Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dirección Financeira II Código 650G01025
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Llano Monelos, Pablo de
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
Profesorado
Llano Monelos, Pablo de
Piñeiro Sanchez, Carlos
Correo electrónico
pablo.de.llano@udc.es
carlos.psanchez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio a formación da estructura do pasivo, teoría de cartera, modelos de valoración, interpretación e, os distintos tipos de derivados e a sua valoración.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Afondar na comprensión da lóxica financeira. A1
A2
A3
A5
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A20
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Comprende-la fundamentación do financiamento. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A9
A10
A11
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A20
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C8
Saber explicala estrutura do pasivo e a existencia duna EFO. A1
A2
A5
A6
A8
A10
A11
A13
A14
A15
A19
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C6
C8
Saber desenvolver modelos e aplicar ferramentas informáticas. A1
A2
A3
A5
A6
A10
A13
A14
A15
A18
A20
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C3
C4
C6
C8
Saber formular e defender un proxecto financeiro. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A18
A20
A21
A23
A24
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1 Valoración de empresas.

Valoración de empresas. Obxectivo e especificación do concepto de valor
Valor económico e financeiro
Valoración patrimonial
Valoración baseada en rendas: Gordon-Shapiro
Valoración mixta e indirecta
O problema dos intangibles

2 A estructura de pasivo e o seu coste Estrutura de capital: presentación do problema
O apalancamiento
Tese RN e RE
As teses de M&M
Existe unha EFO óptima?

3 Valoración de activos de capital. Análise de activos de capital: o binomio rendibilidade ? risco
Previsión do rendemento e risco para activos individuais
Teoría de carteira. O modelo de Markowitz
O modelo de Sharpe
A introdución dun título sen risco: CAPM
CML e SML. Análise da eficiencia
Unha visión multidimensional do risco


4 Instrumentos financeiros. Derivados. Especificación. Obxectivos.
Opcións.
Warrants.
Permutas financeiras: swaps de interese.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 16 45 61
Solución de problemas A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C2 C3 C4 C6 C8 16 44 60
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 4 6 10
Seminario A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 4 0 4
Prácticas a través de TIC A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 5 6 11
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas.
Solución de problemas Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado.
Proba mixta Probas puntuables con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc.
Seminario TGR a desenvolver no formato e horarios que se determinen, en función das necesidades do grupo.
Prácticas a través de TIC Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
As titorías desenvolveranse en formato telemático e, de ser síncronas, previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións, nas datas e formato que conveñan considerando as necesidades do grupo e a situación sanitaria, ata sumar un total de 4 horas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, cada unha delas valorada sobre 5 puntos, e que poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda, na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: salvo indicación en contrario, ambas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final. A cualificación calcúlase co mellor resultado de cada proba, entre os obtidos na primeira e a segunda oportunidade.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Formato das probas: as probas de avaliación realizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, sen perxuízo das excepcións previstas nanormativa académica.

No caso de se empregar un formato telemático, aplicaran se as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condiciónssinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, aactividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. Oincumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación neste formato.

Fraude: é de aplicación o previsto no artigo 14 da normativa de avaliaciónda UDC, e no punto b do apartado 4 do artigo 11 Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo coprevisto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba erecibirán una cualificación de cero en ámbalas oportunidades do curso académico, sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias adicionais que poidan ser esixibles.

Instrumentos electrónicos: salvo autorización expresa, non se permite o acceso á aula con dispositivos electrónicos susceptibles de almacenar e/ou transmitir datos, tales como smart watches, móbiles ou calculadoras intelixentes. A presenza en lugares inxustificados entenderase motivo suficiente para a expulsión da proba, coas consecuencias previstas no parágrafo anterior.

Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as posibilidades

técnicas e organizativas o permitan.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidadede acordo coa normativa vixente.


Fontes de información
Bibliografía básica Doldan F.R. (2003). Dirección financiera de la emrpesa. Tórculo, Santiago
Piñeiro, C, de Llano, P (2009). Direción financiera un enfoque centrado en valor y riesgo. Delta, Madrid
de Llano, P., Piñeiro, C. (2010). Elementos fundamentales de dirección financiera. Andavira, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P. (2012). Finanzas Empresariales. Teoría y Modelos con hoja de cálculo.. Andavira, Santiago
Piñeiro, C, de Llano, P (2009). Principios y modelos de dirección financiera. Andavira, Santiago
Piñeiro, C (2003). Técnicas y modelos para la gestión financiera de la empresa. Tórculo, Santiago

Bibliografía complementaria de Llano, P., Piñeiro, C. (2003). Casos prácticos de gestiçon financiera. Tórculo, Santiago
Piñeiro, C., de Llano, P., Álvarez, B. (2006). Dirección financiera modelos de decisión con Excel. Delta, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Ross Westerfield, Jordan (2010). Fundamentos de finanzas corporativas. McGrawHill, Madrid
Dóldan F.R. (2001). Fundamentos de las decisiones financieras empresariales. Tórculo, Santiago
de Llano, P., Piñeiro, C. (2007). Modelos de gestión financiera . McGrawHill, Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dirección Financeira I/650G01019
Aplicacións Informáticas para a Empresa/650G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora e o distanciamento en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia.

Sobre a metodoloxía

A materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais (lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se van programando ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos, prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s) sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o precise.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías