1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación.
2. Exame final: supón un 60% da cualificación.
As actividades de avaliación continua fanse ao longo do curso. A realización do estudo de casos non é posible fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula.
En canto ó traballo tutelado, en todas as presentacións orais e revisións que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
A nota correspondente ó traballo tutelado será a media aritmética da nota correspondente ó contido do traballo e a nota obtida na presentación oral (presentación e resposta ás preguntas da profesora) sempre que o contido alcance o 5. De non ser así, a nota do traballo tutelado será a nota correspondente ó contido.
Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais na primeira e na segunda oportunidade de avaliación.
Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores.
Na segunda oportunidade, o estudiante pode recuperar a avaliación continua resolvendo dous casos prácticos na data do exame oficial. A nota final neste caso sería 0,5*nota media casos prácticos+0,5*nota examen. O estudiante debe informar de que opta por esta opción á profesora con, por lo menos, quince días de antelación.
OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS:
- A asistencia á clase é obligatoria. Esixese unha asistencia mínima do 70% para poder ser avaliada a parte de avaliación continua na primeira oportunidade.
- Na convocatoria adiantada, o 100% da nota corresponde a un exame de respuesta múltiple (70% da nota) e 3 preguntas de resposta amplia (30% da nota).
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar esta circunstancia á profesora ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación (coa particularidade de que o traballo tutelado poderaio facer a título individual). No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio de curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto pola profesora estarán colgadas na plataforma Moodle.
- Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos por email ou Teams.
- A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
- Se non se presenta ó exame un alumno que teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da nota final, a nota final nesa oportunidade será cero.
- Os alumnos deberán acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
- É responsabilidade do alumnado consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.