Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
(CE-G5) Coñecer os procesos de interación e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas. |
A7 |
(CE-G7) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional. |
A9 |
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. |
A10 |
(CE-G10) Relacionar a educación có medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, naa igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A12 |
(CE-G12) Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. |
A26 |
(CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
A30 |
(CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE). |
A34 |
(CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
A37 |
(CE-P6) Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais á educación, aos estudantes e ás familias (OE). |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Distinguir e aplicar os diferentes recursos e estratexias para a acción titorial. |
AP5 AP7 AP9 AP12 AP26 AP30 AP34
|
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Tranferir o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, aplicando os principios éticos á práctica profesional e persoal |
AP26 AP34
|
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Participar no deseño, implantación, seguemento e avaliación do plan de acción titorial (PAT) do centro, poñendo en práctica as competencias sociais para traballar en equipo e salvaguardar os obstáculos que vaian xurdindo |
AP7 AP9 AP34
|
|
CP1 CP3 CP4 CP7
|
Enumerar as funcións do titor en relación ao alumnado, familias e resto do profesorado e analizar o que isto conleva. |
AP5 AP10 AP37
|
|
CP1 CP4 CP7
|
Definir a orientación e a titoria e as súas relacións, así como describir e identificar o modelo institucional galego de orientación. |
AP5 AP9 AP10 AP37
|
|
CP1 CP3 CP7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Titoría e orientación |
Aproximación conceptual e relacións |
O modelo institucional galego de orientación |
Aspectos organizativos e funcionais dos servicios de orientación |
Funcións e actividades titoriais |
* Cos estudantes
* Coas familias
* Cos compañeiros |
Planificación da acción titorial |
O Plan de Acción Titorial (PAT) |
A titoría en situacións específicas |
* No módulo de formación en centros de traballo.
* Nos programas de cualificación profesional inicial.
* Nos programas de diversificación curricular. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 |
5 |
3 |
8 |
Sesión maxistral |
A5 A7 A9 A10 A30 A34 C4 |
3 |
0 |
3 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 C1 C3 C4 |
5 |
8 |
13 |
Simulación |
A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 |
3 |
11 |
14 |
Análise de fontes documentais |
A5 A30 A37 |
1 |
8 |
9 |
Proba mixta |
A7 A10 A30 C7 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e
cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno.
O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Simulación |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe.
Exponse ao alumnado ante condicións hipotéticas nas que se pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase polo tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Simulación |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Se precisará un seguimento persoal do traballo desenrolado no marco do portafolios xa que será unha peza clave na avaliación final.
Así mesmo, se traballará de xeito directo cos pequenos grupos que se formen para desenvover os traballos propostos.
Como mecanismos de atención personalizada ao alumnado, se empregará preferentemente o Campus Virtual e a plataforma de teleformación Microsoft Teams
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Simulación |
A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 |
Consistirá na representación do traballo realizado na aula |
20 |
Proba mixta |
A7 A10 A30 C7 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
30 |
Portafolios do alumno |
A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 |
No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. |
50 |
|
Observacións avaliación |
ALUMNADO ASISTENTE Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a
planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do
80%. Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as
metodoloxías avaliables: Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% da
puntuación otorgada á mesma. No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o
50% da calificación otorgada. No portafolios, a avaliación pode ser diferente
para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación
amosado por cada persoa e a
cumplimentación dos apartados que teñan carácter individual. Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da
calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder
ser avaliados/as. No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a
cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos. ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA
ACADÉMICA) O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola
Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación
continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha proba similar á do
alumnado non asistente. Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. 2.
Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase unha cualificación de non
presentado na materia. 3.
A cualificación será a media
ponderada das notas das actividades e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario
oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre
10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba). ALUMNADO NON ASISTENTE (non asiste como mínimo o 80% das aulas) Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de carácter
mixto: 1)
Un exame tipo test que terá un peso na
avaliación final do 40% 2)
Unha parte de preguntas de resposta breve que terá
un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para poder
sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura. A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos
criterios de avaliación que a primeira oportunidade. Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as
capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é
primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e
puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
condición imprescindible para superar a materia. Considerarase
como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia,
non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. Considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación. Ante a detección de conductas
indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se
establece a: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a
falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante
será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Anaya Nieto, D. y Suárez Riveiro, J.M. (2010). Evaluación de la satisfacción del profesorado.. REOP, 21 (2), 283-294
Blanchard Giménez, M. (1997). Plan de acción tutorial en la E.S.O. Narcea
Rodicio García, M.L. (2012). Diseño y evaluación de programas de orientación educativa. Biblioteca Nueva
González-Benito, A. y Vélaz-de-Medrano, C. (Ed.) (2014). La acción tutorial en el sistema escolar.. UNED
Rodicio García, M.L. (2009). La función tutorial y la formación profesional en las instituciones laborales. Biblioteca Nueva
Comellas, M.J (2002). Las competencias del profesorado para la acción tutorial. Praxis
Martín,E. y Mauri, T. (2011). Orientación Educativa. Atención a la diversidad y educación I. . Graó
Martín, E. y Solé, I. (Coords.) (2011). Orientación Educativa. Modelos y estrategias de intervención. Graó
Sobrado, L., Fernández, E. y Rodicio, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva
Grañeras, M. y Parras, A. (2008). Orientación Educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. CIDE
Martín, E. y Onrubia, J.(Coords.) (2011). Orientación educativa: procesos de innovación y mejora de la enseñanza. Graó
Uruñuela, P.M. (2016). Trabajar la convivencia en los centros educativos. Una mirada al bosque de la convivencia.. Narcea
Repetto Talavera, E. (2001). Tu futuro Profesional.(Una planificación de la Tutoría para cada etapa educativa de 10-18 años.).. Ed CEPE. Libro del Profesor y Libro dek alumno.
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Wolters Kluwer |
|
Bibliografía complementaria
|
Santana, L. E. e Feliciano, L. A. (2006). La construcción de la acción tutorial desde las coordenadas de la investigación colaborativa. Revista de Educación, 340, 943-971. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- O envío de traballos se realizará mediante plataformas virtuais.
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
- Atenderase á diversidade para facer as adaptacións oportunas a esta
guía tanto si son suxeridas pola ADI como se son consideradas necesarias
por parte das profesoras.
|
|