Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A17 |
Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos. |
A1 A2
|
|
|
Comprender as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital. |
A2 A11
|
|
C1 C8
|
Coñecer as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo. |
A4
|
B2
|
C1 C6
|
Identificar e comprender os cambios, desaxustes e conflitos que poden xurdir desde a concepción até a morte do individuo. |
A5 A12 A14 A15
|
B4
|
C4 C7
|
Valorar a importancia da contorna socio-cultural nos procesos de desenvolvemento. |
A2 A5 A9
|
B4
|
C4
|
Acadar inquietudes éticas en relación ás implicacións socioeducativas dos coñecementos adquiridos |
A17
|
B5
|
C4
|
Acadar hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado. |
|
B1 B6
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución á Psicoloxía do desenvolvemento |
Concepto de desenvolvemento
Obxecto da Psicoloxía do desenvolvemento
Ámbitos, etapas e contextos de desenvolvemento
Factores determinantes do desenvolvemento
Evolución histórica da Psicoloxía do desenvolvemento |
Perspectivas teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento |
Modelos e paradigmas na Psicoloxía do desenvolvemento
Principais orientacións teóricas na Psicoloxía do desenvolvemento:
- Teorías psicoanalíticas
- Teorías da aprendizaxe
- Teorías cognitivas
- Teorías sociobiolóxicas
- Teorías contextuais |
O desenvolvemento na infancia |
Desenvolvemento físico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento cognitivo na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento lingüístico na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía
Desenvolvemento socio-emocional na primeira infancia, na nenez temperá e na infancia media e tardía |
O desenvolvemento na adolescencia |
Desenvolvemento físico: adrenarquia e gonadarquia
Desenvolvemento cognitivo: a etapa das operacións formais
Desenvolvemento socio-emocional:
- Autoconcepto e autoestima
- Relacións familiares
- Relacións cos iguais
- Relacións de parella |
O desenvolvemento na etapa adulta |
Cambios físicos na xuventude e na madurez
Desenvolvemento cognitivo na xuventude e na madurez: intelixencia e procesamento da información
Desenvolvemento socio-emocional na xuventude e na madurez: traballo, relacións sociais, relación de parella, fillos. |
O desenvolvemento na vellez |
Cambios físicos na vellez
Desenvolvemento cognitivo: a memoria das persoas maiores
O benestar psicolóxico na vellez |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A4 A14 A15 B1 C4 C6 C7 |
4 |
26 |
30 |
Lecturas |
A1 A2 A17 B5 C4 C6 |
2 |
4 |
6 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A5 A11 A14 B1 C6 |
2 |
18 |
20 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
1 |
14 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
3 |
30 |
33 |
Resumo |
B1 B2 B5 B6 |
1 |
3 |
4 |
Actividades iniciais |
A1 A5 A14 B6 C7 |
1 |
0 |
1 |
Solución de problemas |
A5 A9 A12 A14 B1 C6 |
1 |
1 |
2 |
Simulación |
A12 A14 A17 B4 B5 B6 C4 |
1 |
1 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A5 A14 |
1 |
1 |
2 |
Discusión dirixida |
A1 A4 A5 A12 A14 B1 B4 B5 B6 C1 C7 |
3 |
3 |
6 |
Glosario |
A1 A2 A4 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A5 A17 C6 C7 C8 |
21 |
0 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao longo do curso o alumnado traballará en diversas actividades en pequeno grupo. O obxectivo desta metodoloxía é favorecer a aprendizaxe colaborativa dos estudantes, incidindo na importancia da planificación e a coordinación conxunta. |
Lecturas |
O profesorado proporá algunhas lecturas para a profundización dalgúns dos contidos da materia. |
Análise de fontes documentais |
Afondarase no estudo de diversos contidos relacionados coa materia a través da análise de documentais audiovisuais e textos escritos. |
Portafolios do alumno |
O alumnado deberá ir elaborando un dosier coas actividades propostas ao longo do curso. Este dosier será individual e deberá entregarse para a súa avaliación ao finalizar o cuadrimestre, nunha data a concretar polo profesorado. |
Proba mixta |
O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas consistirá nunha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e de resposta curta (preguntas a respostar en poucas liñas, nunha soa palabra, de completar mediante un exemplo, de unir por flechas, etc.). As preguntas tipo test mal respostadas restan. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
|
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Solución de problemas |
Nalgunhas das actividades a desenvolver nas sesións interactivas, solicitarase ao alumnado que elabore ideas e estratexias para resolver diversos problemas e situacións relacionadas con algún dos contidos estudados. |
Simulación |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Prácticas de laboratorio |
Durante as sesións interactivas, desenvolverase algunha actividade de carácter experimental para analizar os procesos de cambio e maduración cognitiva dos seres humanos. |
Discusión dirixida |
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas o profesorado proporá algunhas situacións controvertidas co obxecto de que o alumnado debata sobre as súas implicacións desde a perspectiva da Educación Social. |
Glosario |
Nalgunhas das actividades propostas durante o curso, pedirase ao alumnado que defina e explique sucintamente algúns dos conceptos chave no estudo do desenvolvemento humano. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse nas sesións expositivas con todo o grupo clase. Nelas, o profesorado presentará e explicará mediante power points os conceptos más importantes en cada un dos contidos contemplados no temario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba mixta |
|
Descrición |
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías. Estas titorías faranse preferentemente de forma presencial (titorías individuais), previa cita por correo electónico. Porén, poderán desenvolverse titorías de forma virtual (correo electrónico, Moodle e Teams). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 B1 B4 B6 C4 C7 |
En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición. |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A5 A14 A17 C4 |
- Nas preguntas tipo test presentaranse varias alternativas de resposta onde só unha delas será a correcta. Penalizaranse aquelas respostas erróneas.
- Nas preguntas de resposta curta valorarase a precisión e a claridade nas respostas. Trátase de amosar que se comprende e se domina o que se pregunta. |
70 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%: a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (30%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%). OPCIÓN B Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC: Terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e a metodoloxía de avaliación. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: Para o alumnado que se acolla á opción A: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta). 2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier). Para todo o alumnado (opcións A e B): 1. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro (1ª oportunidade). 2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 3. Segundo
o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
“A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario”.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2010). Desarrollo humano. . México D. F.: McGraw Hill.
Papalia, D. E., Olds, S. W. y Feldman, R. S. (2009). Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. México D. F.: McGraw Hill.
Giménez-Dasí, M. y Mariscal, S. (2008). Psicología del desarrollo. Desde el nacimiento a la primera infancia.. UNED: McGraw Hill.
Delgado, B. (2008). Psicología del desarrollo. Desde la infancia a la vejez. . UNED: McGraw Hill.
Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. . Madrid: McGraw Hill. |
|
Bibliografía complementaria
|
Freire, C., y Ferradás, M. M. (2016). Calidad de vida y bienestar en la vejez. Madrid: Pirámide
Serulnikov, A., y Suárez, R. (2001). Piaget para principiantes. Buenos Aires, Argentina: Era Naciente SRL |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable,
recoméndase enérxicamente ao alumnado que os traballos documentais que se
realicen nesta materia sexan desenvolvidos en formato dixital. De realizárense
en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
Así mesmo, esta materia abogará pola utilización dunha
linguaxe inclusiva, tanto nas intervencións nas aulas como nos contidos
traballados e actividades desenvolvidas. En coherencia con esta perspectiva,
fomentarase a perspectiva de igualdade de xénero, tanto nas interaccións co
alumnado como nos contidos desenvolvidos na materia. |
|