Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recoñecer os procesos cognitivos, lingüísticos e sociais sobre os que se fundamenta o desenvolvemento da linguaxe |
A2 A3 A32
|
B1 B2 B4 B5 B13
|
C3 C7
|
Identificar os fitos fundamentais do proceso de adquisición da linguaxe en cada un dos niveis de análise lingüística |
A2 A3 A26
|
B1 B3 B5
|
C3 C6
|
Prever os diversos factores internos e externos do contexto de adquisición que inflúen no proceso de desenvolvemento da linguaxe |
A2 A3 A8 A26
|
B1 B2 B3 B4 B13
|
C3 C6
|
Distinguir entre os procesos típicos ou atípicos de adquisición da linguaxe, atendendo á variación tanto individual como da contorna familiar e/ou escolar. |
A2 A3 A8 A26 A32
|
B2 B3 B4 B13
|
C3 C6
|
Seleccionar ferramentas de avaliación axeitadas para a avaliación do desenvolvemento da linguaxe |
A8 A26 A28 A32
|
B1 B2 B3 B4 B13
|
C3 C6
|
Analizar mostras de fala de acordo aos niveis lingüísticos fundamentais no desenvolvemento temperán da linguaxe e as adquisicións lingüísticas posteriores. |
A3 A8 A26 A28
|
B2 B3 B4 B24
|
C3 C6 C7
|
Exemplificar aspectos típicos ou atípicos no desenvolvemento da linguaxe a partir das mostras analizadas. |
A18 A26 A28
|
B2 B3 B4 B5 B24
|
C6 C7
|
Expor de forma argumentada o traballo (grupal) realizado. |
A28 A32
|
B1 B2 B4 B13 B24
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O concepto de linguaxe e outros conceptos básicos |
1.1. O concepto de desenvolvemento, a súa natureza e determinantes.
1.2. A comunicación humana. A linguaxe, as linguas e a fala: modalidades
1.3. Adquisición vs. aprendizaxe. Procesos evolutivos no desenvolvemento infantil.
|
2. A linguaxe como capacidade cognitiva |
2.1. As relacións entre linguaxe e pensamento: Teorías, escolas e modelos.
2.2. Privación lingüística e semilingüísmo. O desenvolvemento da linguaxe en situacións de privación sensorial: xordeira e cegueira
2.3. O desenvolvemento da linguaxe en contextos multilingües (L1, L2 e LE)
|
3. Primeiras adquisicións da linguaxe |
3.1. Bases sociais, cognitivas e lingüísticas: as primeiras manifestacións comunicativas. O desenvolvemento multimodal.
3.2. O desenvolvemento fonolóxico
3.3. O desenvolvemento léxico e semántico
3.4. O desenvolvemento da morfoloxía e a sintaxe
|
4. Adquisicións posteriores da linguaxe |
4.1. O desenvolvemento da pragmática.
4.2. A desenvolvemento do discurso.
4.3. As relacións entre linguaxe oral e escrita: características diferenciais e procesos básicos na aprendizaxe da lectura e escritura.
|
5. A avaliación do desenvolvemento da linguaxe |
5.1. Dimensións, tipos de avaliación e probas.
5.2. Recursos e estratexias para a avaliación profesional
5.3. Orientacións para a (auto)avaliación na familia e na escola. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 |
2 |
14 |
16 |
Análise de fontes documentais |
A2 A3 A8 A18 B1 B2 B3 C3 C6 |
15 |
30 |
45 |
Estudo de casos |
A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 |
10 |
30 |
40 |
Traballos tutelados |
A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 |
10 |
20 |
30 |
Portafolios do alumno |
B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 |
2 |
14 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
A avaliación dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas e interactivas farase a través dunha ou varias probas que combinan diferentes tipos de preguntas para valorar os coñecementos adquiridos polo alumnado.
|
Análise de fontes documentais |
As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente na/s proba/s mixta/s. |
Estudo de casos |
Nas sesións interactivas presentaránse mostras reais da linguaxe infantil que serán obxecto de análise a través do traballo colaborativo en pequenos grupos. Deste xeito situaráse ao alumnado ante situacións concretas de avaliación e intervención logopédica. |
Traballos tutelados |
A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado. |
Portafolios do alumno |
De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán todas as tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Análise de fontes documentais |
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a análise das fontes documentais, a realización dos estudos de casos e dos traballos tutelados é importante consultar có profesorado os avances que se vaian realizando progresivamente para dispoñer das orientacións necesarias en cada caso e asegurar a súa adecuación aos obxectivos de aprendizaxe propostos.
