Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Manexar as tics para comunicarse,buscar, analizar aspectos socioculturais en lingua francesa |
A1
|
B1 B2 B12
|
C7 C8
|
Ter a capacidade de comprender e expresar mensaxes e interactuar con calque falante de lingua francesa |
|
B1 B2 B6
|
C4
|
Comprender a realidade sociopolítica e cultural da francofonía |
A1 A2
|
B6 B7 B11 B14
|
C4 C7 C8
|
Planificar o estudo e aprendizaxe da lingua francesa manexando recursos diversos en autonomía e en grupos interdisciplinares, respetando a diferenza, a diversidade e o multiculturalismo. |
A1 A6
|
B2 B6 B7 B9 B14
|
C4 C7
|
Comprender a apreciar a importancia da lingua e a cultura da francofonía no mundo das relacións
internacionais e valorala de cara ao seu futuro profesional |
A2 A3
|
B1 B2 B6 B7 B9 B11
|
C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.Vivenda/aloxamento (procura e caracterización); facer unha reclamación; expresar o seu desacordo; ameazar, explicar un problema. |
1. Gramática: os pronomes complemento COD e COI (frases afirmativas e negativas); o condicional; adverbios; os posesivos; o comparativo e o superlativo.
Vocabulario: compra e alugamento; tipos de aloxamento; condicións e contratos de alugamento; mobiliario e partes da casa.
Fonética: sonidos vocálicos e diptongos |
2. Pedir información; anunciar unha chegada; dar detalles sobre unha estadía; articular un discurso. |
2. Gramática:a interrogación indirecta; o xerundivo; os indefinidos; expresións: "venir de, être sur le point de, être en train de"; expresión del tiempo con "quand"; alternancia imperfecto / pretérito perfecto composto.
Vocabulario: medios de transporte; o hotel; programa de traballo e de visita; a negociación; as relacións internacionais.
Fonética: sons vocálicos |
3. Vivir e traballar no estranxeiro. Dar unha opinión; expatriarse; dar información; aconsellar. |
3. Gramática: concordancia dos participios pasados; o verbo "vivir", os indefinidos (de cantidade); as subordinadas condicionais introducidas por" si" (1); a causa; subordinadas relativas ("qui", "que", "où").
Vocabulario: os documentos administrativos; a vida e o traballo no estranxeiro; a banca; as partes do corpo; as enfermidades e os problemas de saúde.
Fonética: sons nasais. |
4. Coller vacacións, falar do tempo; alugar un vehículo; vender/comprar; falar da talla, a materia, a forma, o prezo. |
4. Gramática: as subordinadas condicionais introducidas por "si" (2); as formas impersonais; o subxuntivo dos verbos "parler", "finir", "connaître", "être", "avoir", "aller" e "faire"; os pronomes interrogativos ("lequel, laquelle, lesquels, lesquelles").
Vocabulario: as vacacións, destinos turísticos; o alugamento dun vehículo; as tendas, roupa e accesorios; obxectos: materia, forma, cor.
Fonética: o son [s] |
5. Presentar un posto de traballo e funcións; describir aptitudes, esixencias, formación; facer unha entrevista de traballo (explicar a propia experiencia profesional, competencias, motivacións, mobilidade/dispoñibilidade). |
5.Gramática:o pluscuamperfecto; a nominalización; a obrigación co imperativo; as formas impersoais; os interrogativos compostos; os indicadores temporais; a concordancia do participio pasado con "avoir".
Vocabulario:facer un CV; a contratación.
Fonética: os sons [b] e [p]; o son [v] |
6. Falar da actualidade; dar a súa opinión; matizar; presentar un organigrama; conducir unha reunión; tomar a palabra para preguntar, interromper, dar o seu punto de vista, xustificar ou pedir unha explicación. |
6. Gramática:o estilo indirecto, o subxuntivo (2) (verbos introductorios); a voz pasiva; os pronomes tónicos; o subxuntivo (3) (verbos impersoais); o subxuntivo (4) con "bien que", "quoique", "pour que", "afin que".
Vocabulario: a prensa e os medios de comunicación; a estructura dunha institución, dun servizo; as reunións.
Fonética: os sons consonánticos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A2 A1 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
Simulación |
A2 A1 A3 B11 B14 B1 C7 C8 |
10 |
14 |
24 |
Glosario |
A2 A1 A3 A6 B2 B6 B7 B11 B14 B1 C4 C7 C8 |
6 |
10 |
16 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A1 A6 B9 C8 |
10 |
10 |
20 |
Proba oral |
A2 A3 B2 B6 B7 B9 B11 B1 C7 C8 |
10 |
10 |
20 |
Solución de problemas |
A2 A1 B2 B6 B11 B12 B14 B1 C7 C8 |
8 |
20 |
28 |
Sesión maxistral |
A2 A1 A3 A6 B2 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 |
5 |
17 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver. |
Simulación |
Tarefa na que os estudantes simulan situacións en francés para mellorar as súas competencias orais e
escritas en lingua francesa. |
Glosario |
Preparación de diferentes tarefas que se conservarán para retroalimentación en cartafol. |
Proba de resposta múltiple |
Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou
exercicios a resolver.
