Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión de Recursos Sociosanitarios en Discapacidade e na Dependencia Código 651516009
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Fernandez Cervantes, Ramon
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Martinez Rodriguez, Alicia
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
alicia.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia tiene por objetivo dotar al estudiante de los conocimientos necesarios sobre la gestión de recursos sociosanitarios en el ámbito de la discapacidad y la dependencia, así como la capacidad para evaluar y proponer diseños o modificaciones que reviertan en una mayor eficiencia de los mismos. Se abordarán aspectos como la gestión de recursos y servicios, el trabajo en equipo, el papel del estrés laboral y burnout.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A5 CE5. Ser capaz de utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos na comprensión e investigación da discapacidade e a dependencia?
A14 CERF9. Coñecer e comprender os recursos sociosanitarios dispoñibles para as persoas con discapacidade e dependencia.
A15 CERF10. Ser capaz de deseñar e executar proxectos de investigación que valoren as necesidades, o uso, a eficacia ou eficiencia dos recursos sociosanitarios para as persoas con discapacidade e dependencia.?
B1 CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B6 CG1 Ser capaz de seleccionar e desenvolver as estratexias investigadoras para estudar a problemática relacionada coa discapacidade e a dependencia
B7 CG2 Identificar, avaliar e resolver os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia
B8 CG3 Capacidade para a toma de decisións na resolución de problemas.
B9 CG4 Ser capaz de intervir na problemática derivada da discapacidade e da dependencia
C1 CT1. Ser capaz de relacionarse de forma eficiente con e dentro do equipo multidisciplinar, intradisciplinar e transdisciplinar.
C2 CT2. Coñecer os recursos sociosanitarios e aprender a utilizalos para elaborar programas de intervención no ámbito da discapacidade e a dependencia
C4 CT4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 CT5. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, nun contexto de investigación. BP1
BP1
BP1
BP1
BP1
Ser capaz de xestionar recursos materiais e humanos orientados ao manexo do fenómeno da discapacidade e a dependencia. AI5
AI15
Identificar e avaliar os problemas derivados da presenza de discapacidade e dependencia. AI15
BI2
BI7
BI8
CI1
Adquirir as habilidades para a toma de decisións na resolución de problemas. AI5
AI15
BI1
BI2
BI6
BI8
BI9
Ser capaz de avaliar os resultados derivados do proceso de xestión. AI15
BI7
Coñecer os recursos sociosanitarios para a atención á discapacidade e a dependencia. AI14
BI1
CI4
CI5
Desenvolver as habilidades para desenvolver proxectos de investigación sobre a realidade social das familias con membros con discapacidade e/ou dependentes. AI5
AI14
AI15
BI2
BI6
BI7
BI9
CI1
CI2
Ser capaz de detectar e analizar a realidade social da discapacidade e a dependencia, de xeito tanto cuantitativo coma cualitativo. AI15
BI9
CI2
CI4
CI5
Elaborar e deseñar proxectos de investigación relacionados coa xestión de recursos no ámbito da discapacidade e a dependencia. AI15
BI2
BI6
CI1
CI5

Contidos
Temas Subtemas
Análise e diagnóstico de necesidades sociosanitarias en relación á discapacidade e a dependencia. Análise
Diagnóstico
Metodoloxía de intervención sociosanitaria orientada á discapacidade e a dependencia e baseada na resolución de problemas. Comunicación
Resolución de conflictos
Xestión das accións e do tempo
Aplicación dos principios da práctica baseada na evidencia no ámbito sociosanitario. Principios
Constitución e funcionamento dos equipos multidisciplinares. Situacións de estrés e burnout no ámbito sociosanitario. Constitución e funcionamento de equipos
Burnout

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A14 A15 B1 B9 B1 C2 C4 C5 17.5 0 17.5
Seminario A15 B2 B6 B7 B9 B3 B4 C5 17.5 0 17.5
Proba mixta A5 A14 A15 B2 C2 2 0 2
Estudo de casos A5 A14 A15 B1 B2 B8 B5 9 21 30
Recensión bilbiográfica A14 B1 B7 C1 0 20 20
Traballos tutelados A5 A14 A15 B2 B7 B8 B9 B2 C1 4 53 57
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Recensión bilbiográfica Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración súa en relación coa literatura existente sobre o tema.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais).

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Proba mixta
Descrición
A través dos seminarios, estudo de casos e realización de traballos tutelados, o profesorado proporcionará atención personalizada ao estudantado.
O alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica poderán solicitar titorias específicas para traballar nos contidos do programa. Tamén poderan levar a cabo traballos complementarios que lles permitan compensar a non asistencia a clase adquirindo de esta maneira as competencias da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A14 A15 B2 B7 B8 B9 B2 C1 O estudante deberá elaborar e entregar en tempo e forma os traballos solicitados polo profesor, que poderán ser de elaboración individual ou grupal. 40
Estudo de casos A5 A14 A15 B1 B2 B8 B5 O estudante deberá participar no estudo e resolución dos casos, entregando un informe do mesmo na forma e data indicada polo profesor. 10
Proba mixta A5 A14 A15 B2 C2 Consiste na realización dunha proba que combinará diferentes modalidades de preguntas, dende preguntas abertas de resposta breve a preguntas de resposta múltiple.
30
Recensión bilbiográfica A14 B1 B7 C1 O estudante deberá entregar en tempo e forma resumos, esquemas ou recensións das lecturas facilitadas polo profesor 20
 
Observacións avaliación

O estudantado a tempo completo e a tempo parcial, será avaliado do mesmo xeito tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. Por iso mantéñense as mesmas condicións descritas no apartado de avaliación. Haberá unha proba de avaliación continuada con unha asignación do 50% da nota da materia. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de asistencia, realizarán as mesmas actividades
formativas que o resto, isto é: estudo dos contidos curriculares,
realización de estudo de casos, recensións  bibliográficas e traballos tutelados.

 

A realización de plaxio nas actividades de calquera modalidade de avaliación supoñerá a cualificación de suspenso cunha nota de cero puntos, e a invalidación e perda de calquera cualificación previa, de valor igual ou superior ao aprobado obtida na materia, que puidesen computar na convocatoria extraordinaria. 


Fontes de información
Bibliografía básica Pedro R. Gil-Monte, Bernardo Moreno-Jiménez (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo ("burnout") : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide
Villalobos J (2007). Gestión sanitaria para los profesionales de la salud. Barcelona: McGraw-Hill Interamericana
Samprón D (2010). Hacia nuevos modelos de asistencia y gestión sanitaria : asistencia sociosanitaria y hospitalización a domicilio. Madrid : Edisofer
Campos MI (2005). Relaciones interpersonales, trabajo en equipo. Alcalá: Formación Alcalá
Ballenato G (2005). Trabajo en equipo dinámica y participación en los grupos. Madrid : Pirámide

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías