Todos os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas actividades, xa que se conciben como unrecurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación doscontidos .
1ª OPORTUNIDADE
Os/as estudantes DEBEN aprobar (50%) cada unha das seccións de avaliación (proba mixta, obradoiro, e discusión virtual) para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.
DISPENSA ACADÉMICA
Os/as estudantes que teñan dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. Os/as estudantes terán que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a dispensa.
2ª OPORTUNIDADE
O mesmo sistema de avaliación será aplicado na segunda oportunidade que na primeira oportunidade, e os/as estudantes deberán facer de novo aquelas partes da materia na que non obtiveron una califaciación de aprobado ou non se presentaron. No caso do obradoiro, este consistirá nunha tarefa adicional que se incluirá na proba mixta (exame escrito).
Isto será válido SO para as dúas oportunidades correspondentes ao presente ano académico.
Os/as estudantes da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (60%) e unha proba oral (40%).
Calificación de NON PRESENTADO/A
Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO/A senon se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.
Honradez académica/implicación de plaxio
Ao/áalumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado4. b)).
Regulamento disciplinar do estudantado da UDC(Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fóse necesario.
Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo, dentro do periodo estipulada para cada sesión.
Perspectiva de xénero
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores derespecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.