Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o significado do concepto de avaliación en Educación Social e seleccionar os procedementos metodolóxicos máis apropiados segundo a natureza dos problemas que se deben abordar. |
A6
|
|
C6 C8
|
Deseñar o plan de avaliación dun programa ou dunha institucións socioeducativa, tendo en conta a natureza dos problemas, a información dispoñible, e os recursos humanos e materiais, construindo distintos instrumentos e indicadores de avaliación. |
A6 A19 A21
|
B6
|
|
Redactar un informe científico-técnico sobre a avaliación de programas e institucións de Educación Social. |
A14
|
B1 B2 B6
|
C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Perspectivas actuais da Educación Social, programas e servizos socioeducativos |
- Ámbitos e perfís profesionais da Educación Social.
- A planificación da intervención socioeducativa.
|
Investigación e avaliación de calidade |
- A investigación na acción como metodoloxía.
- O/a educador/a social como investigador/a.
- A avaliación como investigación: a investigación avaliativa.
- A avaliación en Educación Social e calidade. |
Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos |
- Modelo de intervención socioeducativa para a Educación Social.
- Metodoloxía da intervención socioeducativa.
- Modelos de avaliación de proxectos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
C6 C8 |
16.5 |
21 |
37.5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A6 A14 A19 A21 |
16.5 |
21 |
37.5 |
Resumo |
B1 B2 B6 |
6 |
24 |
30 |
Proba mixta |
A6 A19 A21 |
3 |
36 |
39 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada levarase a cabo na aula ou en titorías individuais ou en pequeno grupo, segundo as necesidades presentadas ou demandadas polo alumnado.
A realización dunha titoría ao comezo do curso será obrigatoria para o alumnado non asistente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Resumo |
B1 B2 B6 |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
20 |
Proba mixta |
A6 A19 A21 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
- Preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento, que, no caso da asistencia a aula, o alumnado desenvolverá dentro da metodoloxía de aprendizaxe colaborativa nas aulas interactivas e coas que poderá acadar anticipadamente o 40% da cualificación da materia. De non desenvolvelas na aula, as entregará na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade.
- Preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Realizaranse na data de exame oficial fixado pola Xunta de Facultade e suporá o 40% da cualificación da materia. |
80 |
|
Observacións avaliación |
CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN: A avaliación nesta asignatura concíbese como un proceso reflexivo onde o alumnado toma conciencia de sí mesmo e das súas metas e a docente convértese en guía que orienta de cara a acadar uns obxectivos formativos. Neste sentido, proponse unha avaliación orientada á mellora que comporta o seguinte: - As actividades realizadas para a avaliación serán tamén útiles para a aprendizaxe. - Proponse a proalimentación co fin de que o alumnado saiba coñecer ónde está e mellorar o seu traballo e a súa aprendizaxe. - O alumnado implicarase na avaliación do seu traballo, tendo a autoavaliación un espazo da materia. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN: Na avaliación da materia, a cualificación obterase da aplicación das porcentaxes de ponderación sinaladas. A non realización ou a non obtención da puntuación mínima nalgunha das dimensións desta avaliación, suporá a non obtención da dita porcentaxe da cualificación e a conseguinte non superación da materia. Na segunda convocatoria, conservaranse as cualificacións superadas na primeira, polo que o estudantado só deberá someterse aos procedementos nos que non teña obtido a puntuación mínima esixida (50% en cada caso). En terceira e sucesivas convocatorias, a avaliación deberá repetirse na súa totatlidade. NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Os e as estudiantes non asistentes, deben porse en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia. OUTROS CRITERIOS A TER EN CONTA: - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Gómez-Serra, M. (2005-2006). Educación social y evaluación: evaluar para mejorar y transformar.. Revista de Pedagogía Social, 12-13, 163-179. http://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/65333/1/556
Azara-Fustero, M.P., & Mazo-Ferraz, A. (2012). Estudio de los instrumentos de trabajo que utilizan la educadora y el educador social en la praxis profesional. https://www.ceesaragon.com/wp-content/uploads/2017/05/ESTUDIO-CEES-2012-16enero-2.pdf. Aragón: CEES Aragón.
Castillo-Arredondo, S., & Cabrerizo-Diago, J. (2011). Evaluación de la intervención socioeducativa. Agentes, ámbitos y proyectos.. Madrid: Pearson
Matas-Terrón, A. (2019). Evaluación de programas socioeducativos.. Granada: Comares.
Cohen, E., & Franco, R. (1992). Evaluación de proyectos sociales.. Madrid: Siglo veintiuno editores.
Stufflebeam, D.L., & Shinkfield, A.J. (1987). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica.. Buenos Aires: Paidós.
Perea-Arias, O.D. (2010). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales.. Plataforma de ONG de Acción Social. https://www.plataformaong.org/recursos/195/guia-de-evaluacion-de
De Miguel, M. (2000). La evaluación de programas sociales. Fundamentos y enfoques teóricos.. Revista de Investigación Educativa, 18(2), 289-317. https://revistas.um.es/rie/article/view/121011
Domínguez-Fernández, G., Lozano-Pérez, L., & Esteban-Ibáñez, M. (2007). La evaluación y la mejora de la calidad de los servicios socioeducativos como nuevo yacimiento de empleo de los educadores: evaluación, asesoría y consultoría.. Toledo: V Congreso Estatal de las Educadoras y Educadores Sociales. https://www.eduso.net/wp-content |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Métodos de investigación/652G03019 | Técnicas de recollida e análise da información/652G03026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
|