CONSIDERACIÓNS XERAIS
· No caso de que o estudante non teña sido avaliado nalgún dos bloques, a calificación final será "NON PRESENTADO".
· Non se poderá superar a materia se nalgún dos bloques a nota foi menor que 3 (sobre 10).
· Nos demais casos, a calificación final será o resultado da suma das notas ponderadas dos bloques.
· No caso dos estudantes repetidores, non se conservarán as calificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.
- Convocatoria adiantada:· Os criterios rexiranse polo establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario", Artigo 19.
- Matrícula de honra:· Poderán optar a matrícula de honra os estudantes cunha media superior a 9. O profesorado da materia poderá considerar criterios adicionais en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
- NOTA: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de 0 na convocatoria correspondente.
BLOQUE A, Revisións sistemáticas (Temas 1-3), 50%.
- Elaboración dunha revisión sistemática.
BLOQUE B, Metaanálise (Tema 4), 50%.
- Valoración crítica dunha metaanálise.
A avaliación de cada un dos bloques se baseará na realización e entrega de exercicios e/ou traballos.