Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar os sistemas de procura e recuperación da información científica en ciencias da saúde. |
A10
|
B1 B2 B3 B4 B9 B11 B17 B19 B21
|
C2 C3 C6 C7 C8
|
Identificar a estructura e tipoloxía dos traballos científicos nos seus diferentes soportes |
A10
|
B3 B4 B8 B9 B11 B21
|
C6 C8 C10 C11
|
Describir a estrutura, localización e finalidade das guías de práctica clínica |
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9 B13 B17 B21
|
C2 C6 C7 C8 C10 C11
|
Identificar as Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas a Ciencias da Saúde |
A10
|
B1 B19
|
C3
|
Describir los sistemas de información clínica |
A10
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B13 B19 B21
|
C3 C6 C7 C8 C10 C11
|
Emplear os sistemas de información na área da enfermaría |
A10
|
B1 B2 B9 B11 B13 B19
|
C3 C6 C10 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAUDE:
|
BLOQUE I. FONTES DE INFORMACIÓN
1.- INTRODUCCIÓN
2.- AS REVISTAS CIENTÍFICAS
2.1.-Tipoloxía de artigos científicos
2.2.-Ética na publicación científica
2.3.- Avaliación e calidade de publicación científica
3.- LITERATURA GRIS
BLOQUE II: RECUPERACIÓN DE INFORMACIÓN CIENTÍFICA
4.- LOCALIZACIÓN DE LIBROS:OS CATÁLOGOS
5.- RECUPERACIÓN DE ARTÍGOS: BASES DE DATOS BIBLIOGRÁFICAS
5.1.-Formular a pregunta de estudio
5.2.- Definir a estratexia de búsca
5.3.- Identificación e manexo das principais bases de datos en ciencias da saúde
|
MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DA SAÚDE: |
Conceptos fundamentais na Tecnoloxía da Información e as Comunicacións
Redes telemáticas en Ciencias da Saúde. Teleasistencia e Telecuidados en enfermería
Bases de datos clínicas. Sistemas de Historia Clínica Electrónica
Sistemas de Información en Ciencias da Saúde
Avaliación de Sistemas Informáticos Sanitarios. Estándares en informática clínica
Seguridade en Sistemas Informáticos e Redes telemáticas en Ciencias da Saúde. Sistemas de cifrado e firma electrónica.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B21 C7 C8 |
21 |
52.5 |
73.5 |
Obradoiro |
A10 B21 B19 B17 B13 B11 B9 B8 B4 B3 B2 B1 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
21 |
50.4 |
71.4 |
Proba obxectiva |
B2 B3 B8 B9 C6 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1.1 |
0 |
1.1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada co uso dos medios audiovisuais necesarios. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas: exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, deseño de proxectos, probas de coñecementos, etc |
Proba obxectiva |
Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Refírese ao traballo presencial do alumno e o profesor implicando a súa participación.
A programación realizarase adecuándoa a cada actividade. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
B2 B3 B8 B9 C6 |
Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
33 |
Obradoiro |
A10 B21 B19 B17 B13 B11 B9 B8 B4 B3 B2 B1 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 |
Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías.
|
67 |
|
Observacións avaliación |
CONSIDERACIONS XERAIS - DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica nesta materia.
- MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula
deberán cumprir os seguintes requisitos:
a.-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación
final da materia. b.-Obter al menos un 9 sobre 10 en TICS e un 9 sobre 10 en Documentación.
c.-Remitir as actividades de avaliación continua, que
se expoñan na materia.
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos
profesores da materia.
- OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA examinarase por escrito a
través dun único exame que se corresponderá coas
datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
- SUMA DE PORCENTAXES: Cando o alumno non supere de maneira independente un dos módulos, supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta.
- O feito de non presentarse a alguna das probas de avaliación dalgún módulo, implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
- FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:
Actuaráse segundo o establecido no Artigo 14, apartado III-Avaliacións, das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestado Universitario
1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores
responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade
ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non
permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros,
a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á
expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta
cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con
instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente
autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de
expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao
centro. 3.-A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de
suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.
E de acordo os establecido no Artigo 11, apartado 4, b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
ESTRUTURA DA MATERIA A materia está dividida en dous módulos, claramente diferenciados. MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAÚDE* (65% da cualificación final): A avaliación (sobre un 100%) repartirase da seguinte forma - 50% (Probas obxetivas)
- 50% (Traballos Tutelados)
Para poder aprobar esta parte da materia será requisito indispensable
cumprir coas seguintes premisas: - Realizar, tanto na primeira como na segunda oportunidade, o 100% de
cada unha das metodoloxías establecidas: proba de ensaio e traballos
tutelados. - Lograr polo menos, a metade da puntuación establecida como máxima, en
cada unha das metodoloxías que computan na avaliación: proba de
ensaio e traballos tutelados.
*Aqueles alumnos que no superen a convocatoria de xuño, só deberán
examinarse das partes no superadas na convocatoria de xullo.
- PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A
avaliación deste módulo, é a establecida para todos os alumnos.
- SEGUNDA
OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que para
a primeira oportunidade.
- MATRICULA PARCIAL/DISPENSA
ACADÉMICA: A avaliación dos alumnos que cumpran esta situación é a mesma
que a establecida para todos os alumnos.
MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DÁ SAUDE (35% da cualificación final): O 35% da nota final da materia, asignada a este módulo, ditribuirase do seguinte modo: Presentación dun proxecto (20%) Avaliación Continua (15%) - PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación que
aparece reflectida, asociada a este módulo, é a PROGRAMADA para todos os alumnos con
MATRÍCULA COMÚN, que se presenten á primeira oportunidade.
- SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que
se estableceron para a primeira oportunidade.
- MATRICULA PARCIAL/DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Os alumnos con MATRICULA PARCIAL e os alumnos con DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA, deberán comunícar a súa condición aos profesores da materia, durante as dúas primeiras semanas de clase, especificando se desexan facer uso da súa condición. Os
alumnos que finalmente se acollan a esta opción, deberán examinarse por escrito do contido do módulo, tanto en en primeira como en segunda oportunidade, nun único exame, que se corresponderá
coas datas oficiais aprobadas en Xunta
de Facultade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía necesaria, será ofrecida coa impartición de cada un dos modulos correspondentes |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo fin de grao/750G01033 |
|
Observacións |
Recomendacións para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co
obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia
realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos 2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais 3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |
|