Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os fundamentos lingüísticos da Logopedia.
|
A3
|
|
|
Coñecer técnicas de comunicación. |
A20
|
|
|
Aprender autonomamente e aprender a aprender. |
|
B5
|
|
Procurar a calidade na actividade profesional. |
|
B10
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
|
B11
|
|
Saber expresarse en público |
|
B17
|
|
Expresarse correctamente en galego, tanto de forma oral como escrita. |
|
|
C1
|
Desenvolver o espírito crítico e comprometerse coas realidades lingüísticas dominadas. |
|
|
C4
|
Valorar a importancia que ten a investigación e a innovación no avance cultural da sociedade. |
|
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Concepto de Sociolingüística. A sociolingüística sobre o galego.
|
1.1. Linguaxe,cultura e pensamento.
1.2. Historia da reflexión sociolingüística sobre o galego. |
2. Marco teórico e conceptos chave. |
2.2. Monolingüismo, bilingüismo, plurilingüismo.
2.3. Diglosia e conflito lingüístico. Os procesos de substitución lingüística.
2.4. Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego.
|
3. Planificación e dinamización lingüística. |
3.1. A planificación como proceso.
3.2. A planificación do corpus.
3.3. A planificación do status. |
4. Lingua, poder e comunicación. |
4.1. As linguas como poder.
4.2. Construíndonos na lingua. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
B5 C4 C8 |
3 |
7 |
10 |
Presentación oral |
A3 A20 B10 B17 C1 |
3 |
18 |
21 |
Estudo de casos |
A3 A20 B5 B10 C1 C4 |
4 |
24 |
28 |
Discusión dirixida |
A3 B17 C1 C4 |
4 |
32 |
36 |
Sesión maxistral |
A3 A20 B5 B10 B11 B17 C1 C4 |
13 |
0 |
13 |
Actividades iniciais |
C1 C4 |
2.5 |
0 |
2.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Lectura crítica de textos relacionados coa materia obxecto de estudo e realización de traballos e actividades de diferentes tipo a partir deles. |
Presentación oral |
Exposición na aula dun dos aspectos do temario, fundamentada en lecturas previas e nunha preparación coordinada coa persoa docente. |
Estudo de casos |
Solución a casos simulados relacionados coas exposicións das sesións maxistrais e integrados na pescuda de innovacións que procuren a saída aos conflitos. |
Discusión dirixida |
Debate sobre temas de actualidade relacionados coa materia con exposicións razoadas e argumentadas, que poderán ser realizados nas sesións presenciais e/ou a través dos foros do Moodle. |
Sesión maxistral |
Presentación dos conceptos fundamentais para comprender a materia e deseño de guías orientativas para unha aprendizaxe autónoma. |
Actividades iniciais |
Coñecemento, a través dunha enquisa anónima, do nivel de coñecementos e do grao de espírito crítico do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
O profesorado da materia estará dispoñíbel para orientar o alumnado durante todo o cuadrimestre, especialmente para a preparación e acompañamento da presentación oral. A atención personalizada poderá ser feita a través do correo electrónico, da plataforma Teams ou, se as condicións o permitiren, de maneira presencial.
A atención personalizada, polos medios indicados, será especialmente relevante e necesaria no caso do estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
B5 C4 C8 |
Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. |
30 |
Presentación oral |
A3 A20 B10 B17 C1 |
Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. |
35 |
Estudo de casos |
A3 A20 B5 B10 C1 C4 |
Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. |
25 |
Discusión dirixida |
A3 B17 C1 C4 |
En sesións presenciais concretas ou ben a través dos foros de Moodle, serán propostas cuestións para a discusión colectiva e colaborativa. Será avaliada a pertinencia das intervencións, a calidade dos razoamentos e dos criterios de análise usados, así como a relación cos contidos das sesións maxistrais, das lecturas ou dos estudos de caso. |
10 |
|
Observacións avaliación |
As actividades sobre as lecturas e a presentación oral teñen carácter obrigatorio. Considerarase non presentado quen non entregar ou non realizar a presentación oral. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de calquera actividade que for entregada fóra de prazo sen causa xustificada. Na segunda convocatoria (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non teñan superado a materia deberán achegar os traballos que non fosen entregados na convocatoria anterior ou que non obtivesen unha cualificación do 40% da nota máxima de cada un deles. O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade. O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á da presentación oral do sistema de avaliación da primeira convocatoria. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención na aula de alumnos de e de alumnas
etc.). Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para os modificar e fomentar valores de
respecto e de igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para as corrixir. A
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas
ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa cal se deberá contactar nos prazos estabelecidos
por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da orientadora ADI da
facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (2020). Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego. Anos 2003, 2008 e 2013. www.ige.eu/enquisas
IGLESIAS ÁLVAREZ, A. (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos". A letra miúda. Revista de Sociolingüística da CGENDL.. Santiago de Compostela: CGENDL.
NIEVA, SILVIA (2015). "Orientaciones para la intervención logopédica con niños bilingües". Revista de Investigación en Logopedia, 5, 2, pp. 77-111.
LORENZO SUÁREZ, A. (2005). "Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego". Cadernos de Lingua, 27: 37-59.
BASTARDAS I BOADA, A. (1996). "Política y planificación lingüísticas". Martín Vide, C. (ed.), Elementos de lingüística, 341-360. Barcelona: Octaedro
GARCÍA NEGRO, M. P. (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión: Laiovento
NÚÑEZ SINGALA, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega . Vigo: Galaxia
IGLESIAS ÁLVAREZ, A. (2002). Falar galego: "no veo por qué". Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galicia. Vigo: Xerais
SANMARTÍN REI, G. (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
REAL ACADEMIA GALEGA (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega
FREIXEIRO MATO, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
VV.AA (2002). O proceso de normalización do galego. 1980-2000. Volumes I, II e III. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. |
|
Bibliografía complementaria
|
RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, F. (1991). Conflicto lingüístico e ideoloxia en Galicia. Santiago: Laiovento
CONSTENLA BERGUEIRO, G. (1997). Ensaio sociolingüístico. Antoloxía. Vol. 44 da Historia da Literatura Galega . Vigo: A Nosa Terra
VILLARES NAVEIRA, L. (2010). Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Ames: Laiovento
SÁNCHEZ VIDAL, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
FAGIM, V. (2015). O galego (im)possível. Ainda mais. Compostela: Através Editora
GARCÍA NEGRO, M. P. (1993). Sempre en galego . Santiago: Laiovento
GARCÍA NEGRO, M.P. (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|