O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.
Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.
O/a director/a do TFM non poderá formar parte da tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o fixeren posible.
Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado.
En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos membros.
A cualificación poderá ser: a)Non presentado; b)Suspenso: de 1 a 4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a 10
A mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación será motivo de suspenso da materia, según o establecido no
artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser
considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen
prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar
tras o correspondente procedemento".