A asistencia a clase resulta necesaria, dado que os procesos viviranse na propia aula e esixirase a participación activa e crítica do alumnado dentro da mesma.
Na avaliación terase moi en conta o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo da asignatura; así como o grado de innovación e implicación no desenvolvemento do proxecto proposto.
Desta forma, teranse en conta os seguintes ítems:
· Participación na asignatura.
· Investigación e evolución.
· Búsqueda, adaptación, transformación e creación das ferramentas.
· Adecuación á etapa educativa correspondente e do proceso metodolóxico.
· Creatividade como resolución de problemas.
NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:
Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballose/ou proba).