Os estudantes
DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba
obxectiva (60% da nota), obradoiro (30% da nota) e as dúas seccións da proba oral (10% da nota) para superar a materia
tanto na primeira como na segunda oportunidade. Segunda
oportunidade: Na segunda oportunidade os alumnos serán avaliados do seguinte
xeito: 60% exame escrito, 30% exame oral e 10% traballos de avaliación continua
dos temas do curso. Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o
exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira oportunidade,
as súas notas manteranse na segunda oportunidade. Os estudantes
deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha
cualificación de aprobado ou aqueles aos que non se presentaron. Isto é
válido SÓ para as dúas oportunidades correspondentes ao
presente curso académico. Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO se
non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a
avaliación da materia. No caso
da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un exame
escrito (60%) e unha proba oral (40%). Honradez académica Lembrase ao
alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”. Atención á
diversidade A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar
cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados
de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es Regulamento
disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b) Cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Perspectiva de
xénero -Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. *Os obxectivos de aprendizaxe deste módulo enmárcanse nun nivel B2 dentro da escala descrita no Marco común europeo de referencia para as linguas. Recoméndaselles aos estudantes que esta materia está enfocada a ensinar inglés con fins específicos e, polo tanto, NON é un curso de inglés xeral. Por outra banda, os estudantes tamén deben lembrar que estudar unha lingua require perseveranza e continuidade ao longo do tempo. |