Sistemas de avaliación: Primeira e segunda
oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da nota
final) e traballos tutelados (20%). Oportunidade adiantada: proba mixta que
abordará todo o temario da materia.
A proba mixta pode estar composta por calquera
das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:
Preguntas de ensaio: preguntas abertas de
desenvolvemento.
preguntas de resposta múltiple (podendo ser
verdadeiras unha ou varias das respostas)
preguntas de ordenación
preguntas de resposta breve
preguntas de discriminación
preguntas de completar
preguntas de asociación.
É indispensable aprobar a proba mixta para
superar a materia, é dicir, débese obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximo
de 10. Se non se supera o exame final (proba mixta) non se sumará a nota
correspondente aos traballos tutelados, e a cualificación da materia será a
obtida no exame final.
Segundas matrículas e posteriores. Aquelas
persoas que suspendan a materia, en posteriores matrículas deberán realizar a
materia completa, é dicir non se "garda" ningunha das cualificacións
obtidas para cursos vindeiros.
Matrícula parcial ou dispensa académica: o
alumnado con matrícula parcial ou dispensa académica avaliarase de maneira individualizada
tendo en conta cada caso. Recoméndase a este alumnado contactar o antes posible
co profesorado.
Non presentado: Considerarase "non
presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a algunha das
probas mixtas.
Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que,
obtendo cualificación de sobresaínte, teña as puntuacións máis elevadas.
A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao
10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5
do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado,
7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).