Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado debe saber e ser capaz de:
* Planificar a construción dende unha visión arquitectónica global, integrando deseño, estrutura, construción e instalacións.
* Coñecer a normativa técnica relativa á edificación e reflectir o seu cumprimento no proxecto arquitectónico.
* Elaborar a documentación dun proxecto arquitectónico.
* Elaborar documentos de proxecto que expresen o feito arquitectónico xunto coa súa construción, dotándoos de rigor, especificidade, coherencia e claridade na súa expresión gráfica e escrita.
* Coñecer a xestión avanzada do proxecto construtivo.
* Coñecemento adecuado dos sistemas construtivos convencionales e a súa patoloxía aplicada ao proxecto de rehabilitación.
* Conservar a obra grosa e a obra acabada.
* Coñecer os sistemas construtivos orientados á sustentabilidade.
* Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios para que estean dotados de condicións internas de confort e protección fronte aos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible, resolvendo acondicionamento ambiental pasivo/activo, incluído o illamento térmico e acústico. climatización, eficiencia enerxética e iluminación natural.
* Coñecer as aplicacións de avaliación da construción sostible.
* Valorar economicamente as obras. |
A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12
|
C1 C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Coherencia no proxecto arquitectónico. |
- Introdución.
- Coherencia construción/arquitectura.
- A influencia das instalacións no deseño construtivo. |
2. Construción sostible. Eficiencia enerxética en proxectos de nova construción e proxectos de rehabilitación. |
- Introdución.
- Arquitectura pasiva.
- Conceptos.
- Solucións construtivas.
- Avaliación enerxética do edificio. |
3. O proxecto de edificación. Documentación. |
- Normativa.
- Contido do proxecto de edificación (memoria, planos, prego de condicións, medicións e orzamento).
- Guías de redacción.
- Tramitación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C8 |
9 |
0 |
9 |
Obradoiro |
A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C6 |
30 |
104 |
134 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A25 A26 B3 B11 C6 C7 C8 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir o coñecemento da tecnoloxía dos sistemas expostos e dos diferentes materiais que poden intervir neles, facilitando a aprendizaxe empregando as tecnoloxías actuais de comunicación. Complementarase coa exposición e explicación de casos reais para unha mellor comprensión da problemática a tratar. |
Obradoiro |
OBRADOIRO DE MATERIA. Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, probas obxectivas, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Dentro deste obradoiro, a aproximación práctica ás cuestións plantexadas nas sesións maxistrais plásmase a través da participación do alumnado en concursos internacionais de proxectos de arquitectura para estudantes, buscando aumentar a implicación do alumnado a través dun método que, a priori, parece atractivo. Este feito tamén permite que o alumno/a se familiarice cunha práctica profesional moi habitual: a participación en concursos de proxectos.
Ao comezo do cuadrimestre, o alumnado será informado do concurso ou concursos nos que poderá participar.
O alumnado poderá desenvolver estes concursos de forma individual ou en grupo (máximo 3 persoas), sempre baixo a tutela do profesorado da materia. O feito de que os proxectos poidan realizarse en grupos de ata tres persoas achega ao estudante a outra realidade da profesión na que, cada vez máis, o traballo en grupo se ve necesario ante as esixencias e demandas cada vez maiores dos proxectos arquitectónicos.
A documentación mínima esixida no regulamento do/s concurso/s poderá incrementarse segundo as directrices recollidas no documento que, ao comezo do curso, se entregará ao alumnado e no que se plasmarán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais de prácticas, etc. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades que impliquen asistencia e/ou participación obrigatoria do alumnado en actos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar nos coñecementos sobre temas de estudo relacionados co tema. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumno/a terá unha atención personalizada para aclarar conceptos e dúbidas, en horario de titoría e, en sesións abertas en horario de clase, e coa presenza dos seus compañeiros, para o desenvolvemento do traballo sobre a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C6 |
Utilizarase o método de AVALIACIÓN CONTINUA, o que significa que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá da actitude e evolución do traballo do alumno/a ao longo do cuadrimestre que, por obxectividade, quedará reflectida na realización do/s traballo/s proposto no Obradoiro. Isto permitirá comprobar que o alumnado ten asimilado os contidos conceptuais, as competencias e os métodos de traballo da materia.
Para poder aprobar a materia en calquera das oportunidades é necesaria a asistencia, como mínimo, nun 80% ás clases maxistrais e ao obradoiro, así como a realización das entregas especificadas na programación do curso.
A aqueles estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia, segundo o establecido pola “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DO ESTUDIANTE DE GRAO NA UDC” (Artigos 2.3; 3.b e 4.5) (5/ 29/212), se lles esixe un 40% de asistencia.
O incumplimiento da asistencia ou das entregas do Obradoiro dará lugar á cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calqueira das oportunidades).
A valoración dos traballos realizados non se restrinxe só aos contidos, senón que tamén se verificará a autoría dos mesmos. A detección de plaxio, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia, na convocatoria extraordinaria.
Ao comezo do curso entregaráselle ao alumnado un documento no que se recollerán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais das prácticas, etc.
As entregas realizaranse na plataforma Moodle da UDC e en formato físico, seguindo as pautas recollidas no documento facilitado ao comezo do curso.
Os traballos valoraranse sobre 10, sendo un 5 a cualificación mínima para poder superar o obradoiro.
Para obter unha cualificación mínima de 5 puntos, o alumnado deberá ter presentado o traballo ou traballos coa documentación mínima esixida ao comezo do curso, así como ter sido supervisado por algún docente da materia.
En caso de non superar o obradoiro, poderá ser recuperado na seguinte oportunidade. A cualificación de NON PRESENTADO non será recuperable.
Aqueles alumnos que non superen a materia, nas dúas oportunidades de cada convocatoria, deberán presentar, en convocatorias consecutivas, de novo e coas oportunas correccións, os traballos ou traballos realizados, ata a súa superación.
CONDICIÓNS PARA TODAS AS OPORTUNIDADES. Na avaliación do alumnado aplicaranse as seguintes condicións simultáneas para poder superalas:
- Completar a asistencia requirida.
- Superar o obradoiro, cunha cualificación mínima de 5 sobre 10.
Nota. A docencia para estudantes de programas de mobilidade ou con validación parcial, poderá adaptarse a condicións pedagóxicas e de programación únicas, así como a traballos específicos tutelados. |
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As indicadas en cada lección. |
Bibliografía complementaria
|
|
As indicadas en cada lección. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Instalacións 1/630G02030 | Instalacións 2/630G02039 | Construción 6/630G02037 | Estruturas 4/630G02034 | Estruturas 5/630G02038 | Proxectos 7/630G02031 | Proxectos 6/630G02026 | Construción 5/630G02033 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e situacións de discriminación por razón de xénero. Proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentaranse valores de respecto e igualdade. |
|