ASPECTOS A TER EN CONTA NA AVALIACIÓN:
As actividades deseñadas ao longo do proceso de aprendizaxe e a resolución de exercicios de autoavaliación, establécense como mecanismos de avaliación continua, polo que non son de carácter obrigatorio.
No caso de que o estudante non as realice, non obterá a porcentaxe correspondente e por tanto non se sumará ás das outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Supón o 25% da nota final da materia (máximo 2,5 puntos)
Esta metodoloxía establécese como mecanismo de avaliación continua, polo que non é de carácter obrigatorio.
No caso de que o estudante non a realice, non obterá a porcentaxe correspondente para sumar ás outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Supón o 10% da nota final da materia (máximo 1 punto)
A realización e superación da proba mixta é obrigatoria para superar a materia.
A Proba Mixta considerarase superada cando se alcance o 50% da cualificación máxima outorgada á devandita proba.
Supón o 65% da nota final da materia (máximo 6,5 puntos)
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.
As cualificacións obtidas na avaliación continua (Obradoiro e Presentación Oral) só se aplicarán cando a Proba Mixta sexa superada. En caso contrario, non se computarán, figurando como cualificación final da materia, unicamente a obtida na Proba Mixta.
As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Para a Segunda Oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que os descritos na Primeira Oportunidade.
MATRÍCULA PARCIAL:
Os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.
Os alumnos matriculados baixo esta modalidade, deberán comunícar a súa condición á profesora da materia, durante as dúas primeiras semanas de clase, especificando se desexan facer uso da súa condición.
DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica de exención de asistencia, nesta materia. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia, poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.
Os alumnos matriculados baixo esta modalidade, deberán comunícar a súa condición á profesora da materia, durante as dúas primeiras semanas de clase, especificando se desexan facer uso da súa condición.
OPORTUNIDADE ADIANTADA:
Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA DE HONRA:
Os estudantes que desexen optar a matrícula deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Obter unha nota media superior a 9 na cualificación final da materia.
- Presentarse ás probas establecidas de avaliación continua e alcanzar as mellores cualificacións.
Tras a aplicación do criterio establecido, a decisión final quedará supeditada á consideración das profesoras da materia.
FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:
Segundo o establecido na normativa da UDC:
1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.
2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.
3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
E de acordo os establecido no Artigo 11, apartado 4, b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.