Cambio de data de exame: As datas, horarios e lugar
de realización das probas de avaliación das diferentes oportunidades serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado e publicado a comezo de curso pola Xunta de
Facultade.
Tan só será posible
realizar o exame en datas distintas nos supostos recolleitos na Normativa
Académica da UDC.
O aprobado da materia estará supeditado, calquera
que sexa a convocatoria, á realización das presentacións orais e á entrega
dos traballos escritos, aínda que, só puntuarán en primeira oportunidade se a
proba mixta foi superada.
1ª Oportunidade.
En primeira oportunidade, se a proba mixta está
suspensa, a nota final será a nota da proba mixta.
Cunha nota igual ou superior a 5 na proba mixta,
considerarase a avaliación continua.
-Para aprobar a materia, o alumnado deberá
obrigatoriamente obter unha cualificación final igual ou superior a 5.
Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de
asistencia.
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica
de exención de asistencia, segundo establece a norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)
deberá comunicalo ao profesorado na primeira quincena do cuadrimestre. Este
alumnado será avaliado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos
motivos da dispensa.
2ª Oportunidade e convocatoria adiantada.
A avaliación en segunda oportunidade, así como na
convocatoria adiantada, corresponderase nun 100% coa nota obtida nunha proba
mixta que abarcará todos os contidos da materia.
Gardaranse, pero non puntuarán os traballos
tutelados e as presentacións orais nin o traballo na aula (taller).
Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter unha
nota mínima igual ou superior a 5.
Cualificación de Non Presentado (NP).
O alumnado que non se presente á proba mixta ou ás
exposicións orais, ou que non entregue os traballos tutelados obterá a
cualificación de "non presentado", calquera que sexa a convocatoria.
Implicación de plaxio.
A realización fraudulenta das probas ou actividades
de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á
oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometeu.
O alumnado que incorra en fraude académica obterá a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
dá materia en que se cometese: ou/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión dá falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.
Adaptación da materia ao alumnado que así o requira
(ADI).A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás
indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/adi/, ext. 5622, adi@udc.es), coa que se deberá
contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co
asesoramento da titora ADI da facultade.