Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A14 |
Actuar en base ó cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ó profesional no caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional. |
A53 |
Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A61 |
Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados coa atención e rehabilitación podolóxica. |
A64 |
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B10 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B15 |
Sensibilidade cara temas medioambientais. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B22 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e actúar en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normo praxes |
A14
|
B12 B15 B22
|
C4 C8
|
Coñecer os dereitos e a autonomía do paciente. Coñecer e aplicar os conceptos de responsabilidade civil e sanitaria. Coñecer o manexo da documentación clínica: confidencialidade. |
A14 A64
|
B6 B8 B18 B19
|
C1 C4
|
Coñecer o marco profesional así como os dereitos e obrigacións do profesional. |
A14
|
B2 B3 B6 B7
|
C5 C7
|
Conocer los problemas éticos en el ejercicio de la profesión y los instrumentos que ayuden al profesional en caso de problemas éticos. |
A14 A64
|
B1 B19 B22
|
C4 C7 C8
|
Adquirir a capacidade de xestión clínica dos servizos de Podoloxía. Coñecer a Economía da saúde e uso eficiente dos recursos. Coñecer a xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. |
A13 A53 A61 A64
|
B10 B12 B15 B16
|
C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introducción á ética
|
1.1- Introdución. Noción xeral de Ética.
1.2- Conceptos: ética, moral, lexislación, deontoloxía.
1.3- Diferenzas entre Ética, Deontoloxía e Lexislación.
1.4- Diferentes perspectivas e tendencia da ética. |
2.- Bioética
|
2.1. Introdución. Panorama histórico.
2.2. Concepto de bioética.
2.3. Principios bioéticas fundamentais.
|
3.- A Ética das profesións |
3.1- Introdución.
3.2- Caracteres dunha actividade profesional.
3.3- Marco legal da profesión de podoloxía.
3.4- Código deontolóxico de Podoloxía. Obrigacións deontolóxicas do profesional de Podoloxía.
3.5-Problemas éticos no exercicio da profesión.
3.6-Instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos.
3.7.- Criterios de normopraxes. |
4.- Dereitos e deberes do paciente |
4.1- Os dereitos e deberes dos usuarios na Lei Xeral de Sanidade.
4.2- Os dereitos e deberes dos usuarios no Código Deontolóxico de Podoloxía.
4.3- A Información e o consentimento informado.
4.4- Lexislación reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica.
4.5- Historia clínica.
4.6- Manexo da documentación clínica: confidencialidade.
|
5.- Dereitos e obrigacións do profesional. |
5.1- Marco profesional.
5.2- Introdución ao concepto de responsabilidade profesional.
5.3- Responsabilidade civil e sanitaria.
5.4- A responsabilidade penal dos profesionais sanitarios.
5.5- Concepto de imprudencia profesional.
5.6- O segredo e a confidencialidade.
5.7- Colexiación e asociacionismo profesional. |
6.- Xestión en Podoloxía
|
6.1- O sistema Sanitario Español.
6.2- Procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
6.3- Principios básicos da mercadotecnia.
6.4- Xestión clínica dos servizos de podoloxía.
6.5- Economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
6.6- Xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de resposta múltiple |
A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
143 |
145 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta múltiple |
Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente empregando o campus vitual da materia, sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos". |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de resposta múltiple |
|
Descrición |
A atención personalizada se desarrollará de forma programada en los horarios de tutorías del profesor y las horas de seminarios de la materia a través de la plataforma TEAMs.
La atención personalizada está destinada a resolver cualquier tema relacionado con las diferentes metodologías y/o contenidos de la materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A13 A14 A53 A61 A64 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B10 B12 B15 B16 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente a través do Campus Virtual da materia e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do Estudo de casos.
INSTRUCIÓNS DO EXAME:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as pregútas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.
NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar o equipo e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia da entrega do exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles. |
100 |
|
Observacións avaliación |
En tódalas modalidades e oportunidades de avaliación o exame teórico final suporá o 100% da cualificación da materia. Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquela alumna ou alumna que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa, priorizando os casos nos que participase de eventos relacionados coa materia ademais do traballo opcional. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(2014). Código deontológico de Podología.
GOMEZ JARA, M, NOVEL MARTÍ, V (2001). El ejercicio privado de las profesiones saniatrias: requisitos legales. Barcelona: Atelier Libros SA
ARANGUREN, J.L., (1989). Ética. Madrid: Alianza Universidad
Medina Castellano Carmen (2000). Ética y Legislación. Madrid: D.A.E Grupo Paradigma
Medina Castellano Carmen (2000). Etica y legislación. Madrid: Paradigma
Latorre, A (1985). Introducción al Derecho. Barcelona: Ariel
GOMEZ JARA, M (2007). La responsabilidad profesional sanitaria. Barcelona: Atelier Libros SA
(1986). Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad.
(1990). Ley 25/1990, de 20 de diciembre, del medicamento.
(2002). Ley 41/2002 reguladora de la autonomía del paciente y derechos y obligaciones en materia de información y documentación clínica.
Novel i Martí, Virgínia; Fernández Herrera, Jesús M. Ramón Meseguer Planas (2009). Manual de Marketing para la consulta de podología. Nexus Médica
Moreno de la Fuente, José Luis (2013). Podología : emprendimiento, ética, legislación y gestión. Madrid : BDS
Noval Cinza Jose, et al (1997). Principios de bioética. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña |
|
Bibliografía complementaria
|
Mosqueda-Diaz, A., Mendoza-Parra, S., Jofré-Aravena, V. (2014). Aporte de enfermería a la toma de decisiones en salud.. Rev Bras Enferm. mai-jun; 67(3):462-7
(). BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO. http://www.boe.es/diario_boe/
(). DERECHO.COM. http://www.derecho.com/
(). DIARIO OFICIAL DE GALICIA. http://www.xunta.es/consulta-do-dog
Arroyo P, Cortina A (1996). Ética y legislación en enfermería . Madrid: Interamericana
Arroyo MP, Serrano A (1988). Ética y Legislación en Enfermería. Madrid: Interamericana
Almenara P (1995). Ética y Legislación en Enfermería. Barcelona: Masson
ICN (1994). La ética en la práctica de la enfermería. Guia para la toma de decisiones éticas.. Ginebra: Consejo Internacional de Enfermeras.
Gil Calvo (2001). Nacidos para cambiar. Como construimos nuestras biografías.. Madrid: Taurus
(). NOTICIAS JURIDICAS. http://noticias.juridicas.com/
Becerro R, et al (2002). Prescripción y receta podológica. El Peu. 22(1):8-17
Marín Manuel (2003). Receta medica en podología. Revista Española de Podología: XIV (3):142-144
Calvo Sanchez, Dolores (2010). Secreto profesional en el ámbito de la enfermería.. Lisboa: Editorial Juruá
Garzón Alarcón, N (2001). Toma de decisiones éticas. Catadra Manuel Ancina. Etica y Bioética.
(). WESLAW (Aranzadi). http://www.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude [extinguida]/750G02010 | Podología xeral [extinguida]/750G02012 | Prácticum 1 [a extinquir]/750G02033 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de fin de grao [a extinguir]/750G02036 |
|
Observacións |
OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores.
- Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria.
MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. |
|