Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as características do neonato, da infancia e da adolescencia, e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. |
A42 A43
|
B1
|
C1 C11
|
Describir os principais procesos patolóxicos na idade neonatal, na infancia e na adolescencia, así coma as probas diagnósticas e os procedementos terapéuticos. |
A44 A47
|
B1 B3 B7 B9 B14 B15
|
C1 C11
|
Describir as necesidades de coidado do neno e da súa familia, identificando e priorizando os diagnósticos de enfermaría e as complicacións potenciais. Planificar coidados relacionados coa especificidade dos pacientes pediátricos e a súa contorna. |
A42 A44 A45 A47 A48
|
B1 B2 B3 B7 B9 B13 B14 B15
|
C1 C10 C11
|
Desenvolver habilidades na realización das técnicas e procedementos enfermeiros máis usuais na pediatría, a súa indicación e base científica. |
A46 A47
|
B3 B4 B9
|
C1 C7 C10 C12
|
Demostrar interés e sensibilidade pola infancia, a adolescencia e os seus problemas de saúde na sociedade actual. |
|
B14 B15
|
C7 C11
|
Describir o proceso de fecundación, implantación e desenvolvemento fetal ata o momento do nacemento. |
A40
|
B1 B3 B14 B15
|
C1 C7
|
Identificar as necesidades de coidado das mulleres nas diferentes etapas de xestación parto e puerperio. |
A40 A41 A42 A46 A48
|
B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15
|
C1 C7
|
Planificar os coidados enfermeiros nas diferentes etapas da xestación, parto e puerperio |
A40 A41 A42 A46 A48
|
B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15
|
C1 C7 C10 C11
|
Comprender os principais problemas de saúde reprodutiva. |
A40 A41 A42 A48
|
B1 B2 B3
|
C1 C7
|
Identificar os diferentes métodos anticonceptivos. |
A40
|
B1 B2 B9
|
C1 C7
|
Recoñecer as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) máis frecuentes e as súas medidas de prevención. |
A40
|
B1 B2 B3 B7 B9 B13 B15
|
C1 C7 C12
|
Planificar coidados enfermeiros nas mulleres con cancro de mama e xinecolóxico. |
A40
|
B1 B2 B3 B7 B9 B13 B14 B15
|
C1 C7 C10 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDADE I: REPRODUCIÓN HUMANA |
1.Anatomía dos órganos reprodutores.
2.Fisioloxía do aparato reprodutor feminino e masculino.
3.Resposta sexual humana.
4.Gametoxénese, fecundación e implantación.
5.Control da fertilidade.
|
UNIDADE II: EMBARAZO. PROBLEMAS DE SAÚDE NO EMBARAZO |
6.Períodos de desenvolvemento prenatal humano.
7. Evolución dos coidados na atención á muller e situación actual.
8.Descrición do embarazo. Coidados prenatais.
9. Problemas de saúde específicos na xestación. |
UNIDADE III: PARTO E PUERPERIO |
10.Traballo de parto.
11.Coidados da muller no parto.
12.A dor.
13.Parto distócico e intervencións obstétricas.
14.Atención inmediata do neonato na sala de partos.
15.O puerperio.
16.Problemas de saúde no parto e o puerperio.
17.Aspectos psicolóxicos da maternidade e da paternidade. |
UNIDADE IV: XINECOLOXÍA |
18.Prevención do cancro de mama e xinecolóxico.
19.A paciente xinecolóxica hospitalizada. |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO |
1.1 Taller sobre Sexualidade e Autocoñecemento
1.2 Taller sobre Lactancia Materna |
UNIDADE V: INTRODUCCIÓN Á ENFERMARÍA INFANTIL. |
1. Evolución dos coidados infantís e situación actual.
2. Períodos da infancia.
3. O coidado do neno e da súa familia. |
UNIDADE VI: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NEONATO. |
4. Adaptación á vida extrauterina.
5. Clasificación do neonato segundo peso e idade xestacional.
6. Recentemente nado san. Valoración de enfermaría.
7. Coidados de enfermaría ó neonato san.
8. Coidados de enfermaría ó neonato de alto risco. |
UNIDADE VII: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA Ó NENO SANO. |
9. Crecemento e desenvolvemento do neno.
10. Inmunizacións en pediatría.
11. Alimentación complementaria.
12. Promoción da saúde ó longo das etapas: lactante, preescolar, escolar e adolescente.
13. Prevención de accidentes na infancia. Educación sanitaria. |
UNIDADE IX: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NENO CON PROBLEMAS DE SAÚDE. |
14. O neno e a súa familia ante a enfermidade e a hospitalización. Características das unidades asistenciais pediátricas.