A elaboración do portafolio pretende facilitar a autoavaliación por parte do alumnado e a avaliación formativa por parte do profesorado polo que tamén é aconsellable a atención personalizada.
En todos os casos o seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través do correo electrónico e en titorías tanto presenciais como non presenciais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
B2 B4 B5 B24 C3 C6 C7 |
O cartafol servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. Deberá presentarse ao remate da mesma, debidamente estructurado de acordo as indicacións efectuadas para a súa realización. Para facilitar a autoavaliación, o alumnado seleccionará e incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais do traballo realizado nas sesións expositivas e interactivas. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou cualificacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. A súa entrega en prazo e forma oportunas suporá un 10% da cualificación total da materia. |
10 |
Proba mixta |
A2 A3 A8 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B13 C3 |
Realizaranse varias probas de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. Cada proba consistirá na resolución de cuestións de diferentes tipos, p.ex. de relacionar, de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). En total, todas as probas terán un peso do 40% da nota final.
A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia.
|
50 |
Estudo de casos |
A3 A18 A26 A28 A32 B2 B3 B24 C6 |
A análise e resolución dos casos prácticos presentados nas sesións interactivas será o 25% da cualificación final da materia. |
25 |
Traballos tutelados |
A2 A8 A26 B1 B2 B3 B24 C3 C6 |
As tarefas e actividades propostas tanto nas sesións expositivas como interactivas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada estudante na consecución dos contidos programados, tanto teóricos como prácticos. Terán un peso do 15% na cualificación total da materia. |
15 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%) a) Traballo en grupo (máx.50%): Elaboración e presentación dos estudos de casos (25%) e traballos tutelados (15%), así como a elaboración e presentación dun portafolio (10%). b) Traballo individual (máx. 50%): Realización das probas escritas sobre os contidos da materia (40%) nas que se evidencie o análise realizado das fontes documentais (10%). OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) - Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (proba/s mixta, análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio). ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas. É necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: proba/s mixta/s (deben superarse cada unha das probas ou partes que a compoñen),estudos de casos (igualmente, deben aprobarse cada un dos estudos propostos), traballos tutelados (tamén deben superarse cada un dos traballos realizados) e portafolio (cualificación mín.5%). 2. Antes do remate do período de actividades lectivas presentaranse todas as tarefas e actividades realizadas tanto nas sesións expositivas como interactivas: é condición indispensable para presentarse a proba oficial tanto na primeira como na segunda oportunidade. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación das mesmas do 50%, cómo máximo, de acordo ás porcentaxes de ponderación especificadas para cada unha de elas. 3. O portafolio será presentado a máis tardar na data establecida para a proba oficial. A non presentación en prazo e forma oportunas implicará unha cualificación do 50%, cómo máximo, da porcentaxe de ponderación establecida. 4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria da primeira oportunidade (maio/xuño). 5. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou b) non se presente á/s proba/s do período oficial de avaliación. 6. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das tarefas, actividades ou calquera tipo de proba de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4) Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento" 7. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". 8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Clemente Linuesa, María (1990). Actividades para el desarrollo del lenguaje. Universidad de Salamanca. Ediciones Universidad Salamanca
Peraita, Herminia (1988). Adquisición del lenguaje. . Madrid: UNED
Vila, Ignasi (1990). Adquisición y desarrollo del lenguaje. Editorial Graó
Vallverdú Corona, Marta (2007). Adquisición y desarrollo del lenguaje en la etapa de educación infantil. Tutorial Formación, S.L.L.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2013). Cuestiones clave de la Lingüística. Madrid: Síntesis
Owens, Robert (2003). Desarrollo del lenguaje. Pearson Alhambra
Ariza Sierra, María del Pilar y Rodríguez Pardo, Juan Luis ; coord (2008). Desarrollo del lenguaje en la etapa de educación infantil, algunas actividades para promover su desarrollo y experiencias para necesidades específicas de apoyo educativo (NEAE). Castilla Ruiz, Guillermo
Andalucía. Consejería de Educación y Ciencia (1994). Desarrollo del lenguaje oral : ejercicios prácticos para mejorar.... Andalucía. Consejería de Educación y Ciencia
Aparici Aznar, Melina y Igualada, Alfonso (eds.) (2018). El desarrollo del lenguaje y la comunicación en la infancia. Barcelona: Editorial UOC
Karmiloff, K. y Karmiloff- Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje. Madrid: Morata
Garton, Alison F. (2001). Interacción social y desarrollo del lenguaje y la cognición. Ediciones Paidós Ibérica, S.A.
Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje.. Barcelona: Ariel
Escandell Vidal, M. Vitoria. (2014). La comunicación : lengua, cognición y sociedad . Madrid: AKal
Crystal, David (1983). Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra
López García, Angel (1988). Psicolingüística. Madrid: Síntesis
Moreno Ríos, Sergio (2005). Psicología del desarrollo cognitivo y adquisición del lenguaje. Editorial Biblioteca Nueva, S.L.
Moreno Manso, Juan Manuel ; ed (2004). Retrasos en la adquisición y desarrollo del lenguaje : estudio de casos. Instituto de Orientación Psicológica Asociados, S.L. |
Referencias fundamentais: Bruner, J. (1984) Acción, pensamiento y lenguaje. Madrid: Alianza. Bruner, J. (1986) El habla del niño. Aprendiendo a usar el lenguaje. Barcelona: Paidós. Bruner, J. y Watson, R.(1995). El habla del niño : a prendiendo a usar el lenguaje . Barcelona: Paidós Chomsky, N., Mukherji, N., Patnaik, B. y Agnihotri, R. (2000). The architecture of language. New Delhi: Oxford University Press. Jakobson, R. y Hall, M. (1973) Fundamentos del lenguaje. Madrid: Ayuso Langacker, R. (1978-1991). Foundations of Cognitive Grammar I, II. Standford: The University Press. Luria, A. R. y Yudovich, F. (1978) Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Madrid: Siglo XXI. Piaget, J. (1923). Le langage et la pensée chez l´enfant. Paris. Sperber, D y Wilson, D. (1986, trad. Esp. 1994). La Relevancia. Comunicación y procesos cognitivos. Madrid: Visor. Vygotsky, L. (1963). Thougt and Language. Cambridge: The MIT Press. |
Bibliografía complementaria
|
Tomasello, Michael and Bates, Elisabeth (2001). Language development the essential readings . Massachusetts : Blackwell
Muñoz Silva, Alicia; Alonso Martín, Pilar y Angulo García, Juan (2004). Adquisición, desarrollo y trastornos del lenguaje infantil. Universidad de Huelva. Servicio de Publicaciones
Garton, Alison y Pratt, Chris (1991). Aprendizaje y proceso de alfabetización : el desarrollo del lenguaje hablado y escrito. Ediciones Paidós Ibérica, S.A.
Moreno Zazo, Montserrat (1988). Desarrollo del lenguaje en bilingües familiares : mezcla de código.... Universidad de Barcelona. Publicaciones y Ediciones = Universitat de Barcelona. Publicacions i Edici
Egea Díaz, Elena; Villaverde Polo, Rosa Ana y Sáez Domínguez, Noelia (2007). Desarrollo del lenguaje en el niño sordo. Tutorial Formación, S.L.L.
