Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Distinguir e aplicar os diferentes recursos e estratexias para a acción titorial |
AP12 AP16 AP20
|
BP5 BP7 BP9 BP12
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Tranferir o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, aplicando os principios éticos á práctica profesional e persoal |
AP12 AP20
|
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Participar no deseño, implantación, seguemento e avaliación do plan de acción titorial (PAT) do centro, poñendo en práctica as competencias sociais para traballar en equipo e salvaguardar os obstáculos que vaian xurdindo |
AP20
|
BP7 BP9
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Enumerar as funcións do titor en relación ao alumnado, familias e resto do profesorado e analizar o que isto conleva. |
AP23
|
BP5 BP10
|
CP1 CP4 CP7
|
Definir a orientación e a titoria e as súas relacións, así como describir e identificar o modelo institucional galego de orientación. |
AP23
|
BP5 BP9 BP10
|
CP1 CP3 CP7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Titoría e orientación |
Aproximación conceptual e relacións |
O modelo institucional galego de orientación |
Aspectos organizativos e funcionais dos servicios de orientación |
Funcións e actividades titoriais |
* Cos estudantes
* Coas familias
* Cos compañeiros |
Planificación da acción titorial |
O Plan de Acción Titorial (PAT) |
A titoría en situacións específicas |
* No módulo de formación en centros de traballo.
* Nos programas de cualificación profesional inicial.
* Nos programas de diversificación curricular. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A12 B5 B10 B7 B9 C3 C1 C4 C7 |
5 |
3 |
8 |
Sesión maxistral |
A16 A20 B5 B10 B7 B9 C4 |
3 |
0 |
3 |
Aprendizaxe colaborativa |
B7 C3 C1 C4 |
5 |
8 |
13 |
Simulación |
A12 B12 C3 C1 C4 C7 |
3 |
11 |
14 |
Análise de fontes documentais |
A16 A23 B5 |
1 |
8 |
9 |
Proba mixta |
C7 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e
cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno.
O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Simulación |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe.
Exponse ao alumnado ante condicións hipotéticas nas que se pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase polo tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Simulación |
|
Descrición |
Se precisará un seguimento persoal do traballo desenrolado no marco do portafolios xa que será unha peza clave na avaliación final.
Así mesmo, se traballará de xeito directo cos pequenos grupos que se formen para desenvover os traballos propostos.
Como mecanismos de atención personalizada ao alumnado, se empregará preferentemente o Campus Virtual e a plataforma de teleformación Microsoft Teams.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A12 B5 B10 B7 B9 C3 C1 C4 C7 |
No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. |
50 |
Simulación |
A12 B12 C3 C1 C4 C7 |
Consistirá na representación do traballo realizado na aula. |
20 |
Proba mixta |
C7 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
30 |
|
Observacións avaliación |
ALUMNADO ASISTENTE Para que os estudantes podan ser avaliados
segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións
interactivas, do 80%. Portafolios do alumno/a (grupal): Constará de tres partes: 1) Na que se recollerá a actividade
realizada no grupo interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fases
de desenrolo de este), así como unha reflexión grupal das competencias
adquiridas atendendo tamén ao seu desenvolvemento ao escenificalo na aula. 2) A avaliación que fan do seu propio
traballo (unha nota numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáis
compañeiros/as na aula (unha nota numérica que deberán argumentar). 3) A avaliación da asignatura incidindo sobre
todo nos aspectos de mellora. IMPORTANTE: Será necesario obter alomenos
o 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura Na simulación deberán
participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as. ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
(DISPENSA ACADÉMICA) O alumnado que teña recoñecida a dispensa
de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade
de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha
proba similar á do alumnado non asistente. Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. 2.
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non
presentado na materia. 3.
A cualificación será a media
ponderada das notas das actividades e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario
oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre
10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba). ALUMNADO NON ASISTENTE Neste caso a avaliación consistirá nunha
proba de carácter mixto: - Un exame tipo test que terá
un peso na avaliación final do 40% - Unha parte de preguntas de
resposta breve que terá un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada
unha das partes para poder sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura. A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de
avaliación que a primeira oportunidade. Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia. Considerarase
como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,
non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación. Ante a detección de conductas
indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se
establece a:
Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que se
cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Anaya Nieto, D. y Suárez Riveiro, J.M. (2010). Evaluación de la satisfacción del profesorado.. REOP, 21 (2), 283-294
Blanchard Giménez, M. (1997). Plan de acción tutorial en la E.S.O. Narcea
Rodicio García, M.L. (2012). Diseño y evaluación de programas de orientación educativa. Biblioteca Nueva
González-Benito, A. y Vélaz-de-Medrano, C. (Ed.) (2014). La acción tutorial en el sistema escolar.. UNED
Rodicio García, M.L. (2009). La función tutorial y la formación profesional en las instituciones laborales. Biblioteca Nueva
Comellas, M.J (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Praxis
Martín,E. y Mauri, T. (2011). Orientación Educativa. Atención a la diversidad y educación I. . Graó
Martín, E. y Solé, I. (Coords.) (2011). Orientación Educativa. Modelos y estrategias de intervención. Graó
Sobrado, L., Fernández, E. y Rodicio, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva
Grañeras, M. y Parras, A. (2008). Orientación Educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. CIDE
Martín, E. y Onrubia, J.(Coords.) (2011). Orientación educativa: procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Graó
Uruñuela, P.M. (2016). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia.. Madrid. Narcea
Repetto Talavera, E. (2001). Tu futuro Profesional.(Una planificación de la Tutoría para cada etapa educativa de 10-18 años.).. Ed CEPE. Libro del Profesor y Libro dek alumno.
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Wolters Kluwer |
|
Bibliografía complementaria
|
Santana, L. E. e Feliciano, L. A. (2006). La construcción de la acción tutorial desde las coordenadas de la investigación colaborativa. Revista de Educación, 340, 943-971. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- O envío de traballos se realizará mediante plataformas virtuais.
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
- Atenderase á diversidade para facer as adaptacións oportunas a esta
guía tanto si son suxeridas pola ADI como se son consideradas necesarias
por parte das profesoras.
|
|