Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o concepto do Internet Industrial das Cousas ( IIoT).
|
|
B7
|
C6
|
Elementos que o configuran, a súa interconexión e comunicación.
|
|
B7 B9
|
|
Entender a maneira en que poden implementar e axudar na optimización dos procesos e á mellora da eficiencia. |
|
B5 B7 B9
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. |
- Introdución
- Dispositivos de monitoraxe, control e comunicación
- Visualización. Plataformas in cloud
- Comunicación e datos
- Xestión de datos
- Automatización da xestión na industria intelixente |
Tema 1: Introdución
|
1.1.- IoT e IIoT
1.2.- Exemplos de aplicación |
Tema 2: Arquitecturas
|
2.1.- Elementos
2.2.- Tipos |
Tema 3: Dispositivos
|
3.1.- Tipos de dispositivos:
3.2.- Sensores e endpoints
3.3.- Actuadores
3.4.- Fuentes de enerxía
3.5.- Plataformas hardware |
Tema 4: Redes de comunicación
|
4.1.- Tipos de redes: WAN, LPWAN, WLAN, WPAN...
4.2.- Gateways
4.3.- Protocolos de comunicación: MQTT, HTTP... |
Tema 5: Procesamento da información |
5.1.- Edge / Fog Computing
5.2.- Cloud computing
5.3.- Data Analytics e Machine Learning
5.4.- Dixital Twins
5.5.- Plataformas software: AWS, Azure... |
Tema 6: Interfaces de usuario |
6.- Interfaces de usuario |
Tema 7: Seguridade
|
7.- Seguridade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
B7 |
2.5 |
4.5 |
7 |
Sesión maxistral |
B7 B9 C4 C6 |
21 |
27.3 |
48.3 |
Solución de problemas |
B5 B7 B9 |
21 |
35.7 |
56.7 |
Traballos tutelados |
B5 B7 B9 C4 C6 |
0 |
36 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita coa finalidade de comprobar o afianzamento dos conceptos teóricos máis importantes vistos na materia. |
Sesión maxistral |
Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico. |
Solución de problemas |
Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos programas / sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación. Durante a súa realización, o alumno poderá expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. |
Traballos tutelados |
Realización dun ou varios traballos ao longo do cuadrimestre, de forma autónoma e titorizados polos profesores, que implicarán levar á práctica os conceptos vistos nas sesións maxistrais. Polo menos o traballo final será realizado en grupo e os alumnos entregarán, en soporte informático, unha memoria e terán que realizar tamén unha presentación ante o profesor e os seus compañeiros de clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Solución de problemas: a atención personalizada nas clases prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización, modulando o tempo de atención a cada alumno en función das súas necesidades individuais.
Traballos tutelados: a atención personalizada nos traballos consistirá en titorías intermedias, durante o prazo habilitado para a súa realización, que se centrarán na revisión do traballo realizado ata ese momento, suxerindo cambios e aclarando dúbidas.
Consideracións para os alumnos con matrícula a tempo parcial: acordarase con cada un deles unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores compatible coa dispoñibilidade horaria do profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
B7 |
Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos / proyectos tutelados.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PM: nota obtida nesta proba. |
30 |
Traballos tutelados |
B5 B7 B9 C4 C6 |
Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): - Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
- Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma: - NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT
Notas sobre as actividades: - No caso dos alumnos matriculados a tempo parcial, ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. Igualmente cos alumnos que se presenten na convocatoria de decembro. Por iso, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba mixta que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, as notas obtidas durante o curso nos traballos tutelados gárdanse para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILOS.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Veneri, G., & Capasso, A. (2018). Hands-On Industrial Internet of Things. Packt Publishing Ltd.
Dow, C. (2018). Internet of Things Programming Projects. Packt Publishing Ltd. |
|
Bibliografía complementaria
|
Ravulavaru, A. (2018). Enterprise Internet of Things Handbook. Packt Publishing Ltd.
Lea, P. (2018). Internet of Things for Architects. Packt Publishing Ltd. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
3. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores. |
|