Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Instalacións e Edificios Intelixentes e Sostibles Código 730547006d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende achegar ao alumno coñecementos sobre os diferentes sistemas empregados nos edificios para aumentar a súa eficiencia e facernos máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. Estudarase a aplicación dos sistemas domóticos para comprender como facer que as instalacións melloren a súa eficiencia.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar e saber deseñar sistemas de autoconsumo con enerxías renovables AM2
AM9
BM1
BM6
BM16
CM3
CM7
Analizar e saber deseñar sistemas de domótica de vivendas e edificios AM4
AM16
AM17
BM3
BM11
CM3
CM8
Analizar e saber aplicar os conceptos de edificio/instalación sostible AM4
AM9
BM6
BM18
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Edificios sostibles
Autoconsumo con enerxías renovables
Illamento térmico
Domótica e novas tecnoloxías
Arquitectura circular
Deseño biofílico
Técnicas e dispositivos emerxentes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A2 A9 A16 B1 B6 B16 B18 C3 C6 1 25 26
Solución de problemas A4 C8 18 23.5 41.5
Proba mixta A4 A17 B11 2 12 14
Lecturas A4 B3 B16 C7 10 20 30
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Realización dun traballo individual dun tema concreto da asignatura e posta en común en grupo para compartir coñecemento. Posteriormente os traballos uniranse nun común e presentarase en clase por grupos.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos no aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Proba mixta Consiste na realización dunha proba obxectiva de aproximadamente 3 horas de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.
Lecturas Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A9 A16 B1 B6 B16 B18 C3 C6 Realización dun traballo individual e en grupo, así como a súa exposición en clase 35
Solución de problemas A4 C8 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 5
Proba mixta A4 A17 B11 Exame tipo proba obxectiva 60
 
Observacións avaliación

No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluir aspectos tales coma a asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.

A "Proba mixta" dividirase nun test e unhas preguntas.

É necesario superar o 15% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar, así coma ter aprobados os trabajos recollidos dentro da metodoloxía de "Obradoiro".

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.

Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación farase de maneira similar á da primeira oportunidade.

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

No caso de que o alumno cometa unha falta na materia (segundo o Regulamento Disciplinario do Alumnado): o alumno cualificarase con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente, se a falta se comete se produce na primeira. oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente

Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

Para axudar a acadar un entorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen en esta materia:

- Solicitaránse en formato virtual e/ou en soporte informático.

- Realizarase a traverso de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  o Non se emplearán plásticos.

  o Realizaranse impresións a dobre cara.

  o Emplearase se papel reciclado.

  o Evitarase a impresión de borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Recomendacións sobre Igualdade de Xénero e respeto á diversidade

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Detectaránse situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías