Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar, comprender e aplicar criterios de sustentabilidade en todas as áreas da cadea de valor da industria da moda e as súas empresas para a toma de decisións estratéxicas e operativas.
Extender a sustentabilidade cara a unha aplicación de responsabilidade social en todos os ámbitos da compañía, así como nas súas relacións cos grupos de interese. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Comprender a importancia da xestión da cadea de valor como elemento estratéxico das empresas da industria da moda e a súa relevancia para as áreas de negocio.
Comprender a importancia da sustentabilidade como enfoque para xerar valor económico, social e ambiental que contribúa ao benestar a longo prazo da sociedade. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I. XESTIÓN DA CADEA DE VALOR DA INDUSTRIA DA MODA. |
01. Cadea de valor: concepto, elementos e xestión estratéxica.
02. Cadea de valor da industria da moda e as súas empresas.
03. Xestión da cadea de valor e sustentabilidade. |
PARTE II. O MODELO DE MODA CIRCULAR. |
04. Moda circular: materiais, procesos, sistemas e produción.
05. Moda circular: deseño circular e pensamento no deseño.
06. Moda circular: comunicación, mercadotecnia e valores.
07. Moda circular: mercados e persoas de consumo sostible. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 C2 C4 |
3 |
0 |
3 |
Lecturas |
A1 A2 A16 A17 B5 B9 C2 C5 C8 |
5 |
0 |
5 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
2 |
25 |
27 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
25 |
45 |
70 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
15 |
20 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación. |
Lecturas |
Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas. |
Proba de resposta múltiple |
Proba individual ou proba de elección múltiple. Cada resposta incorrecta diminuirá a puntuación da proba. |
Sesión maxistral |
Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais, normalmente coa axuda de medios audiovisuais. As diapositivas utilizadas poranse a disposicón dos estudantes. O profesor supervisará a asistencia á sesión. A asistencia regular é unha obriga no procedemento de avaliación. |
Presentación oral |
Nas sesións interactivas, os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. Os proxectos serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. Só se calificará aos membros dos equipos que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula na data e hora asignadas.
Controlarase aleatoriamente a asistencia presencial individual ás sesións interactivas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Presentación oral |
|
Descrición |
Os estudantes poderán facer calquera pregunta mentres traballan nos estudos de caso ou nas lecturas que deben presentar. Tamén poden facer preguntas sobre temas explicados na clase. O profesor ten asignada dispoñibilidade para realizar tutorías.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
ASISTENCIA: 10% da nota final.
A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada). |
10 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.
Test ou proba de elección individual. Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final. |
50 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo.
O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados.
Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria.
Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula.
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación 1a Oportunidade.
Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.
Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.
O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.
En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.
PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Fletcher, K. and Grose, L. (2012): “Fashion and Sustainability: Design for Change”, Laurence King Publishing, London (UK).
Gardetti, M. A. and Torres, A. L. (2013): “Sustainability in Fashion and Textiles: Values, Design, Production and Consumption”, Greenleaf Publishing, Sheffield (UK).
|
Bibliografía complementaria
|
|
Burns, L. D. (2019): “Sustainability and Social Change in Fashion”, Fairchild Books, Bloomsbury Publishing Plc, London (UK).
Little, T. (2018): “The Future of Fashion: Understanding Sustainability in the Fashion Industry”, New Degree Press, Potomac (USA).
Black, S. (2013): “The Sustainable Fashion Handbook”, Thames & Hudson, London (UK). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 |
|
Materias que continúan o temario |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia se solicitarán en formato virtual e/o soporte informático (a entrega farase a través de moodle ou email, en formato dixital sin necesidad de imprimilos). En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos, as impresións serán dobre cara, utilizarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores e debderase ter enb conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado/profesorado con diversidade funcional. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |
|