15. Comunicación co neno e coa súa familia.
16. A dor no neno: valoración e tratamento.
17. Signos e síntomas frecuentes na infancia: febre, vómitos, diarrea, convulsións e dor abdominal.
18. Coidados pre e postoperatorios.
19. Maltrato infantil.
20. Coidados paliativos en pediatría. |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO |
1.1 Administración de fármacos e cálculo de doses
1.2 Canalización de accesos vasculares
1.3 Coidados neonatais e pediátricos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 |
3 |
60 |
63 |
Traballos tutelados |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 |
6 |
34 |
40 |
Estudo de casos |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A47 B1 B2 B3 B9 B13 B15 C1 C7 |
4 |
10 |
14 |
Análise de fontes documentais |
A40 A41 A42 A43 A44 B1 B3 C7 C11 |
2 |
14 |
16 |
Lecturas |
A40 A41 A42 A43 A44 A48 B1 C1 C7 C11 |
0 |
10 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B7 B9 B10 B13 B14 B15 |
8 |
8 |
16 |
Sesión maxistral |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A47 B7 B15 C1 C7 C10 C11 |
32 |
32 |
64 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba escrita con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta múltiple para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. |
Traballos tutelados |
Actividade na que os estudantes, de forma autónoma, profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade na que o/a estudante, a través da realización de actividades prácticas, adquire destreza nas técnicas e procedementos de enfermería. A asistencia é obrigatoria. |
Sesión maxistral |
Actividade na que o profesor expón, de xeito oral e con medios audiovisuais, os contidos teóricos da materia e a orientación bibliográfica dos mesmos, promovendo a discusión e participación activa do alumnado. Rematarase cada exposición cun resumo/conclusión dos puntos fundamentais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de xeito individualizado, presencial ou a través do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar ós estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 |
Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.
O exame, para calquera convocatoria, será de preguntas curtas e preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas no test, de forma que de cada resposta mal, descontará 0,33.
As preguntas tipo test suporán un 50% da proba e as preguntas curtas o outro 50%. Será preciso acadar un mínimo nambas partes para ter superado a proba, a saber:
· 50% das respostas da parte tipo test (unha vez restadas as non acertadas)
· 50% das respostas da parte de preguntas de resposta curta.
|
60 |
Traballos tutelados |
A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B4 B9 B10 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 |
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria.
A proposta da temática do traballo será validada polo/a docente. O alumnado deberá seguir as indicacións para levar a cabo as tarefas e irá subindo e/ou actualizando semanalmente o traballo levado a cabo a través da plataforma Moodle ou vía correco electrónico para o seu seguemento e avaliación final.
Realizarase en grupos de 4 a 6 estudantes.
A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
- Presentación e estructura: traballo escrito e exposición oral.
- Claridade e uso de terminoloxía científica.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade crítica e achega persoal.
- Creatividade e innovación do tema a tratar.
- Manexo e referencia de fontes documentais.
A presentación oral do traballo tutelado con apoio audiovisual será de carácter obrigado. A súa entrega deberá realizarse mediante correo electrónico ou subida á plataforma Moodle en tempo e forma para poder ser avaliado.
