Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. |
A1 A4
|
B1 B2 B4 B9
|
C1 C2 C7
|
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas e utilizalos para o contraste de hipótese e a predición co obxectivo de fundamentar a toma de decisións. |
A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A11 A12 A21
|
B3 B5 B6 B10 B11
|
C1 C2 C4 C5 C7 C8
|
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. |
A1 A2 A4 A5 A6 A21
|
B7 B8 B12
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Analizar desde un punto de vista crítico os resultados da aplicación das técnicas. |
A1 A2 A5 A6 A8 A9 A11 A21
|
B13 B14
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Econometría e modelos econométricos. |
1.1. Concepto de econometría. Método.
1.2. Modelos econométricos. Elementos e clases. |
2. O modelo de regresión lineal clásico. |
2.1. Hipóteses básicas.
2.2. Estimación dos parámetros.
2.3. Propiedades dos estimadores.
2.4. Bondade do axuste. |
3. Inferencia no modelo clásico. |
3.1. Hipótese de normalidade.
3.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
3.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
3.4. Estimación por intervalo.
|
4. Predición no modelo clásico. |
4.1. A predición. Concepto e clases.
4.2. Predición óptima no modelo clásico.
4.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
4.4. A estabilidade paramétrica no período de predición. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A3 A9 B1 B10 C5 C7 C8 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A2 A8 A9 A11 A12 A21 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B13 C5 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
A3 A6 A8 A9 A11 A12 A21 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
17 |
42.5 |
59.5 |
Proba obxectiva |
A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 |
2 |
6 |
8 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A4 A5 A6 A8 A11 A12 A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
8 |
16 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
6.5 |
0 |
6.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a asignaturas que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación. |
Sesión maxistral |
Aínda que se fomentará a participación activa dos alumnos, cada sesión maxistral consiste na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. A exposición complementase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos. |
Obradoiro |
Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas, que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia, e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Proba obxectiva |
E unha proba para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas para a aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. Neste sentido, as prácticas a través de TIC, os obradoiros e as titorías configúranse como ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A6 A8 A9 A11 A12 A21 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Nestas clases,os alumnos/as deberán resolver e entregar as probas, controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. |
60 |
Proba obxectiva |
A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A) Cualificacións primeira — xaneiro— e segunda oportunidade — xullo—: As actas incluirán a máis alta das seguintes cualificacións: A.1 Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua - máximo 6 puntos - e na proba obxectiva - máximo 4 puntos - A.2 Cualificación obtida na proba obxectiva puntuada sobre 10. En calquera caso, para aprobar a materia o/a alumno/a deberá obter polo menos 5 puntos dun total de 10. B) Oportunidade adiantada: haberá unha única proba á que se asignará o 100% do peso da nota e que se baseará no programa completo descrito na sección "Contidos" da guía deste curso académico. Para aprobar a materia débense obter polo menos 5 puntos (dun total de 10). C) O sistema de avaliación aplicarase como se describe a todos/as os/as estudantes independentemente da súa situación académica. Quen teña recoñecemento de dedicación parcial está exento de asistencia agás nas datas das probas. D) Ningunha proba de avaliación pode substituírse por exercicios ou outras tarefas. E) A nota de non presentada corresponde só aos/as alumnos/as que participan en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20% do total. F) Como é obrigatorio, as probas rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos universitarios de grao e máster (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/ _galeria_down /academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación de dous estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias). G) As sancións derivadas das faltas disciplinarias do alumnado rexeranse polo «Regulamento Disciplinario do Alumnado da Universidade da Coruña» (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/002067/document?logicalId=d9aad75e-3125-4b95-a65b-cf90c5d2702a&documentCsv=841SMNFA1E7VEHC802N69E7U)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CARRASCAL, U., GONZÁLEZ, Y., RODRÍGUEZ, B. (2001). Análisis econométrico con Eviews. Madrid: RA - MA.
GUISÁN, M.C. (1997). Econometría. Madrid: McGraw - Hill.
Rey Graña,C. y Lodeiro Hermida, M. (2021). Econometría para entender. https://fee.carlarey.es/
RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M.; ARRANZ, M. (2012). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. A Coruña: Reprografía Noroeste, S. L. |
|
Bibliografía complementaria
|
GUJARATI, D.; PORTER, D. (2010). Econometría. Méjico: McGraw - Hill. |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos nos que foron aplicadas para resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.usc.economet.Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/650G01002 | Matemáticas I/650G01004 | Estatística I/650G01009 | Matemáticas II/650G01010 | Macroeconomía/650G01015 | Estatística II/650G01018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para cursar esta materia requírense coñecementos previos de teoría económica xeral (micro e macroeconomía), estatística (descritiva e teórica) e matemáticas (álxebra e cálculo). Ademais, dado que para as aplicacións econométricas é imprescindible a utilización de datos, é importante
coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística. Recoméndase aos alumnos revisar os materiais das asignaturas nas que se lles teñan impartido estes contidos antes ou ao inicio do curso. |
|