Avaliación. |
Proba oral |
Avaliación das capacidades comunicativas e de comprensión do estudantado en lingua francesa. |
Solución de problemas |
Actividades que plantexan ao estudantado unha busca que ha de resolver para acadar un resultado. |
Sesión maxistral |
Exposición e explicación dos contidos gramaticais, léxicos e culturais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Proba de resposta múltiple |
Proba oral |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Prácticas de laboratorio: Os estudantes han de responder a actividades formuladas aplicando competencias orais e escritas da materia.
Proba de resposta múltiple: Exame de preguntas obxectivas. Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen actividades, problemas ou exercicios a resolver.
Resolución de problemas: Os estudantes han de responder de maneira directa en base aos coñecementos que adquiriron da materia.
Sesión maxistral: Despois das exposicións de contidos ábrese debate para preguntas e respostas do
estudantado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 A1 B6 B7 B9 B11 B14 B1 C4 C7 C8 |
Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para
entregar.
Resolución de problemas: tarefas de comprensión ou expresión escrita ou oral a entregar. |
40 |
Simulación |
A2 A1 A3 B11 B14 B1 C7 C8 |
Simulacións que poñan en práctica as competencias de expresión
orais. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
A2 A1 A6 B9 C8 |
Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas
postas en práctica na aula. |
50 |
|
Observacións avaliación |
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,
cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o
caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade
de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
1. Na primeira oportunidade, os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación continua (con máis de 5 clases
sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste
na recollida de tarefas e actividades feitas na clase ou na casa a
entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (50 %
da nota final). Para avaliación continua será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT, Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017. A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro final o último día de clase (total: 50% da nota final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá alcanzarse cando menos unha media de 5 no conxunto dos dous controis para facer media coa nota das tarefas de clase que haberá de ser como mínimo un 4. Os alumnos que non aproben durante o curso poderán presentarse ao examen final en primeira convocatoria previsto pola Xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consitirá nunha proba con preguntas
obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua
extranxeira. Os alumnos que non superan a avaliación contínua durante o
curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao
exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade. 2. Avaliación da segunda oportunidade: De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade. A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
3. Na convocatoria extraordinaria de decembro
o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas
distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita e unha proba oral. Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP
de non terse presentado a
ningunha das probas de avaliación (escrita e oral).
5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal. A
realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das
actividades de avaliación continua implicará automaticamente a
cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente,
invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías
avaliables. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 7. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero.
Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade.
Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía Básica RIEHL, L; SOIGNET,
M.; AMIOT, M.-H., Objectif Diplomatie 1, 987-2-01-513535-9, Hachette,
2017 GRÉGOIRE, M.;
THIÉVENAZ, O., Grammaire progressive du français, CLE International, Bibliografía
Complementaria ABRY, D.; CHALARON, M.-L., Phonétique,
350 exercices, Hachette, 2011. Collectif, Bescherelle La conjugaison
pour tous, Hatier, 2012 FAFA, C.; LOISEAU, Y. ;
PETITMENGIN, V. Grammaire et conjugaison
du français A1 (470 exercices et corrigés), Didier, 2020. GLAUD, L. ; LANNIER, M. et
LOISEAU, Y. ; PETITMENGIN, V. Grammaire
et conjugaison du français A2 (470 exercices et corrigés),
Didier, 2020 MIQUEL, C., Vocabulaire
progressif du français, CLE International, BLANC, J; CARTIER,
J.-M.; LEDERLIN, P., Scénarios professionnels. Niveau 1, CLE
International, 1994 CLOOSE, E., Le
français du monde du travail, PUG, 2014 DANILO, M.;
PENFORNIS, J.-L., Le français de la communication professionnelle, CLE
International, 1993 FERRE, A.; GERRIER, N., Points
de vue : Culture, société, littérature, art, CIDEB/Black Cat
Publishing, 2014 LAMOUREUX, J., Les
combines du téléphone, PUG, 2009 LESOT, A., Bescherelle L'essentiel,
Hatier, 2013 PENFORNIS, J.-L., Vocabulaire
du français des affaires avec 200 exercices, CLE Internacional, 2004 ZOUARI, I., Petit dictionnaire du monde
francophone : tout ce qu'il faut savoir sur les 45 pays et territoires
francophones, L'Harmattan, 2015 Sites web TV5monde, www.tv5monde.com Le
point du fle, www.lepointdufle.net Alfabeto fonético internacional para el francés,https://easypronunciation.com/es/french-letters-pronunciation-ipa-chart#french_nasal_vowels Phonétique FLE, cours de prononciation,http://flenet.unileon.es/phon/indexphon.html |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Idioma Estranxeiro I: Francés/710G05049 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Idioma Estranxeiro III: Francés/710G05051 |
|
Observacións |
Recoméndase asistir a clase con regularidade e seguir a avaliación contínua, coas indicacións que se atopan no portal Moovi da materia. Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos
seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle
xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non
dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto.
Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos:
• Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos
acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento
progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa
progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e
sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de
actividades fóra do prazo establecido.
• Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas
carencias e dos seus avances.
• As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser
adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a
desenvolver.
|
|