Marchesi, A. ... [et al.] (1995). Desarrollo del lenguaje y el juego simbólico en los niños sordos profundos. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte . Subdirección General de Información y Publicaci
Pinker, Steven (1995). El instinto del lenguaje. Cómo crea el lenguaje la mente. Madrid: Alianza
Tomasello, Michael (2013). Los orígenes de la comunicación humana. Madrid: Katz
López García, Angel (2000). Psicolingüística. En F. Ramallo, G. Rei Doval y XP Rodríguez Yañez (eds.): Manual de Ciencias da Linguaxe . Vigo: Xerais |
Outras referencias de interese:
Belichón, M., Rivière, A. e Igoa, J.M. (1992) Psicología del lenguaje. Investigación y teoría. Valladolid: Trotta S.A. Bronckart, J.P. (1980) Teorías del lenguaje. Barcelona: Herder. Brown, R. (1981) Psicolingüística: algunos aspectos acerca de la adquisición del lenguaje. México: Trillas. Bush, W. y Taylor, M. (1984) Cómo desarrollar las aptitudes psico-lingüísticas. Ejercicios prácticos. Barcelona: Martínez Roca. Clemente, R.A. (1995) Desarrollo del lenguaje. Barcelona: Octaedro. Clemente Linuesa, M. (1989): Actividades para el desarrollo del lenguaje. ICE: Salamanca. Galeote, M.A. (2002). Adquisición del lenguaje: problemas, investigación y perspectivas. Madrid: Pirámide. Garcia Madruga, J. y Lacasa, P. (1990) Psicología evolutiva 1. Caps. 14 y 15. Madrid:U.N.E.D. González, A., Fuentes, J., de la Morena, L. y Barajas, C. (1995) Psicología del desarrollo: Teoria y prácticas. Málaga: Aljibe. Hoffman, L.; Paris, S. y Hall, E. (1995). Psicología del desarrollo hoy. Madrid: McGraw-Hill. Herriot, P. (1977) Introducción a la psicología del lenguaje. Barcelona: Labor. Luke, A. y Vila, I. (1990) Desarrollo del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (comps.) Desarrollo psicológico y educación 1. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza. Miller, G.A. (1985) Lenguaje y habla. Madrid: Alianza Psicología. Nelson, K. (1985) El descubrimiento del sentido. Madrid: Alianza. Oléron, P. (1981) El niño y la adquisición del lenguaje. Madrid: Morata. Rondal, J.A. (1990) La interacción adulto-niño y la construcción del lenguaje. México: Trillas. Rondal, J.A. (1999). El desarrollo del lenguaje.Barcelona: ISEP Universidad. Ruiz, M. (2000). Cómo analizar la expresión oral de los niños y niñas. Málaga: Aljibe. Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. y Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Barcelona: Ariel Siguán, M. (1979) Lenguaje y clase social. Madrid: Pablo del Rio Editor. Siguán, M. (1984) Estudios sobre psicología del lenguaje infantil. Madrid: Pirámide. Silvestre, N. y Solé, R. (1993) Psicología Evolutiva. Infancia y preadolescencia. Caps. 5, 9, 13 y 14. Barcelona: CEAC. Slobin, D. (1979) Siete preguntas acerca del desarrollo del lenguaje. En J. Delval (comp.): Lecturas de Psicología del niño 2. El desarrollo cognitivo y afectivo del niño y del adolescente. Madrid: Alianza. Soto, P. (1984) El desarrollo del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y M. Carretero (comps.): Psicología Evolutiva 2. Desarrollo cognitivo y social del niño. Madrid: Alianza. Triadó, C. y Forns, M. (1989). La evaluación del lenguaje: Una aproximación evolutiva. Barcelona: Anthropos. Valle, F., Cuetos, F., Igoa, J. y del Viso, S. (1990) Lecturas de Psicolingüística 1. Comprensión y producción del lenguaje. Madrid: Alianza Psicología. Peralbo, M.; Gómez- Durán, B.J.; Santórum, R. y García, M. (Coord.) (1998). Desarrollo del lenguaje y cognición.Madrid: Pirámide. Tomasello, M. (2003). Constructing a language: a usage-based theory of language acquisition. Cambridge (Mas.): Harvard University Press. Vasta, R.; Haith, M.M. y Miller, S.A. (1996). Psicología infantil. Barcelona: Ariel. Vieiro, P.; Peralbo, M. y García Madruga, J.A. (1997). Procesos de adquisición y producción de la lecto-escritura. Madrid: Aprendizaje-Visor. Vila, I. (1984) Del gesto a la palabra: una explicación funcional. En J.Palacios, A. Marchesi y M. Carretero (comps.): Psicología Evolutiva 2. Desarrollo cognitivo y social del niño. Madrid: Alianza. Vila, I. (1990) Adquisición del lenguaje. En J. Palacios, A. Marchesi y C. Coll (comps.) Desarrollo psicológico y educación I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza. Villiers, A. de y Villier, J. de (1980) Primer lenguaje. Madrid: Morata. Ward, S. (2001). Babytalk: el libro pionero y decisivo para ayudar a los niños en el lenguaje y la comunicación. Madrid: Debate. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingüística/652G04004 | Psicolingüística/652G04003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Bases didácticas da intervención logopédica/652G04008 | Fundamentos de avaliación e diagnóstico/652G04010 |
|
Materias que continúan o temario |
Intervención logopédica nos trastornos da linguaxe/652G04034 | Lingüística clínica/652G04042 |
|
Observacións |
Os contidos e actividades serán accesibles para todo o alumnado. No caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE facilitarase a adquisición das competencias da materia dun xeito inclusivo, de acordo as recomendacións e axustes razoables propostos pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI). |
|