Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
Avaliación continua: ao remate de cada tema levarase a cabo unha proba escrita para comprobar os coñecementos adquiridos. Para superar a materia farase a media entre todas as probas realizadas polo alumno.
O alumnado que non faga a avaliación continua terá dereito a examinarse nas fechas oficiais co 100% da nota.
"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
O alumnado con recoñecemento de dedicacióna tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segúnestablece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DÚASESTUDANTES DE GRAO NA UDC ( Arts. 2.3; 3. b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), terá dereito a presentarse a unha proba obxetiva con posibilidade de obtención do100% nota.