lectivo e que non poderán volver a repetirse. Tanto para o alumnado con dedicación completa como para aquel con recoñecemento con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. os criterios de avaliación serán os mesmos.
Dispensa académica de exención de asistencia Na materia admítese a dispensa académica a aquel alumnado que teña recoñecido este dereito pola UDC, debendo presentarse ás evaluacións finais, expoñendo sempre os temas obrigatorios da asignatura.
Plaxio A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobadas, implicará directamente a cualificación de sospenso "0" na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
Asistencia A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para as clases teóricas como interactivas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
HONOUR, Hugh y FLEMING, John (1986). Historia del Arte. Barcelona: Reverté
DUROZOI, Gérard (1997). Diccionario de arte del siglo XX. Madrid: Akal
(2009). Diccionario de conceptos de arte contemporáneo. Madrid : Abada
REVILLA, Federico (2012). Diccionario de iconografía y simbología. Madrid: Cátedra
LUCIE-SMITH, Edward (1997). Diccionario de términos artísticos . Barcelona: Destino
GOMBRICH, Ernst Hans (1988). Historia del Arte. Madrid: Akal
RAMÍREZ, Juan Antonio (1996-1997). Historia del Arte. Madrid : Alianza
JANSON, Horst Waldemar y JANSON Anthony F. (1988). Historia del arte para jóvenes. Madrid: Akal |
BIBLIOGRAFÍA (GRUPO DE INGLÉS) BRIGSTOCKE, H. (Ed.): The Oxford companion to western art. Oxford University Press, 2001. GOMBRICH, E.H.: The Story of Art (several editions) HARRIS, J.: Art history : the key concepts. London: Routledge, 2006. HONOUR H. & FLEMING, J.: A World History of Art. London: Laurence King, 2009. JANSON, H. W. : Janson’s history of art : the western tradition. Upper Saddle River, NJ: Pearson Education, 2007. LYMBEROPOLOU, A., BRACEWELL-HOMER, P. & ROBINSON, J. (eds): Art & Visual Culture A Reader. London: Tate Publishing, 2012. ONIANS, J. (Ed.): Atlas of world art. London: Laurence King, 2004. STOKSTAD, M. & COTHREN, M.W. : Art history. Prentice Hall, 2011. SILVER, L.: Art in history. New York: Abbeville Press, 1993 Dictionaries CLARKE, M., CLARKE, D.: The Concise Oxford Dictionary of Art Terms (2 ed.). Oxford University Press, 2013. CHILVERS, I.: The Oxford Dictionary of Art and Artists. Oxford University Press, 2014. HALL, J.: Dictionary of Subjects and Symbols in Art. John Murray, 1974 MURRAY, P. & L.: Dictionary of Art & Artists. London: Penguin, 1996. OnLine The Getty Art and Architecture Thesaurus: http://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/aat/ Glossary of art terms | Tate: http://www.tate.org.uk/learn/online-resources/glossary |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución á Arquitectura /630G02005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
"-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas." |
|