Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Iniciar a expresión, comprensión e interacción na variedade estándar da lingua de signos en Galicia. |
|
|
C2
|
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade lingüística e cultural |
|
B3
|
|
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, que lle permita asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
B2 B4
|
C7
|
Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos, educativos e metodolóxicos da Logopedia. |
A2 A3 A4 A5
|
|
|
Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe. |
A23
|
|
|
Coñecer a actuación profesional e os entornos onde se desenvolve a práctica, para adquirir os recursos personais para a intervención en cada caso. |
A30 A31
|
|
|
Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica, concretamente para realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento, nos trastornos da comunicación ou nos asociados a déficits auditivos ou visuais. |
A6 A7 A10 A26
|
|
|
Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica: coñecer como intervenir nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe ou da comunicación asociados a déficits auditivos ou visuais. |
A14 A17 A28
|
|
|
Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación. Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador. |
A20 A29
|
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
A32
|
B13
|
C3
|
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Traballar en equipo |
|
B12 B14 B23 B24
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Aspectos sociolingüísticos das linguas de signos: a lingua de signos española (LSE) |
1.1. Linguas naturais
1.2. Linguas minoritarias e minorizadas
1.3. Linguas ágrafas
1.4. As comunidades de signantes: a comunidade xorda e xordocega
1.5. A normalización lingüística da LSE: a Ley 27/2007. |
2. Aspectos gramaticais das linguas de signos: particularidades da LSE |
2.1. A fonoloxía: parámetros formativos
2.2. O uso do espacio sígnico
2.3. Compoñentes non manuais (CNM)
2.4. Os clasificadores e a cuantificación
2.5. A orde de constituíntes
|
3. A expresión en LSE |
3.1. Presentámonos: dar información persoal e familiar
3.2. As miñas rutinas: empregar léxico cotiá en LSE para expresar accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os meus gustos e preferencias: formular peticións e desexos relacionados có ámbito de actuación |
4. A comprensión en LSE |
3.1. Presentámonos: comprender información persoal e familiar
3.2. As nosas rutinas: recoñecer léxico cotiá en LSE para comprender accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os nosos gustos e preferencias: responder axeitadamente a peticións e desexos relacionados có ámbito de actuación |
5. A interacción en LSE |
3.1. Presentámonos: dialogar sobre información persoal e familiar
3.2. As nosas rutinas: conversar sobre accións habituais do eido universitario e profesional
3.3. Os nosos gustos e preferencias: intercambiar información persoal e profesional relacionada có ámbito de actuación |
6. As linguas de signos no ensino da poboación infantil con xordeira |
6.1. Privación lingüística, semilingüismo e xordeira
6.2. Beneficios da adquisición temperá como L1/L2
6.3. Linguas de signos e prótesis auditivas
6.4. Linguas de signos e sistemas alternativos/complementarios a comunicación (SAAC)
6.5. Sistemas de escritura das LS: signoescritura e SEA (LSE) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
B12 B14 B23 B24 C2 |
12 |
18 |
30 |
Prácticas a través de TIC |
A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 |
12 |
24 |
36 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A2 A3 A6 A23 A30 C7 |
2 |
3 |
5 |
Portafolios do alumno |
A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 |
0 |
15 |
15 |
Análise de fontes documentais |
A2 A3 A4 A5 A6 A7 A10 A14 A17 A20 A23 A30 C3 |
6 |
18 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
O ensino e aprendizaxe da LSE desenvolverase nas sesións interactivas a partir do traballo en grupo e da interacción en LSE tanto cos compañeiros como coa docente responsable da materia. Proporánse diferentes tarefas e actividades desde un enfoque principalmente comunicativo (contextos de uso, dramatizacións, diálogos, xogos de rol, etc.) para poñer en práctica os contidos funcionais programados: dar ou pedir información persoal ou profesional, expresar estados de ánimos e preferencias. |
Prácticas a través de TIC |
A través das TIC realizaránse diferentes tarefas e actividades para facilitar o ensino, aprendizaxe e avaliación dos contidos programados, tanto a nivel teórico como práctico: cuestionarios, vídeos e xogos interactivos. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Na medida do posible, facilitarase a participación do alumnado en eventos científicos ou divulgativos sobre este eido de coñecemento. De non ser posible a asistencia, ben en persoa ou de xeito virtual, facilitarase o acceso as grabacións dispoñibles de eventos similares organizados desde outras institucións académicas. |
Portafolios do alumno |
A elaboración dunha carpeta ou dossier individualizado debidamente organizado e estructurado facilta a reflexión sobre o proceso formativo, ademáis de servir como rexistro dos contidos traballados. A través do seu portafolio o alumnado realizará unha autoavaliación do proceso formativo polo que incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais das tarefas e actividades realizadas: prácticas, lecturas, revisións, etc. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou avaliacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros. |
Análise de fontes documentais |
As sesións expositivas desenvolveranse a partir da análise tanto de lecturas como de fontes documentais que complementan os contidos tratados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Prácticas a través de TIC |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada estará directamente relacionada có ritmo de aprendizaxe de cada aprendiz con respecto o grupo-clase.
