Recomendacións para o estudo da materia: · Asistencia regular ás clases. · Realización das prácticas de laboratorio. · Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica. · Consulta da bibliografía complementaria recomendada. · Participación e discusión activa nas actividades que se organicen. · Realización das probas obxectivas que se vaian realizando. Para contribuír á consecución dunha contorna sostible inmediata e cumprir o obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Actuación do Programa Campus Verde FCS (2020-2022)", o traballo documental realizado neste ámbito: a) A maioría solicitarase en formato virtual e soporte informático. b) Se está realizado en papel: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Utilizarase papel reciclado. - Evitaranse borradores. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. |