Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A20 |
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. |
A23 |
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B1 |
Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade da información e na educación en particular, como recurso para o desenvolvemento das capacidades lingüísticas e o acceso a aprendizaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23
|
C6 C8
|
Atender á diversidade na selección, produción e aplicación dos recursos tecnolóxicos para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C6 C8
|
Coñecer diferentes ferramentas de software para a produción de materiais multimedia como recursos na prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Seleccionar e avaliar recursos TIC educativos para a prevención e intervención dos diferentes trastornos da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento das habilidades lingüísticas. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Adaptar os recursos tecnolóxicos atendendo as características individuais na intervención dos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Deseñar e producir recursos multimedia para a intervención nos procesos de adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Coñecer ferramentas de traballo colaborativo para a produción de recursos educativos multimedia e proxectos que permitan favorecer a adquisición e desenvolvemento da linguaxe. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C3 C6 C8
|
Desenvolver dinámicas de traballo colaborativo a través da rede no deseño e produción de materiais educativos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe con tecnoloxías da información e a comunicación. |
A20 A23 A32
|
B1 B13 B23 B24
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: Novas tecnoloxías e atención á diversidade.
|
1. Novas tecnoloxías e sociedade da información.
2. Enfoques educativos no uso das TIC.
3. Novas tecnoloxías e accesibilidade.
4. Atención á diversidade con medios tecnolóxico-didácticos. |
MÓDULO II: Creación de contidos e elaboración de recursos multimedia para a avaliación e intervención logopédica.
|
1. Selección e avaliación de recursos multimedia para a intervención logopédica.
2. Programas de software libre, gratuíto e comercial para a elaboración de recursos multimedia.
3. Creación de contidos multimedia para a atención á diversidade e o tratamento das dificultade e alteracións da linguaxe. |
MÓDULO III: Recursos e ferramentas na rede para a intervención logopédica. |
1. Recursos e redes sociais para compartir produtos multimedia para a avaliación e intervención nos procesos de adquisición da linguaxe.
2. Ferramentas para a xestión, creación e publicación de contidos.
3. Cooperación e colaboración na rede entre profesionais da logopedia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A20 A23 A32 B13 |
6 |
12 |
18 |
Discusión dirixida |
A20 A23 A32 B1 C6 C8 |
1 |
6 |
7 |
Prácticas a través de TIC |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 C4 |
21.5 |
48 |
69.5 |
Proba oral |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C1 C3 C4 |
1 |
15 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
|
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas. |
Prácticas a través de TIC |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. |
Proba oral |
A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada grupo. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.
---------------------------------------------------
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou con dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)".
1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de “Metodoloxías” e “Atención personalizada” descrita para as “Prácticas a través de TIC”, ben a través dos grupos de traballo que se conformen na materia ou ben segundo as indicacións do profesorado. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C1 C3 C4 |
Esta proba centrarase na presentación oral dos traballos desenvolvidos en torno aos traballos realizados nas prácticas TIC. Valorarase:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
|
25 |
Prácticas a través de TIC |
A20 A23 A32 B1 B13 B23 B24 C3 C4 |
En relación ás Prácticas TIC valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A organización e presentación.
|
75 |
|
Observacións avaliación |
1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) en grupo (75%). b) Presentación oral das prácticas de grupo (25%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). O alumnado que non asista ao 80% das clases será avaliado polos seguintes criterios: a) Elaboración dos traballos (Prácticas TIC) individuais ou en pequeno grupo (75%). b) Presentación oral das prácticas de grupo (25%). Deberá comunicar ao profesorado a súa situación ao inicio de curso e cumprir coas titorías acordadas. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Prácticas TIC e Proba oral). Entregar e expoñer as prácticas na data que se indique. A convocatoria de xullo e extraordinaria estarán sometidas aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.
* Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, no caso de plaxio: O alumnado terá a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Alcantud Marín, Francisco y Soto Pérez, Francisco Javier (coords.) (2003). Tecnologías de ayuda en personas con trastornos de
comunicación. Valencia. Nau Llibres. Area Moreira, Manuel (2004). Los medios
y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide. Chacón Medina, Antonio (2007). La
atención a la diversidad con medios tecnológico-didácticos. En Nuevas José Antonio Ortega Carrillo y Antonio Chacón Medina (coord.).Tecnologías
para la educación en la era digital, 261-278. Pirámide. Gràcia, Marta; Jarque, María J.; Riba, Carles; Vega, Fátima (2020) Uso de una herramienta digital como recurso de desarrollo profesional para mejorar la competencia comunicativa oral de alumnos de educación infantil y primaria, en Revista de Investigación en Logopedia10(2), 137-149. Iza Mikeleiz, Mauricio (2002). Recursos
tecnológicos en logopedia. Archidona: Ediciones Aljibe. Moreno Campos, Verónica (2021). Evolución de la competencia comunicativa mediante intervención pragmática en retraso del lenguaje: estudio de caso. Revista de Investigación en Logopedia 11(2), e70831. https://dx.doi.org/10.5209/rlog.70831 Nova Escola Galega (2007).
Competencia dixital e ferramantas TIC. Revista Galega de Eduacación, nº 38. Pérez Rodríguez, Lismay e del Fresno Justo, Dailin (2020). El uso de las TIC en la orientación familiar para el desarrollo del componente fonético-fonológico del lenguaje. EduTicInnova. Revista de Educación Virtual, (8), 34-47. Revista de Investigación en Logopedia: https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=17975 Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología: https://www.elsevier.es/es-revista-revista-logopedia-foniatria-audiologia-309 Sánchez Montoya, Rafael (2002).
Ordenador y discapacidad. Guía práctica de apoyo a las personas con
necesidades educativas especiales. Madrid. CEPE. Toledo Morales, Purificación (2002 ).
Accesibilidad en la red. Diseños de web para todos. Archidona. Ediciones
Aljibe. Toledo Morales, Purificación (2001).
Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum. |
Bibliografía complementaria
|
|
http://www.logopediadigital.org/ http://www.logopediadigital.org/revista/ http://www.espaciologopedico.com/ http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/02_00.htm http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/
http://www.discapnet.es/Discapnet/CAstellano/default.htm http://www.sidar.org http://personal2.redestb.es/jamosa/lengua.htm http://www.parasordos.com http://www.ucv.ve/tartamudez.htm http://blog.educastur.es/ticynee/category/logopedia/ http://www.uv.es/bellochc/pdf/pwlogo1.pdf http://eduteka.icesi.edu.co/gp/upload/NRTLogo1.pdf |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Asistir ás sesións presenciais.
- Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso.
- Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
- Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas.
- Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
- Preparar de forma adecuada as presentacións orais.
- Realizar algún curso de manexo de ferramentas informáticas se é preciso.
Débese facer un uso sostible dos recursos e ter en conta a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Coa intención de promover o compromiso e a responsabilidade na xestión e o uso dos recursos, o alumnado deberá ter en conta procedementos de boas prácticas a nivel ambiental, tales como a entrega dos traballos de xeito telemático a través de plataformas virtuais (fundamentalmente empregaremos moodle e Teams). Igualmente, débese empregar unha linguaxe inclusiva. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|