Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Iniciación á investigación educativa Código 652610E02
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Profesorado
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Pérez Crego, María Cristina
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
cristina.pcrego@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso pretendemos que o estudante do mestrado se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. AP19
AP25
AP26
AP28
AP33
CP1
CP5
CP8
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). AP19
AP28
AP33
AP35
CP1
CP3
CP4
CP6
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral e colaborativa. AP19
AP24
AP28
AP33
CP1
CP3
CP4
CP6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A25 A26 A28 C6 C8 4 0 4
Aprendizaxe colaborativa A19 A24 A28 A35 C1 C3 C4 C6 C8 6 18 24
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A24 A28 A35 C1 C3 C4 C6 C8 3 14 17
Presentación oral A28 A33 A35 C1 C3 C5 C8 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A19 A24 A28 A35 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A24 A28 A35 C1 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
Presentación oral A28 A33 A35 C1 C3 C5 C8 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo 15
 
Observacións avaliación

Atendendo ás Normas
de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e
Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as
metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá
acadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado que
durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas
sesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada e
deberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o
establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá
poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non
fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades
propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá
realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na
data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non
presentado.

A convocatoria de
Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se
presentase.


  • No primeiro caso (alumnado
    que non superou a materia na primeira convocatoria), realizará novamente
    as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado na primeira convocatoria) realizará todas as actividades de
    avaliación continua.

En canto á
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante
será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Carvajal Sánchez, J. (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández, C., Hernández, R. y Baptista, P (2006). Metodología en la investigación. México: McGraw Hill

Bibliografía complementaria Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners. Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega de traballos da materia realizarase de forma telemática.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Se seguirán as recomendacións da Oficina de Igualdade de Xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero  (linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as, propiciarase a intervención en clase do alumnado...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías