Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, os métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B16 B19 B21 B24
|
C3 C4 C6 C8 C10 C11 C12
|
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde, e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapeuticos |
A34 A35
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B15 B16
|
C1 C3 C6 C11
|
Identificar os diagnósticos de enfermermaría e complicacións potenciais en personas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C6 C8 C11
|
Planificar coidados de enfermaría en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B21 B24
|
C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11
|
Identificar os procesos patolóxicos que desencadenan riscos vitais |
A15 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9
|
C1 C3 C11
|
Identificar as necesidades de coidados das persoas adultas en situación crítica e as súas familias e planificar coidados de enfermaría para as persoas adultas en situación crítica e as familias |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 B13 B14 B16 B21
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO |
COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO |
TEMA 1: Características das Unidades de Coidados Intensivos.
|
1.1: Definición. Clasificación dos niveis asistenciais hospitalarios
1.2: Organización, xestión, recursos e estrutura física
1.3: Seguridade e calidade
1.4: Dereitos e garantías do paciente
1.5: Proxectos Zero
|
TEMA 2: Procedimientos especiais: monitoraxe e rexistros |
2.1: Monitoraxe. Tipos, obxectivos.
2.2: Rexistros
|
TEMA 3:Shock |
3.1: Concepto e fases
3.2: Como detectar un shock? Clínica e diagnóstico etiolóxico
3.3: Clases de shock
3.4: Monitoraxe no shock.
3.4: Manexo terapéutico
3.5: Papel da enfermaría
|
TEMA 4: Traumatismos Torácicos |
4.1: Valoración clínica
4.2: Clasificación do TT
4.3: Complicacións e secuelas
4.4: Probas de imaxe e tratamento quirurxico
4.5: Oxigenoterapia. Drenaxe pleural
4.6: Incentivadores
4.7: Gasometrías arteriais
4.8: Ventilación mecánica
4.9: Vía aérea difícil
|
TEMA 5: Traumatismos Abdominais |
5.1: Clasificación do TA
5.2: Fisiopatoloxía do TA
5.3: Valoración do doente con TA
5.4: Probas específicas abdominais
5.5: Manexo do paciente con TA
5.6: Laparotomía
5.7: Presión intra-abdominal
5.8: Manexo da dor abdominal
|
TEMA 6:Traumatismos Cranioencefálicos |
6.1: Clasificación do TCE
6.2: Avaliación e reanimación do TCE grave
6.3: Protocolo terapéutico
6.4: Monitoraxe e tratamento
6.5: Profilaxe e apoio nutricional no doente con TCE
|
TEMA 7: Intoxicacións Agudas |
7.1: Definición de intoxicación
7.2: Clasificación de tóxicos
7.3: Causas de intoxicación
7.4: Avaliación das Intoxicacións agudas
7.5: Tratamento das Intoxicacións agudas
7.6: Triaxe. Triaxe no servicio de Urxencias e triaxe extrahospitalario
|
TEMA 8: O gran queimado |
8.1: Definicións
8.2: Fisiopatoloxía
8.3: Clasificación das queimaduras
8.4: Manexo do queimado
8.5: Tratamento xeral e específico
8.6: Tratamento das lesións por queimadura
|
MÓDULO II: ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS |
ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS |
TEMA 9: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Neurolóxicas |
9.1: Observación e valoración do paciente con alteracións do sistema nervioso.
9.2: Técnicas diagnósticas en Neurología
9.3: Epilepsia
9.4: Accidente cerebro-vascular agudo (ACVA)
9.5: Meninxite
9.6: Tumores cerebrais
9.7: Enfermidades da medula espinal. Hernia de disco
9.8. Esclerose múltiple
9.9. Enfermidade de Párkinson
9.7: Enfermidades da medula espinal. Hernia de disco
|
TEMA 10: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Cardíacas |
10.1: Insuficiencia coronaria
10.2: Insuficiencia cardíaca.
10.3: Endocardite infecciosa.
10.4: Enfermidades do pericardio
10.5: Tromboembolismo pulmonar
10.6: Trastornos do ritmo cardíaco relacionados con PCR
10.7: Atención de enfermería no manexo dos pacientes con alteracións cardíacas |
TEMA 11: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Hematolóxicas |
11.1: Métodos diagnósticos
11.2: Anemias
11.3: Leucemias.
11.4: Linfomas.
11.5: Aplasia medular.
11.6.Trastornos da hemostasia
11.7. Atención de enfermería no manexo dos reservorios subcutáneos.
11.7. Atención de enfermería no manexo dos reservorios subcutáneos.
11.8. Hemoderivados, tipos e manexo.
|
TEMA 12: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Inmunolóxicas |
12.1: Autoinmunidad e enfermidades autoinmunes
12.2: Síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Infección VIH/SIDA
12.3: Transplante de órganos e tecidos
12.4: Enfermidades autoinmunes: Lupus eritematoso. Artrite reumatoide
12.5: Atención de enfermería no manexo dos pacientes con alteracións inmunolóxicas
|
TEMA 13: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Oftalmolóxicas |
13.1: Anatomía do Aparello Ocular
13.2: Métodos diagnósticos. Exame e valoración física. Probas diagnósticas
13.3: Principais alteracións das pálpebras
13.4: Principais alteracións das vías lagrimales
13.5: Principais alteracións da conjuntiva: Conjuntivitis
13.6: Principais alteracións da córnea: Queratitis. Traumatismos. Queratoplastia.
13.7: Principais alteracións do cristalino: Cataratas
13.8: Principais alteracións da cámara anterior do ollo. Glaucoma: Tipos, etiología, manifestacións clínicas, tratamento.
13.9: Principais alteracións da mácula: MAE, DMAE
13.10: Principais alteracións da retina: Desprendemento de retina. Retinopatía diabética.
13.11: Traumatismos oculares
13.12: Atención de enfermería nas patoloxías oftalmolóxicas
|
TEMA 14: Atención de enfermaría a doentes con alteracións da pel |
14.1: Recordo anatomo-fisiolóxico
14.2: Alteracións dérmicas: dermatite
14.3: Úlceras por presión
14.4: Tumoraciones
14.3: Alteracións inflamatorias e infecciosas da pel
14.4: Úlceras por presión. Prevención e coidados de enfermería.
14.5: Tumoracións.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B7 B8 B12 B14 B15 B16 B19 B24 C4 C7 C10 C11 |
32 |
32 |
64 |
Seminario |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
31 |
31 |
62 |
Estudo de casos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B16 B21 B24 C1 C6 C7 C10 C11 C12 |
0 |
10 |
10 |
Lecturas |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 |
8 |
11 |
19 |
Proba obxectiva |
A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 |
3 |
12 |
15 |
Proba de resposta múltiple |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 |
2 |
49 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral con apoio audiovisual na que, a partir dunha base anatomo-fisiolóxica, desenvolveranse os temas que comprende a materia, co fin de transmitir coñecementos acerca das principais alteracións de saúde no adulto e facilitar no alumno unha base teórica que contribúa á toma de decisións, priorización de problemas, e á planificación do seu traballo |
Seminario |
Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa.
Poderanse realizar nos seminarios escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo
|
Estudo de casos |
Actividade na que, unha vez adquiridos os coñecementos necesarios e facilitada documentación complementaria que contribúa á formación, exponse casos clínicos (situacións reais da actividade profesional) para que o alumno trate de analizar a situación, comprendela, e expoña as accións que considere para resolver o problema.
Este traballo exporase de forma individual ou en pequenos grupos, coa finalidade de desenvolver tanto capacidades autónomas como interpersoais dentro dun equipo.
|
Lecturas |
Conxunto de textos, artigos científicos, guías de práctica clínica, que se seleccionan tanto para que o alumno desenvolver capacidade de análise como para complementar os coñecementos adquiridos.
Mediante estas lecturas, téntase que o alumno se afaga á procura de información a partir das bases de datos e que se conciencie da importancia da formación continuada e da investigación para o desenvolvemento das súas funcións.
|
Proba obxectiva |
Tratarase dunha "proba do coñecemento dos temas" a través de metodoloxía online na aula co fin de facer avaliación contínua.
|
Proba de resposta múltiple |
Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva de carácter evaluativo que integra preguntas de resposta múltiple referidas aos contidos desenvolvidos a través das distintas metodoloxías durante o curso.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Proba de resposta múltiple |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada para as metodoloxías consistirá no seguimento por parte do profesor do proceso de aprendizaxe do alumnado para cada caso clínico ou lectura proposto, de tal forma que este tempo contribúa a orientar e a apoiar os avances por parte do alumno. Esta atención farase telemáticamente a través do Campus Virtual ou Teams de forma individual ou en pequeno grupo, mediante a supervisión dos arquivos que proporcionen os alumnos ante o requirimento do profesor sobre o tema que se estea a tratar.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o Réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na UDC” (Arts 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa participación nas dinámicas propostas para a materia descritas para os Estudos de Casos e as Lecturas, tendo en conta a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO
• CAMPUS VIRTUAL para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
• TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite.
• TUTORÍAS PRESENCIAIS nos despachos correspondentes da Facultade de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol, nos horarios marcados para as tutorías presenciais, previa solicitude ó docente
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B16 B21 B24 C1 C6 C7 C10 C11 C12 |
Nos estudos de casos exporanse aos alumnos casos clínicos
prácticos relacionados cos temas da materia, mediante sistema de pregunta-resposta curta, proporcionando no caso de que sexa necesaria documentación ou outro material para facilitar o seu enchemento e ampliar os coñecementos.
Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral dos temas desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas durante o proceso de reflexión no traballo en grupo no caso de que os casos cínicos non se resolvan de forma individual.
Os Casos Clínicos exporanse a través d o Campus Virtual e e o alumno terá que facer entrega a través da mesma plataforma, e dentro do prazo sinalado, e seguindo as “Normas de presentación de Casos Clínicos e Lecturas” e a “Guía para la presentación de trabajos académicos” para a resolución do caso exposto.
A entrega dos estudos de casos é obrigatoria. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados
As actividades relacionadas cos estudos de casos son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia, conformándose así unha avaliación contínua da aprendizaxe. Ao longo do curso, realizaranse un total de 2 estudos de casos, nas datas establecidas no cronograma da materia.
Para a superación da materia é necesaria a entrega do 100% dos estudos, e acadar una nota mínima de 5 puntos en cada un deles. Os traballos non entregados puntuaranse como “0” puntos á hora de facer o cálculo da nota dos estudos. No caso de non presentar o 100% dos casos, este apartado computará como 0 puntos no cálculo da puntuación da materia, sen posibilidade de superación da mesma, e terá que presentarse en 2ª oportunidade.
Cada estudo de casos ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerán o 15% da cualificación final
|
15 |
Proba de resposta múltiple |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 |
Realizaranse dúas probas escritas (parciais) cada unha nun tempo de 30 minutos:
- 1ª proba escrita: coincidindo dúas semanas despois de finalizar o Módulo I (Atención de Enfermaría a persoas en Estado Crítico).
- 2ª proba escrita: dúas semanas despois de finalizar o Módulo II
A proba final realizarase coincidindo coa data oficial publicada na páxina web da Facultade.
As dúas probas constarán de 30 preguntas por módulo tipo test (4 alternativas de resposta, cunha soa resposta válida) e realizaranse de forma presencial a través do Campus Virtual. Os contidos que se avaliarán nestas dúas probas serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas científicas.
As dúas probas escritas, en caso de ser superadas, liberan materia ata a convocatoria de XULLO dese curso académico. Se na convocatoria de Xullo o alumno non logrou superar as 2 probas escritas, deberá examinarse da materia completa na seguinte convocatoria.
Cada proba posúe un valor de 10 puntos e para superalo o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas.
A nota final da proba de resposta múltiple calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida nas dúas probas escritas a condición de que en ambas as probas obtéñase a cualificación mínima esixida (unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10).
Estas probas supoñerán o 40% da cualificación final.
Fórmula para o cálculo da puntuación:
Puntuación = nº de acertos - nº erros/4.
|
40 |
Proba obxectiva |
A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 |
Probas de coñecemento dos temas: Realizarase 1 proba por tema tipo Test de 10 preguntas con 4 opcións de resposta a través do Campus Virtual relacionada con coñecementos dos temas. Cada proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos, e para a superación da material será necesaria a entrega do 100% das probas propostas. Se non se supera cun 5 o 100% das probas de coñecemento dos temas, a nota deste apartado será de 0 puntos e impedirá a superación da materia.
Supoñerá o 30% da cualificación final. No caso de non alcanzar o 5 nalgunha das probas darase outra oportunidade unha semana despois cunha nota máxima de 5 puntos.
|
30 |
Lecturas |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 |
Nas actividades de Lectura proporcionaranse aos alumnos Artigos Científicos relacionados cos temas expostos nas Clases Maxistrais ou Seminarios, de tal forma que o alumno terá que facer unha lectura crítica dos mesmos.
Do mesmo xeito que nos Estudos de Casos, valorarase o nivel de conceptos adquirido polo alumno, a claridade de ideas e a capacidade do alumno para chegar a expresar un criterio propio sobre o texto proposto, tentando que este se base na mellor Evidencia Científica que exista sobre o tema desenvolvido.
Realizaranse un total de 2 lecturas ao longo do curso.
A entrega das lecturas é de carácter obrigatorio, e non se poderán recuperar ou substituír por outras actividades. Teñen un carácter sumativo. Poderanse substituír as lecturas por outro tipo de traballo.
Cada actividade de lectura ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerá o 15% da cualificación final
|
15 |
|
Observacións avaliación |
Tanto os estudos de casos como as lecturas ou outros traballos solicitados cuxa nota sexa menor de 5 poderán ser presentados de novo para poder superalos. Para iso terán como límite 10 días desde que sexa comunicada a nota. Neste caso a nota máxima a conseguir será de 5 puntos sobre 10. Sendo unha materia de carácter obrigatorio, será necesaria a asistencia ás sesións maxistrais e seminarios (virtuais ou presenciais) e a entrega do 100% dos estudos de casos e lecturas e das probas de avaliación dos temas para a superación da materia. En caso de que o alumno non chegue a ditas porcentaxes, a puntuación destes apartados será de 0 puntos. No caso de no poder acudir a unha sesión maxistral ou virtual @ alumn@ terá que certifica-la súa ausencia e se a causa que a produce pode anticiparse, notíficalo tamén con antelación. Non Presentado : no acta de cualificacións figurará como Non presentado (N.P.) aquel alumno que non se presente á proba escrita final. Matrícula de honra : será outorgada automaticamente aos 3 alumnos que alcancen a maior cualificación, sempre que esta sexa igual ou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións Oportunidade adiantada : será condición necesaria para superar a materia: · Superar unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba constará de 30 preguntas por módulo tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Será necesaria unha puntuación =5 puntos para a superación da proba. Supoñerá o 40% da nota final. · A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación máxima de 10 puntos. Supoñerá o 60% da nota final. · Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (puntuación de 5 na proba escrita e no traballo presentado). Os 5 restantes son sumativos pero non son obrigatorios. · Fórmula para o cálculo da puntuación:Puntuación = nº de acertos – nº erros/4.As respostas non contestadas non puntúan Alumnos con matrícula a tempo parcial sen exención de asistencia : · Realizaranse as mesmas probas de resposta múltiple, estudios de casos, lecturas e probas de coñecemento dos temas que para o resto dos alumnos. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas. Os exames faranse ó finalizar cada módulo. Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en cada unha das partes. En caso de non superalo o alumno poderá repetir esta proba na convocatoria de Xuño ou Xullo. Achegará o 40% da puntuación total da materia. · Fórmula para o cálculo da puntuación:Puntuación = nº de acertos – nº erros/4.As respostas non contestadas non puntúan · Ao longo do curso, os alumnos deberán presentar os estudos de casos e lecturas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle. Cada estudo de caso terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 15% do total da nota final. Cada lectura terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 15% do total da nota final. Alumnos conexención de asistencia . Realizarán: · 2 probas de resposta múltiple presenciais, unha por módulo. Cada proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas. O primeiro exame parcial realizarase ao finalizar o módulo 1. Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. A puntuación máxima de cada proba será de 10 puntos. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. Supoñerán o 40% da nota final. · Un traballo en formato monografía sobre un tema relacionado co programa da materia, e a defensa do mesmo será oral (a data da entrega do traballo e a defensa oral publicarase no Campus Virtual de forma presencial. O traballo posúe un valor de 10 puntos e supoñerá o 30% da nota final. Este traballo virá substituír as probas de coñecemento, os estudos de casos e as lecturas traballados durante o curso. O traballo terá que alcanzar unha calificación igual o superior a 5 sobre 10. O traballo entregarase unha semana antes da data da proba de resposta múltiple a través do Campus Virtual proposta polas docentes da materia. Os alumnos deben entregar os casos clínicos e as lecturas propostas como o resto dos alumnos. Os casos suporán un 15% e as lecturas outro 15% do total da materia. Segunda oportunidade : Os alumnos que na 1ª oportunidade non superasen algunha das partes da avaliación (Probasde resposta múltiple/ Casos clínicos e lecturas/ Probas de coñecemento dos temas), teranse que presentar en 2ª oportunidade da parte non superada. No caso de que as partes non superadas sexan os casos clínicos e lecturas, a puntuación máxima destes será de 5 puntos, e será necesaria a presentación do 100% dos casos e lecturas. En caso de que a presentación sexa inferior o 100%, non se poderá superar a asignatura, e este apartado computará como “0” puntos para o cálculo da nota da asignatura.Sistema de calificaciones:- O sistema de calificacións expresarase mediante calificación numérica dacordo co establecido no artigo 5 do RD 1125 2003 do 5 de setembro (BOE 18 setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de caracter oficial y validez en todo o territorio nacional.-0-4.9: suspenso-5-6.9: aprobado7-8.9: notable-9-10: sobresaínte-9-10: matrícula de honor (graciable).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). .
BULECHEK GLORIA M, BUTCHER HOWARD K, DOCHTERMAN JOANNE M, WAGNER CHERYL M (2014). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MERIDEAN LM, SWANSON E (2014). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). . Barcelona: Elsevier
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier
LINDNER U, DUBIN D. (2005). Introducción a la electrocardiografía: Método autodidacta de interpretación de ECG. . Barcelona: Masson
FARRERAS / ROZMAN (2004). Medicina Interna. (2 vol.). Madrid: Elsevier
(2013). NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
|
González de Molina FJ, Gordo F,
Estella A, Morrondo P, Fernández JF, Caballero J, et al. Recomendaciones de “no
hacer” en el tratamiento de los pacientes críticos de los grupos de trabajo de
la Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias
(SEMICYUC). Med Intensiva. 1 de octubre de 2018;42(7):425-43.
Guía de Práctica Clínica sobre
Terapia Intravenosa con Dispositivos no Permanentes en Adultos. Grupo de
trabajo de la Guía de Práctica Clínica sobre Terapia Intravenosa con
Dispositivos no Permanentes en Adultos Versión resumida. Ministerio de Sanidad,
Servicios Sociales e Igualdad. Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias
de Andalucía; 2014. 118 p. (Guías de Práctica Clínica en el SNS).
Mitchell T, Ellison K, Willis
S. Uso de monitorización del índice biespectral para medir la profundidad de la
sedación/analgesia. Nursing. 1 de noviembre de 2016;33(6):38-41.
Muñana JE, Ramírez A. Escala de
coma de Glasgow: origen, análisis y uso apropiado. Enfermería Universitaria. 1
de enero de 2014;11(1):24-35.
Rojas JM, Fernández GB, Guerra
DL. Cirugía de control de daños. Emergencias: Revista de la Sociedad Española
de Medicina de Urgencias y Emergencias. 2012;24(3 (Junio)):219-24.
Torredà M, Cordón A, Caravaca
A, Pastor I. Evaluation of sadatio using the Richmond Agitation Sedation Scale
in pacientes with prolonged mechanical ventilation. SEMICYUC. 1 de julio de
2015;38:53-8.
Vera O. Sepsis y shock séptico. Cuadernos Hospital
de Clínicas. 2019; 60(ESPECIAL): 61-71.
Palencia E, Borrallo J, Pardo
C. Intubación del enfermo crítico. Med Intensiva. Febrero de 2008;32(S1):3-11.
1.
Perkins GD, Graesner JT,
Semeraro F, Olasveengen T, Soar J, Lott C, et al. European Resuscitation
Council Guidelines 2021 Resumen ejecutivo. 2021; Disponible en: https://semicyuc.org/wp-content/uploads/2021/09/RCP-Guias-ERC-2021-01-Resumen-Traduccion-oficial-CERCP.pdf
Brieva P, Carmona J, Chaban S,
El Amrani A, González A, Martínez B, et al. Guía de manejo Rápido en las
Emergencias Extrahospitalarias [Internet]. Instituto Nacional de Gestión
Sanitaria Subdirección General de Gestión Económica y Recursos Humanos Servicio
de Recursos Documentales y Apoyo Institucional; 2014. Disponible en: https://ingesa.sanidad.gob.es/en/bibliotecaPublicaciones/publicaciones/internet/docs/Guia_urgencias_extrahosp.pdf
Gómez Martínez V, Ayuso
Baptista F, Jiménez Moral G, Chacón Manzano MC. Recomendaciones de buena
práctica clínica: atención inicial al paciente politraumatizado. SEMERGEN. 1 de
agosto de 2008;34(7):354-63. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Bioloxía/750G01002 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 | Fisioloxía I/750G01005 | Coidados Básicos en Enfermaría/750G01006 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 | Nutrición/750G01009 | Fisioloxía II/750G01010 | Farmacoloxía/750G01011 | Situacións de risco para a saúde e radioloxía/750G01013 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Fisioloxía/750G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/750G01021 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Practicum/750G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/750G01028 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - "Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. PLAGIO: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". |
|