Aqueles alumnos que non participen da evaluación continua da materia o longo do curso (asistencia o 80% de clases maxistrais) realizarán unha proba final de carácter global. Para presentarse a esta proba e obrigatoria a entrega dos exercios do portafolio e do traballo tutelado. Esta proba estará composta de catro partes con valoración independente unha proba escrita (10%), un listening (10%), unha proba de simulacion e/ou role playing (45%), a presentación e exposición oral dun traballo tutelado (25%). O portafolios tamén será avaliado cun 10%.
Os criterios de avaliación contemplados no A-II/1 del Código
STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en
conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.