Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
A15 |
Traballar en inglés como lingua estranxeira. |
A16 |
Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira. |
A17 |
Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira. |
A29 |
Traballar en medios socioculturais diferentes. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aprender as estructuras básicas da lingua alemá a nivel medio. |
A6 A16 A17
|
B1 B4 B6 B7
|
C2 C7 C8
|
Adquirir unhas nocións de grao medio de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. |
A13 A15 A16
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7
|
C1 C2 C5 C7
|
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamiento nos países de fala alemá. |
A16 A29
|
B4 B5 B6 B7
|
C2 C3 C4 C6 C7
|
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel medio en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. |
A13 A16 A29
|
B1 B3 B4 B6 B7
|
C2 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Reservierungsdialoge im Hotel |
Vergangeheitsformen: Perfekt und Präteritum. |
Briefe |
Geschäftsbriefe, Temporaladverbien und Futur I. |
Hotel und Umgebungen |
"man" und "es", Imperativ, Deklination der Adjektive, N-Deklination. |
Die Rechnung, Beschwerde und Zufriedenheit der Gästen |
Steigerungsformen Adjektive und Adverbien, Relativpronomen. |
Pauschalreise und Reiseangebot |
Nebensätze und Konektoren. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba oral |
A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 |
6 |
15 |
21 |
Traballos tutelados |
A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 |
3 |
34 |
37 |
Obradoiro |
A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 |
15 |
18 |
33 |
Sesión maxistral |
B1 B4 B5 C5 C6 C7 C8 |
18 |
18 |
36 |
Proba mixta |
A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba oral |
Nos últimos días do curso terá lugar unha proba oral consistente nunha presentación dun establecimiento turístico seguindo as pautas e indicacións explicadas na aula. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesorado. |
Obradoiro |
Cada un dos temas tratados nas clases maxistrais levará asignada unha serie de tarefas e exercicios destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas e prácticas impartidas polo profesorado sobre os contidos da materia. |
Proba mixta |
Ao final do curso realizarase unha proba mixta final escrita que constarán de dúas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada dependerá da metodoloxía empregada e das necesidades do alumnado. Realizarase de xeito conxunto na aula e tamén de maneira individual.
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesorado responderá e orientará ao alumnado de cara á devandita proba.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso.
Ao final do curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.
Ademais, o alumnado pode, en calquera momento, solicitar unha titoría para tratar calquera dúbida ou dificultade que atope ao longo do curso.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 C2 C4 C8 |
- Realizaranse distintas actividades orais ao longo do curso para avaliar esta competencia, ademais dunha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.
- Para a avaliación da devandita proba e actividades atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
|
15 |
Traballos tutelados |
A15 A29 B1 B2 B6 B7 C1 C3 C5 C6 |
- O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.
- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.
- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado
|
15 |
Obradoiro |
A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 C4 C6 |
- O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral). |
15 |
Proba mixta |
A16 B1 B3 B4 B6 C2 C3 |
- A proba mixta constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.
- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.
- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10. |
55 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos para superar a materia en 1ª oportunidade - Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado en acta.
- Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.
2ª Oportunidade- O alumnado deberá realizar unha proba oral (15%) nunha
data acordada co profesorado (no caso de non haberse realizado ou superado
en 1ª oportunidade). - O 85% da cualificación corresponderase coa
cualificación obtida nunha proba escrita que seguirá os mesmos criterios
que a de 1ª oportunidade e realizarase nas datas aprobadas e publicadas en
Xunta de Facultade en cada curso académico.
Convocatoria adiantada- A distribución da avaliación será a seguinte: 50% proba mixta, 25% proba oral (a concretar co profesorado) e 25% traballos tutelados (a concretar co profesorado).
Cualificación
de Non Presentado
- Calquera
que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se
presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.
Alumnado con
recoñecemento de dispensa académica
- O alumnado
con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo
establece a "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos
estudantes de grao na UDC (Art. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá
entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado
e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral
no caso de que estivese debidamente xustificado.
- A
porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos
Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do seguinte modo: Proba
oral (15%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (55%).
Prácticas
ilícitas e fraude académica
- Os
traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de
tradutores automáticos para a elaboración de traballos tutelados,
plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia.
- Ao/á
alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción
correspondente recollida no "Regulamento disciplinar do estudantado
da UDC" (art. 11, apartado 4. b)).
Calquera falta de honradez académica (plaxio,
copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" artigo 14.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Werner, G (2001). Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt |
|
Bibliografía complementaria
|
Lübke, S. (2017). Deutsche Grammatik in kleinen Schritten. Lehr- und Übungsbuch A1-A2. Liebaug-Dartmann
Rusch, P; Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C; Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Lemcke, C; Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A2. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehr- und Arbeitsbuch. Langenscheidt
Fandrych, C; Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H.; Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B.; Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B.; Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Lehr- und Arbeitsbuch. Síntesis
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehr- und Arbeitsbuch. Langenscheidt |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Segundo Idioma Moderno I: Alemán/662G01047 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Segundo Idioma Moderno III: Alemán/662G01049 |
|
Observacións |
Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno. |
|