A asistencia polo menos ao 80% das clases e a entrega polo menos do 80% das actividades realizadas na aula otorgan ao alumno o dereito de presentarse ao exame prefinal e de realizar o traballo tutelado e a súa presentación oral.
Para que a cualificación da proba mixta, o traballo tutelado e a presentación oral fagan media co resto das probas da avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas. No caso particular da proba mixta, será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte de Regulamentos como na de Análise de Accidentes para que fagan media.
Os alumnos que non asistan a clase e/ou non entreguen as actividades correspondentes deberán presentarse o exame final para superar a asignatura, en tal caso o exame final será avaliado sobre 100.
O tema Análese de accidentes terá una ponderación do 40% da nota final. E imprescindible a superación de ambas partes para superar a asignatura.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 y A-III/2 do Código STCW e as súas enmendas relacionados con esta materia teranse en conta a hora de deseñar e realizar a evaluación.