Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Historia da Cultura e do Pensamento Europeos Código 710521001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web
Descrición xeral
Percorrido sintético pola evolución histórica da civilización europea, outorgando particular relevancia ó papel nela do pensamento filosófico

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Recoñecer os principais elementos históricos que conformaron a civilización europea Concienciarse da necesidade de preservar o patrimonio cultural europeo Establecer un diálogo crítico coa nosa tradición cultural Tomar conciencia da ambivalencia da cultura moderna, polos seus logros (p. e., a emancipación da muller) e os seus desafíos non resoltos (p. e., o problema ecolóxico) Familiarizarse con algunhas das obras emblemáticas da cultura occidental AP1
AP8
AP9
AP15
BP2
BP5
BP7
BP10
BP11
CP1
CP2
CP3
CP9

Contidos
Temas Subtemas
1. O mundo clásico: Aristóteles O descubrimiento da teoría

A polis en Grecia
2. O Medievo: Agustín de Hipona Novidades introducidas polo cristianismo

O cultivo da interioridade
3. O Renacemento: Montaigne O Renacimiento: naturalismo e humanismo

Michel de Montaigne
4. A Ilustración: Voltaire O movemento ilustrado: unha razón crítica

Voltaire
5. O mundo contemporáneo: de Beauvoir e Jonas Precedentes da crise contemporánea: romanticismo e irracionalismo

Simone de Beauvoir: a emancipación da muller

Hans Jonas: o problema ecolóxico

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A8 A9 A15 B2 B5 C1 C2 C3 C9 9 14 23
Lecturas A1 A8 A9 A15 B2 B5 B7 B11 C1 C3 C9 1 11 12
Sesión maxistral A1 A8 A9 A15 B2 B5 B7 B11 C9 9 5 14
Proba mixta A1 A8 A9 B2 B7 B10 C1 C2 C3 2 18 20
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario O traballo de seminario constitúe, xunto ás sesións maxistrais, o elemento central da actividade no aula. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artículos ou capítulos de libros) propostos a alumnas/os.

A actividade do seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra do aula, por parte do alumnado. Por un lado, a lectura previa dos textos. Por outro, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos; dito comentario se realizará, polo tanto, con posterioridade á sesión de seminario. Dos fragmentos propostos ó longo do cuadrimestre, o alumnado deberá entregar dous.
Lecturas Propoñeranse varios textos de lectura posible. Deles, o alumnado, a título individual, deberá seleccionar un. No aula ofreceranse orientacións de carácter xeral, pero a lectura do texto (libro ou parte de libro) será tarefa do alumnado fóra do aula. Deberá asimilarse o contido do texto, poñéndoo en relación coa temática xeral da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
A avaliación da lectura poderá realizarse ou ben mediante unha proba escrita ou ben mediante a elaboración dun traballo escrito que o alumnado entregará ó docente.
Sesión maxistral Consistirá na exposición oral do profesor, co apoio de medios audiovisuais, co obxectivo de introducir nos núcleos históricos e conceptuais das unidades temáticas abordadas, establecendo ó mesmo tiempo as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.
Proba mixta Realizarase segundo data e hora previstas no calendario oficial de exames.

Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura/discusión nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados no aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Lecturas
Descrición
As dúbidas ou consultas que poida realizar o alumnado resolveranse mediante correo electrónico ou asistencia a titorías.

Admítese a dispensa académica. No caso de atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito persoalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia mediante unha porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calqueira caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A8 A9 B2 B7 B10 C1 C2 C3 A proba mixta constará dun fragmento a comentar (extraído dos textos analizados nas sesións de seminario), cuxa cualificación máxima será de 2 ptos., e dunha cuestión teórica a desenvolver (referida ós contidos abordados tanto nas sesiós maxistrais coma nas de seminario), cuxa cualificación máxima será tamén de 2 ptos.

Valorarase, no comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrución da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco más amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo, a claridad expresiva e a precisión no uso dos conceptos.

Respecto a la cuestión teórica, serán objeto de valoración: la cantidad y calidad de la información recogida en la respuesta; el enfoque global de la misma; el rigor conceptual y discursivo de la exposición; la claridad expresiva.
50
Seminario A1 A8 A9 A15 B2 B5 C1 C2 C3 C9 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumnado dos textos e a elaboración de 2 comentarios (sobre o total dos propostos, un por cada unidade temática), farase do xeito seguinte: dous tercios corresponderán á cualificación dos comentarios, cunha puntuación total máxima de 2 ptos. (1 pto. por cada un dos 2 comentarios) e o tercio restante valorará a asistencia e participación no aula (1 pto. de cualificación máxima). 30
Lecturas A1 A8 A9 A15 B2 B5 B7 B11 C1 C3 C9 A cualficación do texto de lectura poderá facerse de dúas maneiras: ou ben mediante unha breve proba escrita, que constará dun breve fragmento extraído do texto correspondente e unha cuestión de alcance xeral sobre o mesmo, ou ben mediante un traballo escrito que ofreza unha síntese e valoración do texto. En calquera de ámbolos dous casos, a cualificación máxima será de 2 ptos.

