Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os principais bens turísticos da comunidade galega |
A8 A18 A27
|
B1 B6
|
C1 C6 C7
|
Recoñecer os principais estilos e tipoloxías artísticos e os exemplos máis singulares presentes no territorio de estudo |
A8 A18 A23 A33
|
B1 B4
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Analizar as debilidades e potencialidades de Galicia como destino turístico |
A8 A18 A23 A25 A27 A28 A33
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7
|
C1 C4 C7 C8
|
Estudar, a través dun contacto directo, a historia, xeografía e os principais xeodestinos turísticos da comunidade Galega |
A8 A13 A18 A23 A25 A27
|
B1 B4 B6 B7
|
C1 C2 C6 C7 C8
|
Ser quen de explicar a unha audiencia os principáis recursos turísticos de Galicia |
A8 A13 A18
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5
|
Saber deseñar un itinerario por Galicia que comprenda un número importante dos recursos estudados |
A8 A18 A23 A27 A33
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introducción á materia.
|
1.1 Características xerais e breve historia de Galicia.
1.2 Características xeográficas de Galicia: situación, principais trazos físicos. Galicia na Península Ibérica. |
2. Historia de Galicia |
2.1. Principais feitos históricos |
3. Principais recursos do patrimonio histórico-artístico galego. |
3.1. Percorrido polos diferentes estilos artísticos.
3.2. Principais tipoloxías: Mosteiros, catedráis, igrexas, castelos, pazos e outros edificios civís relevantes.
3.2. Exemplos máis relevantes da escultura e pintura en Galicia |
4. A gastronomía. |
4.1 Os viños.
4.2 Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia.
4.3 Festas gastronómicas. |
5. Principais recursos do patrimonio inmaterial galego. |
5.1 A lingua.
5.2. O Folclore.
5.3. Festas, lendas, crenzas.
5.4. Outro patrimonio etnográfico. Artesanía e oficios populares |
6. O Camiño de Santiago. |
6.1 Repaso á historia e tradicións xacobeas
6.2 O Camiño francés.
6.3 Outros tramos galegos dos Camiños de Santiago. |
7. Elementos principais dos Museos e Centros de Interpretación de Galicia. |
7.1. Principais museos e tipoloxías.
7.2. Centros de IP.
7.3. Outros equipamentos |
8.a Paisaxe e áreas naturais no litoral.
8.b Paisaxe e áreas naturais de interior.
|
8.a.1 Rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.
8 b.1. As montañas, os vales fluviais, os bosques e as lagoas (Serras setentrionais, Dorsal galega, Penechaira galega, Depresión de Ourense, A Limia. Val de Monterrei. Val de Arnoia. Terras do Carballiño. Val do Ribeiro. Valdeorras. O chanzo de Santiago. Fosa Padrón-Tui. As bacías do Tambre e o Ulla. Serras meridionais).
|
9. As cidades galegas como focos de atención turística. |
9.1. A Coruña
9.2. Lugo.
9.3. Ourense.
9.4. Pontevedra.
9.5. Vigo.
9.6. Santiago.
9.8. Ferrol.
9.9. Outras localidades: Muros, Noia, Monforte, Ribadavia, Sanxenxo, Allariz, Viveiro, Carballo, ... |
10.O "Top Ten" galego. Produtos. Xeodestinos. |
10.1. Descrición e análise. |
11. Rutas senlleiras. |
11.1. Ruta da camelia.
11.2. Outros camiños.
11.3. Rede de rutas. |
12. Espazos naturais. |
12.1. Os espacios protexidos de Galicia.
12.2. A Rede Natura.
|
13. A Administración turística. |
13.1. Competencias da administración do Estado e da Xunta en materia turística.
13.2. A Administración turística en Galicia. Órganos e funcións |
14. Estratexias de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico. |
14.1. Principais canais de promoción.
14.2. Principais canais de comercialización. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
A8 A18 A23 A25 A27 A28 B5 B7 C3 |
24 |
50 |
74 |
Presentación oral |
A13 A18 A33 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C7 C8 |
2 |
14 |
16 |
Proba mixta |
A18 A23 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A18 A23 A25 A27 A28 C4 C5 C6 |
12 |
45 |
57 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos, etc. do que haberá que entregar un documento recopilatorio con toda a información.
|
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
O alumnado poderá precisar atención personalizada na preparación das súas presentacións oráis e traballos tutelados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Saídas de campo |
A8 A18 A23 A25 A27 A28 B5 B7 C3 |
As saídas de campo son de carácter obrigatorio e requerirán preparación, documentación e entrega dun documento escrito por parte do alumnado, segundo as indicacións das profesoras que se presentarán no Moodle da materia. |
20 |
Presentación oral |
A13 A18 A33 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C7 C8 |
As presentacións centraranse en temas propostos polos docentes a partir dos contidos da materia. Poden facerse no aula ou in situ, durante as saídas de campo |
20 |
Proba mixta |
A18 A23 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C4 |
Trátase dunha proba que pode combinar as preguntas tipo test e de resposta curta. |
60 |
|
Observacións avaliación |
As persoas que, por unha causa xustificada, non podan asistir o día indicado para a súa presentación oral terán que acordar coa profesora outra data. As saídas de campo, conferencias ou otras actividades poderán requerir a presentación dunha reseña que servirá como demostración da asistencia. Todas as partes teñen que ser superadas ao menos nun 50% para poder facer o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa, ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, só terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguirán o mesmo sistema que o alumnado presencial, pero deberán realizar dous traballos propostos pola profesora (en lugar de un). Ademais, deberá porse en contacto con ela para realizar aomenos dúas titorías on line ao longo do cuadrimestre.
O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calquera delas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou aprobe a parte que falte para poder facer o cómputo final. Pódese dar o caso de que unha persoa suspenda algunha das partes, pero que a suma co resto dea aprobado. Nese caso a nota será un suspenso (o suspenso máis alto das que aparezan suspensas), pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.
Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
VILLARES, R. (2004). Historia de Galicia. Ed Galaxia, Vigo
GIL, F.J. (2002). 50 rutas para conocer Galicia. Nigra Trea, Vigo
LOIS, R.C. e PINO, D. (Coords.) (2015). A Galicia urbana. Eds. Xerais, Vigo
MARIÑO FERRO, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia. Ediciós Xeráis, Vigo
BAS, B. (1983). As construccións populares: Un tema de etnografía en Galicia. Cadernos do Seminario de Sargadelos. Edicións do Castro, Sada (A Coruña)
CRIADO BOADO, F. (ed.) (2016). Atlas de Arqueología de Galicia. Eds. Xerais, Vigo
PRECEDO LEDO et al. (2002). Atlas de Galicia. Hércules de Ediciones, A Coruña
PRECEDO LEDO et al. (2001). Atlas de Galicia. Xunta de Galicia. Sociedade para o desenvolvemento Comarcal de Galicia, Santiago
LÓPEZ BERNÁRDEZ, C (2005). Breve historia da arte galega. Ed. Nigratrea, Vigo
LOIS GONZÁLEZ, R e FORMIGO COUCEIRO, J. (2003). Galicia. Ed Everest, León
SORALUCE BLOND, J.R. (1999). Guía da arquitectura galega. Ed. Galaxia, Vigo
CEGARRA, B. (1992). Guía da arte de Galicia. Ed. Galaxia, Vigo (agora publicado por provincias)
VV. AA. (2002). Guía de espacios naturales. Galicia.. Ed El País-Aguilar, Madrid
OTERO PEDRAYO, R. (1980). Guía de Galicia. Ed. Galaxia
CEGARRA, B. (1992). Guía e rutas da arte. Épocas e estilos. Ed. Galaxia, Vigo
LÓPEZ CARREIRA; A. (2013). Historia de Galicia. Eds. Xerais, Vigo
CALO LOURIDO et al (2005). Historia Xeral de Galicia. A Nosa Terra, Vigo,
PEMÓN, B. e DORNELO, X. (2000). Mitos, ritos y leyendas de Galicia. Martínez Roca, Barcelona
HERNÁNDEZ BORGE, J., DÍAZ FERNÁNDEZ, J.A (2000). O turismo en Galicia Potencialidades endóxenas e desenvolvemento urbano e economico. Servicio de publiaciones Dip. de Ponteved |
Iranse engandido referencias bibliográficas máis concretas ao longo da materia |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.
- Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|