Puntuará sobre un mínimo de 0 a un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Será necesario acadar unha
puntuación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na
nota final. Para superar a materia será
necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha
das partes: Materno e Infantil. Poderase realizar unha avaliación
parcial mediante unha proba escrita das mesmas características que a descrita
na avaliación. De ser así, a data acordarase segundo o desenvolvemento do
programa. Valorarase a presenza/asistencia
e a participación activa (sesión maxistral, traballo en grupo, prácticas de
laboratorio). A asistencia ás prácticas de laboratorio considérase obrigatoria,
debendo xustificarse a ausencia das mesmas. Dado o carácter obrigatorio da
presentación dos traballos tutelados, o alumnado que non presente a totalidade
dos traballos, na forma e na data sinaladas, non terá opción de superar a
materia na primeira oportunidade. Matrícula ordinaria: A superación da materia está
supeditada á superación da proba mixta e do traballo tutelado de forma autónoma
polo alumnado, tendo que acadar o 50% da nota en cada unha delas. Avaliación 2ª oportunidade Na segunda oportunidade da
materia respectarase a nota aprobada da Proba Mixta e/ou dos Traballos
Titorizados de calquera das dúas partes (Materno ou Infantil). Proba mixta: calculará un 70%. Traballos tutelados: computarán
un 30% e deberán entregarse o día da realización da proba mixta; sempre que non
fosen entregados con anterioridade, nese caso, terán o mesmo peso na avaliación
que para a 1a oportunidade. Oportunidade anticipada Proba mixta: calcularase un 100%,
incluíndo preguntas relacionadas co desenvolvemento de traballos tutelados. Alumnos de Matrícula Parcial e SICUE. Proba mixta: computará un 70%. Traballos tutelados: computarán o
30% e deberán entregarse o día que se acorde entre o profesor e o alumno ao
longo do curso académico. Estes traballos pódense realizar individualmente ou
en grupo. En todo caso, calquera que sexa a opción elixida polo alumno, deberá
comunicarllo previamente ao profesor a través do correo electrónico durante a
primeira semana do curso académico. No caso dos alumnos SICUE a
exposición dos traballos terá carácter obrigatorio. Dita exposición poderá
levarse a cabo de xeito presencial ou vía telemática. Poderán obter o Título de Honra
os estudantes que obteñan unha nota mínima de 9, tendo preferencia os que
obteñan unha nota superior. En caso de igual puntuación e haber máis
solicitantes que matrículas, prevalecerá a persoa que obtivese maior puntuación
na metodoloxía con maior peso porcentual. A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía Enfermería Maternal:
- Salvia Ribera, A. Torrón
Villalta, C. El semen mola. Editorial Montena. 2022
- Al Adib Mendiri, M. Hablemos de
nosotras. Reflexiones de una ginecóloga rebelde. Editorial Oberon. 2021.
- Torrón Villalta, C. Torrón
Villalta, M. Tu cuerpo mola. Editorial Montena. 2021.
- Salvia Ribera, A. Torrón
Villalta, C. La regla mola. Editorial Montena. 2020
- Valls Llobet, Carme. Mujeres
invisibles para la medicina. Editorial Capitan Swing. 1ª edición Octubre
2020.
- Al Adib Mendiri, M. Hablemos
de vaginas. Salud sexual femenina desde una perspectiva global. Editorial
Oberon. 2019
- Fernández del Castillo, I. La
nueva revolución del nacimiento. El camino hacia un nuevo paradigma.
Editorial Ob Stare. 2014.
- González, C. Un regalo para
toda la vida. Guía de la lactancia materna. Temas de Hoy; 2012.
- Usandizaga JA. Tratado de
obstetricia y ginecología. Vol.I. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2012.
- Uvnäs Moberg, K. Oxitocina, la
hormona de la calma, el amor y la sanación. Ediciones Obelisco S.L. 2009.
- Torrens Sigalés RM, Martinez
Bueno C. Enfermería de la mujer. Madrid: Ediciones DAE grupo
Paradigma;2009.
- Liedloff, J. El Concepto del
Continuum. Editorial Ob Stare. 4ª ed.2009
- Claramubt, M.A. Parir sin
miedo. El legado de Consuelo Ruiz Vélez-Frías. Editorial Ob Stare. 2009
- Odent, M. El bebé es un
mamífero. Editorial Ob Stare (2ª edic). 2007.
- Seguranyes Guillot G.
Enfermería Maternal. Barcelona: Masson SA; 2006.
- Smulders, B. Parto Seguro. Una
guía completa. Ediciones Medici, SA. 2002.
- Smulders, B, Croon M. Embarazo
seguro. La guía más completa y actual. Ediciones Medici, SA. 2001.
- The Boston Women´s Health Book
Collective. Nuestros cuerpos, nuestras vidas. Plaza & Janes
Editores S.A. 2000.
- Small, M.F. Nuestros hijos y
nosotros. Ediciones B Argentina s.a. 1999.
- Calais-Germain, B. El periné
femenino y el parto. Anatomía para el movimiento. Editorial La Liebre de
Marzo, S.L. 1998.
Enlaces de interés
Bibliografía Enfermería Infantil - Sellán Soto MC, Vázquez Sellán A. Cuidados neonatales en enfermería. Barcelona: Elsevier; 2017.
- Ruiz González MD, Martínez Barellas MR, González Carrión P. Enfermería del niño y el adolescente. 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermería; 2009.
Enlaces de interés |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/661G01001 | Psicoloxía/661G01003 | Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012 | Enfermaría Comunitaria I/661G01014 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Fisioloxía/661G01105 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Comunitaria II/661G01019 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas VI/661G01030 | Estancias Clínicas VII/661G01031 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|