Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aplicar o coñecemento teórico e práctico para a realización dunha avaliación logopédica |
A8 A9 A10 A11 A12 A26
|
B1 B3 B8 B11
|
C1
|
Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica. |
A13 A14 A15 A18 A27
|
B6 B9 B10 B14
|
C3 C6
|
Ser capaz de poñer en práctica un proceso de intervención logopédica |
A17 A22 A29
|
B12 B15 B16
|
C4
|
Ser capaz de levar a a cabo o traballo de forma individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador |
A14 A16 A30
|
B6 B12 B15 B23 B24
|
|
Coñecer a actuación profesional e as contornas onde se desenvolve a práctica. |
A16 A18 A25 A28
|
B12 B21 B23
|
C5 C7
|
Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. |
A29 A31
|
B2 B15 B17 B23 B24
|
C4 C8
|
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
A19 A20 A32
|
B13
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da logopedia e os labores inherentes a eles.
Así, durante o período de prácticas os alumnos/as, levarán a cabo accións relacionadas tanto co proceso de avaliación e diagnóstico como co proceso de tratamento logopédico. Ademais, deberán adaptar as técnicas e estratexias empregadas en función de cada caso e do contexto de actuación. Estas tarefas serán supervisadas polos titores/as de cada centro.
De igual maneira, durante a realización deste practicum II será de interese garantir a presenza do/a logopeda en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional.
|
O Practicum II establece como contidos, ademais da posta en práctica das técnicas de avaliación e tratamento logopédico, a posta en práctica das habilidades sociais e comunicativas para o establecemento das relacións interpersoais cos usuarios, as súas familias e con outros profesionais implicados no tratamento.
|
Os contidos do Practicum II estarán relacionados cos seguintes aspectos:
|
1. Aplicación das distintas técnicas e estratexias de avaliación logopédica, así como elaboración de informes tanto de exploración como de evaluación |
O proceso de tratamiento logopédico |
- Formulación de obxectivos e elección de técnicas e recursos materiais mais adecuados.
- A avaliación do proceso de intervención.
- Pautas de asesoramento e actividades para as familias co obxectivo de que apoien o proceso de intervención
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 |
10 |
0 |
10 |
Portafolios do alumno |
A32 A29 A28 A27 A26 A22 A20 A19 A18 A17 A15 A12 A11 A10 A9 B2 B3 B9 B13 C1 C3 |
0 |
70 |
70 |
Análise de fontes documentais |
A8 A13 A14 A25 A30 B1 B2 B9 B10 B15 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
12 |
12 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 |
8 |
0 |
8 |
Prácticas clínicas |
A32 A31 A30 A29 A28 A27 A26 A25 A22 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A12 A11 A10 A9 B24 B23 B21 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B8 B6 B3 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
262 |
134 |
396 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
1. Sesión informativa inicial. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección de institución.
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade.
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro.
O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc.
|
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institucións clínicas, educativas e/ou asistenciais. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención nos diferentes contextos da práctica profesional. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Logopedia que presentarán experiencias profesionais desenvoltas en diferentes contextos laborais (8 horas) |
Prácticas clínicas |
Os estudantes levarán a cabo prácticas en institucións nas que contan cun profesional da logopedia, co fin de que aprendan a desarrollar a sua labor profesional nun ambiente natural relacionado co exercicio da profesión, no que observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Todas e todos os estudantes completarán 220 horas de asistencia en institucións e 42 horas de asistencia rotatoria en centros externos. Se por calquera motivo tivésemos que limitar a rotación por causas alleas a la facultade, a comisión da titulación resolverá cada casa de xeito individual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro (cando menos 1) durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo. Recoméndase que un dos contactos teña forma de visita.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
Polo que se refire ás prácticas clínicas, o titor/a do centro de prácticas supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 |
O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios de titoría cos seguintes criterios:
-Asistencia ás titorías
- Grao de cumprimento sobre do plan de seguimento establecido, tendo en conta a pertinencia das súas intervencións, dúbidas, suxerencias, etc.
|
10 |
Portafolios do alumno |
A32 A29 A28 A27 A26 A22 A20 A19 A18 A17 A15 A12 A11 A10 A9 B2 B3 B9 B13 C1 C3 |
Debería facer referencia a:
? Características da institución: descripción, características asistenciais, recursos, principios logopédicos, etc.
? Parte clínica: Análise do programa ou programas de intervención. Descrición das patoloxías e casos observados e/ou tratados, incluíndo cada unha das fases do proceso de intervención:
- Descrición do proceso de avaliación así como das técnicas e instrumentos empregados.
- Obxetivos terapéuticos.
- Técnicas de tratamento empregadas.
- Procedemento nas diferentes sesión.
- Conclusión e reflexión sobre dos resultados logrados.
|
40 |
Prácticas clínicas |
A32 A31 A30 A29 A28 A27 A26 A25 A22 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A12 A11 A10 A9 B24 B23 B21 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B8 B6 B3 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado na institución, facendo unha valoración das seguintes cuestións recollidas na Ficha de avaliación: asistencia e puntualidade, responsabilidade no traballo diario, responsabilidade e interese pola aprendizaxe, competencias profesionais |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 |
-Asistencia ás sesións.
- Síntese dos contidos dos distintos eventos
|
10 |
|
Observacións avaliación |
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN: Para emitir a cualificación final desta materia, o profesor-titor da Facultade terá en conta os 4 elementos recollidos na avaliación: seminarios, portafolio, valoración das prácticas clínicas realizada polo titor da institución colaboradora e a asistencia ó evento científico desenvolto por profesionais expertos en diferentes ámbitos da práctica logopédica. a) Requisitos para superar a materia: Para aprobar a materia será necesario superar as prácticas clínicas e o portafolios. b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo): 1.As prácticas clínicas non poden recuperarse, polo que un informe desfavorable nas mesmas, na oportunidade de xuño, implica a non superación da materia. 2. Os seminarios e os eventos científicos non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantéñense para a oportunidade de xullo. 3 O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación. c) Cualificacións: 3.Non realizar as prácticas clínicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado. 4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas clínicas superadas supón obter a cualificación máxima de 4. Validez da nota da estadía en prácticas Se só se aproba a estadía no centro de prácticas ou a saída de campo, a nota conservarase unicamente no curso académico en que se realizasen. No seguinte curso, o/a alumno/a terá que matricularse novamente e facer a estadía ou a saída de campo ao centro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de acordo coas indicacións dos titores. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización
da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a
vicedecanato.practicum.educacion@udc.gal, ainda que nese momento non cumpla os
requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas.
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade
de imprimilos
1.3. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos
negativos sobre o medio natural.
3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas…).
5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero
proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|