A expresión, comprensión e interacción nas linguas de sinais realízanse por medio dunha canle visoxestual polo que require dunhas habilidades comunicativas e lingüïsticas que precisan ser consideradas: destrezas manuais, memoria espacial e visual, expresión facial e corporal, etc.
Por iso, a atención personalizada dependerá fundamentalmente da autoavaliación que debe realizar cada aprendiz a partir das tarefas, actividades e recursos propostos para o ensino, aprendizaxe a avaliación da LSE.
A atención personalizada ás necesidades específicas de aprendizaxe de cada estudiante desenvolverase preferentemente nas sesions de titoría. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 |
As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada aprendiz na consecución tanto dos contidos teóricos como prácticos programados. Concretamente, no que respecta aos contidos traballados nas sesións interactivas, o alumnado debe realizar prácticas diferenciadas de acordo ás tres destrezas traballadas: expresión, comprensión e interacción. As destrezas de expresión e comprensión serán avaliadas cun 20%, respectivamente, e a de interación cun 15%. A entrega en prazo e forma oportunas de todas as prácticas suporá un 5% da cualificación total da materia. |
60 |
Portafolios do alumno |
A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 |
A carpeta ou dossier individualizado do alumnado servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. De acordo as indicacións efectuadas na rúbrica de avaliación que será entregada ao inicio da materia, o portafolio que realizará cada aprendiz facilitará a avaliación continua do proceso de ensino e aprendizaxe, é dicir, que permitirá tanto a autoavaliación por parte do alumnado como a avaliación formativa por parte do profesorado. O feito de ter que presentar o portafolio ao remate da materia non implica, polo tanto, que a sua finalidade se limite a avaliación sumativa ou final (mín.35%). |
25 |
Análise de fontes documentais |
A2 A3 A4 A5 A6 A7 A10 A14 A17 A20 A23 A30 C3 |
A revisión e análise das lecturas e fontes documentais propostas como introdución ou complemento ás sesións expositivas avaliaranse a través das reflexións e evidencias presentadas no portafolio do alumnado. De ser o caso, a entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 5% da cualificación total da materia. |
15 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%) a) Sesións interactivas: Elaboración e presentación das prácticas a través das TIC (60%). b) Sesións expositivas: Revisión e análise de fontes documentais (15%) c) Titorias individuais/grupais: Elaboración e presentación dun portafolio (25%), OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) - Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes, fundamentalmente no que respecta a destreza de interacción en LSE. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (prácticas, portafolio e análise documental). ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS: 1.Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas: é necesario obter unha puntuación do 50% en cada unha das partes obxecto de avaliación. a) Prácticas a través das TIC (mín. 30%). Do mesmo xeito é preciso obter unha cualificación mínima do 50% en cada unha das destrezas comunicativas: puntuación mínima do 10% en expresión e comprensión de LSE, respectivamente, e do 7.5% na interación en LSE. b) Portafolio (mín. 15%) 2. A data límite de entrega das tarefas e actividades propostas tanto para as prácticas a través das TIC como para a análise das fontes documentais será o ultimo día lectivo (1C para a convocatoria ordinaria e 2C para a extraordinaria). É obrigatorio entregalas todas e a súa cualificación será proporcional á data de entrega. 3. A data límite de entrega do portafolio será a data oficial do exame, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria. 4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 5. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) non entregue o portafolio nin as prácticas a través das TIC. 6. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento" 7. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". 8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Báez Montero, Inmaculada C. (coord.), Cabeza Pereiro, Carmen, Eijo Santos, Francisco y Fernández Soneira, Ana (2008) . Defiéndete en LSE. Madrid: Grupo Anaya
Báez Montero, Inmaculada C. y Otero Doval, Herminda (eds.) (2015). Buscando respuestas en LSE. Lugo: Axac. col. EnSeñas, vol 1.
Bao Fente, María C. y Báez Montero, Inmaculada C. (2020). Mi Primer
Portfolio. Guía didáctica (versión multimodal). Madrid: MECD - Secretaría
General Técnica, Subdirección General de Documentación y Publicaciones. Council of Europe (2001):Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Strasbourg: Council for Cultural Cooperation Education Committee Language Policy Division. En Secretaría General del MECD - Subdirección General de Información y Publicaciones y Grupo ANAYA, S.A. (eds.,) (2002):Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Instituto Cervantes para la traducción en español (2002).Edición electrónica en: [http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf] Fernández Soneira, Ana (2008). La cantidad a manos llenas. La expresión de la cuantificación en la lengua de signos española. Madrid: Fundación CNSE.
Fundación CNSE (2010a): Propuesta curricular de la lengua de signos española: Nivel usuario básico A1-A2. Madrid: Fundación CNSE.