Valorarase o nivel de comprensión e síntese do texto leído, a conexión establecida entre o seu contido e o conxunto da materia, así como a claridade expresiva e conceptual, e a argumentación da valoración personal.
20
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumnado (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.):

a) PROBA MIXTA.- 5 ptos. de cualificación
máxima, dos que corresponderán 2.5 ó comentario e outros 2.5 á
resposta á cuestión teórica.

b) SEMINARIO.- 3 ptos. de cualificación
máxima, dos que corresponderán 2 ptos. ós 2 comentarios entregados (1
pto. por comentario) e 1 pto. á valoración da asistencia e particpación nas actividades do aula

c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación
máxima. Esa cualificación poderá resultar da valoración da proba escrita ou da do traballo escrito.









            

Na Segunda Oportunidad, mantéñense os criterios anteriores.

Admítese a dispensa académica. No caso de
atoparse alumnas o alumnos nesta situación, establecerase dun xeito
persoalizado a orientación da súa aprendizaxe na materia mediante unha
porcentaxe mínima de asistencia á aula e/ou asistencia a titoría. En calquer caso, os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

Farase un seguimento para evitar na entrega de traballos escritos
calquer clase de fraude académico.

No caso de falta grave por parte do alumno, aplicarase o contemplado no “Regulamento disciplinar do alumnado da UDC”, artigo 11, apartado 4 b.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Snell, Bruno (2007). El descubrimiento del espíritu: estudios sobre la génesis del pensamiento europeo en los griegos. Barcelona: Acantilado
Hazard, Paul (1991). El pensamiento europeo en el siglo XVIII. Madrid: Alianza
Kristeller, Paul Oskar (1993). El pensamiento renacentista y sus fuentes. Madrid: F.C.E.
Cruz, Manuel (2002). Filosofía contemporánea. Madrid: Taurus
Cassirer, Ernst (2013). Filosofía de la Ilustración. México: F.C.E.
De Crescenzo, Luciano (1997). Historia de la filosofía griega (2 vols.). Barcelona: Seix Barral
Gilson, Étienne (2014). La filosofía en la Edad Media. Madrid: Gredos
Garin, Eugenio (1984). La revolución cultural del Renacimiento. Barcelona: Crítica
De Libera, Alain (2000). Pensar en la Edad Media. Rubí (Barcelona): Anthropos

Bibliografía complementaria
WEBGRAFÍA

-      -          Exposición Mediterráneo (Obra Social La Caixa)

https://www.youtube.com/watch?v=RSdQZyaw7Nk

 

-          Roma, un imperio sin límites. Serie documental de Mary Beard

o   Capítulo 1: https://www.youtube.com/watch?v=XtjqriWGb8U

o   Capítulo 2: https://www.youtube.com/watch?v=aymdGLwAvOE

o   Capítulo 3: https://www.youtube.com/watch?v=sNTRyHXKzEM

o   Capítulo 4: https://www.youtube.com/watch?v=k3T7EbChmS8

 

·         Miniserie documental sobre una saga familiar que ejemplifica el mecenazgo artístico y el ascenso a la cumbre social: Los Medici: Padrinos del Renacimiento. 

o   https://www.youtube.com/watch?v=X-M76ZiokiQ

o   https://www.youtube.com/watch?v=OWG_ZSVeVbg

o   https://www.youtube.com/watch?v=UiorSyoC4po

o   https://www.youtube.com/watch?v=6TBYtYkA6q4

 

 

·         Documentales sobre el Barroco, producidos por la BBC en 3 capítulos y presentados por Waldemar Januszczak

o   http://www.documaniatv.com/arte-y-cine/el-barroco-1-italia-video_adbecece3.html

o   http://www.documaniatv.com/arte-y-cine/el-barroco-2-espana-y-los-paises-bajos-video_dc53cd77d.html

o   http://www.documaniatv.com/arte-y-cine/el-barroco-3-inglaterra-video_26f9e0dc4.html

·         Documental : Héroes de la Ilustración

o   https://www.youtube.com/watch?v=n5fBoACjdCA

o   https://www.youtube.com/watch?v=Zo-NtVgWrsE

·         Conversaciones de expertos sobre “cuestiones palpitantes” dentro del programa cultural de la Fundación Juan March

o   https://www.march.es/formats/1002/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías