Para
superar a materia é condición necesaria aprobar a Proba Obxectiva (exame), polo
que os traballos non puntuarán ata que o exame estea aprobado (polo menos un 5
sobre 10).
Ademais
destes 5 aspectos (presentación oral, recensión bibliográfica, traballos tutelados,
proba obxectiva e resumo), tamén poderá influír na puntuación o grao de
implicación do alumno na materia (asistencia, participación, interese, destrezas
adquiridas etc.) podendo variar ata 0.15 puntos na nota final para aqueles que,
superando o Exame Oficial, están próximos ao momento de corte de cada
cualificación.
A
asistencia ás clases é primordial para comprender a materia, máis aínda ás
clases interactivas cuxo contido tamén é materia de exame.
ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:
1. Aplicaranse os mesmos criterios
avaliadores á 2ª convocatoria que á 1ª convocatoria.
2. Os traballos serán entregados na mesma
data por parte de todo o alumnado, caso de non entrega, non puntúan.
3. A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, implicará directamente a cualificación de suspenso
con nota numérica 0 (seguindo o artigo 11, apartado 4b do Regulamento
disciplinar do estudantado da UDC)
4. O alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, será
avaliado cos mesmos criterios que o resto do alumnado tendo que levar a cabo os
mesmos traballos e, aqueles que sexan en grupo, deberán integrarse co resto do
alumnado para a súa realización.