Fundación CNSE (2010b):Vamos a signar: Material de apoyo para el aprendizaje de la lengua de signos española para educación primaria. Madrid: Fundación CNSE
Fundación CNSE (2012) Signar A1: Material para la enseñanza y aprendizaje de la lengua de signos española adaptado al MCER (Marco Común Europeo de Referencia de las lenguas)
Fundación CNSE (2013)Signar A2 Material para la enseñanza y aprendizaje de la lengua de signos española adaptado al MCER (Marco Común Europeo de Referencia de las lenguas)
Gutiérrez Sigut, Eva y Carreiras Valiño, Manuel (2009). El papel de los parámetros fonológicos en el procesamiento de los signos de la lengua de signos española. Madrid. Fundación CNSE
Herrero Blanco, Ángel (2009): Gramática didáctica de la lengua de signos española (LSE). Madrid: Fundación CNSE y Ediciones SM.
Laborit, Enmanuelle (2003). El grito de la gaviota (5ªed.). Barcelona: Seix Barral.
Ley 27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de signos
españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación oral de las personas sordas,
con discapacidad auditiva y sordociegas. BOE nº 355. Miércoles, 24 de octubre de 2007.
Martínez Sánchez, Francisco et al. (2000). Apuntes de lingüística de la lengua de signos española. Madrid. CNSE.
Minguet Soto, Amparo. (coord.) (2001): Signolingüística. Introducción a la lingüística de la L.S.E. Valencia. Fundación FESORD, C.V
Moriyón Mojica, Carlos; Ruiz Méndez, Carlos José Y González Martínez, Noemí (2004). La negación en la Lengua de Signos Española. Madrid: Fundación CNSE
Sacks, Oliver (1996). Veo una voz. Viaje al mundo de los sordos (3ªed.). Madrid:
Anaya & Mario Muchnick.
Schaller, Susan (1993). Un hombre sin palabras. Madrid: Anaya & Mario Muchnick.
|
Bibliografía complementaria
|
|
BÁEZ MONTERO, Inmaculada C. (2015). “¿De cuántos signantes estamos hablando?”.
En E-AESLA, 1. ?http://cvc.cervantes.es/lengua/eaesla/pdf/01/48.pdf> COSTELLO, Brendan, Javier FERNÁNDEZ, Saúl VILLAMERIEL, y Marta MOSELLA
(2012). “Una lengua sin nativos: consecuencias para la normalización”. En
CNSE y Fundación CNSE (eds.). Estudios sobre la lengua de signos española.
Las lenguas visogestuales, lenguas naturales para todos
477
Hacia la normalización de un derecho lingüístico y cultural (Actas del III
Congreso Nacional de Lengua de Signos Española). Madrid: UNED, pp. 371-
399.
LIÑARES BARBEITO, Luis (2003). “Apuntes para una sociología de la comunidad
sorda”. En Revista Educación y Bibliotecas. Dosier bibliotecas públicas y
comunidad sorda, 138, pp. 49-61. ?http://bit.ly/2iM1oUG> [Consulta: enero
2014].
MINEIRO, Ana, María V. NUNES, Mara MOITA, Sonia SILVA y Alexandre CASTROCALDAS (2014b). “Bilingualism and Bimodal Bilingualism in Deaf People: A
neurolinguistic approach”. En M. Marschark, G. Tang y H. Knoors (eds.).
Bilingualism and bilingual deaf education. New York: Oxford University Press,
pp. 187-210.
MORALES LÓPEZ, Esperanza. (2019): Bilingüismo intermodal (lengua de signos / lengua oral). En E. Morales López y M. J. Jarque (eds.), Aspectos lingüísticos y de adquisición de las lenguas de signos. Revista de Estudios de Lenguas de Signos REVLES (1), 40- 265.
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2013). “¿Cómo realizan las lenguas señadas la
facultad del lenguaje?”. En J.C. Moreno. Cuestiones clave de la Lingüística.
Madrid: Síntesis, pp. 127-160
SALAZAR GARCÍA, Ventura (2010). “Rasgos de diseño del lenguaje y lingüística de
las lenguas de signos: retos y alternativas”. En M. Querol (ed.) (2010). El futuro
de las Humanidades. II volumen de artículos en homenaje al profesor D. Ángel
López García. Valencia: Servei de Publicacions de la Universitat de València.
pp. 198-213.
SWANWICK, Ruth (2016). “Deaf children's bimodal bilingualism and education”. En
Language Teaching, 49 (01), pp. 1-34. ?DOI: 10.1017/S0261444815000348>.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Non é preciso ter coñecementos previos da lingua de signos española (LSE). Dado o carácter práctico da materia, é aconsellable a asistencia e participación nas sesións interactivas. Os contidos e actividades serán accesibles para todo o alumnado. No caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE facilitarase a adquisición das competencias da materia dun xeito inclusivo, de acordo as recomendacións e axustes razoables propostos pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI). |
|