Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos previos de análise económica, co fin de que o/a alumno/a comprenda e domine as ferramentas que lle permitan aproximarse á análise do funcionamento do mercado de traballo. |
AP8
|
BP1 BP2 BP3 BP5
|
|
Coñecer a estrutura e o funcionamento do mercado de traballo desde a perspectiva propia da economía laboral, tanto nos aspectos microeconómicos como macroeconómicos. |
|
BP2 BP3 BP4
|
CM4
|
Saber recoñecer a incidencia de determinadas accións de política económica sobre a economía no seu conxunto e, moi especialmente, sobre o mercado laboral |
|
BP2 BP3
|
CM4
|
Coñecer o funcionamiento do mercado de traballo na Unión Europea, en España e en Galicia, desde unha perspectiva económica, e moi especialmente as políticas económicas adoptadas e as súas implicacións e consecuencias. |
|
BP2 BP3 BP6
|
CM4
|
Utilizar axeitadamente as fontes de información relativas á economía laboral e ao mercado de traballo e realizar traballos prácticos a partir daquelas. |
|
BP2 BP3 BP7 BP9
|
CM3 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE 1. INTRODUCIÓN |
1.1. Introdución ao mercado de traballo
1.2. Medir a economía. Emprego e desemprego
1.3. Fontes de información estatística
|
PARTE 2. ASPECTOS MACROECONÓMICOS DO MERCADO DE TRABALLO |
2.1. Enfoques teóricos para a análise do mercado de traballo
2.2. Oferta de traballo. O capital humano
2.3. A demanda de traballo. A decisión de contratación da empresa
2.4. Equilibrio no mercado laboral e la distribución do ingreso
|
PARTE 3. AS INSTITUCIÓNS LABORAIS |
3.1. Lexislación e administración laboral
3.2. Sindicatos e organizacións patronais
3.3. Dialogo social |
PARTE 4. POLÍTICAS LABORAIS |
4.1. Políticas laborais para abordar o desemprego e a desigualdade
4.2. Políticas activas de emprego
4.3. Políticas pasivas de emprego
4.4. O futuro do trabajo |
PARTE 5.- ASPECTOS TERRITORIAIS DO MERCADO DE TRABALLO |
5.1. Estrutura territorial do mercado de traballo
5.2. O contexto mundial e europeo
5.3. A situación en España e as Comunidades Autónomas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A8 B3 C4 C8 |
12 |
15 |
27 |
Lecturas |
A8 B6 |
0 |
5 |
5 |
Obradoiro |
B1 C3 C4 C8 |
4 |
0 |
4 |
Prácticas a través de TIC |
B5 C3 C4 C8 |
0 |
4 |
4 |
Traballos tutelados |
B4 B5 B7 B9 C3 |
6 |
12 |
18 |
Aprendizaxe colaborativa |
B5 B9 |
1 |
2 |
3 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B9 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais. |
Lecturas |
Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia. |
Obradoiro |
Poderánse realizar Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos de investigación breves (5-10 páxinas) sobre temas relacionados co programa. Dirixidos polo profesor, afectuararse de forma individual ou en grupos reducidos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ou ben apoiándose nas TIC. |
Proba obxectiva |
Proba realizada ao final do curso que versará sobre o contido de toda a materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Apoio a aqueles/as alumnos/as que teñan especial dificultade cos coñecementos previos de teoría económica e cos instrumentos matemáticos de análise.
Establecemento da temática dos traballos a realizar. Orientación nos contidos e nas fontes de información. Titoría sobre os avances dos traballos, presentación, conclusións, etc.
Asesoramento na sistemática de presentación. Uso de TICs. Formación de grupos de discusión.
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos/ás estudiantes, sempre que eles/elas o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, leituras, etc.
Esta atención poderá ser online a través dos mecanismos facilitados pola universidade.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
B4 B5 B7 B9 C3 |
A avaliación terá en conta a materia, o grao de síntese así como as conclusións e a súa coherencia co procedemento de análise realizado.
Así mesmo, valorarase a estrutura do traballo e a súa adecuación á redacción de textos científico-académicos, incluídas as referencias bibliográficas. |
40 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B9 |
Valoraranse coñecementos adquiridos ao longo do curso. As probas poderán consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
Poderá ser realizada presencialmente ou online a través da plataforma Moodle ou utros medios dixitais que se acorden. |
60 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o indique a equipa docente. 2. Identificación do alumno/a: o alumno/a deberá demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE VALORACIÓN: 1. Cualificación de non presentado/a: corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e reclamacións de cualificacións de estudos de bacharel e máster) os estudantes terán a oportunidade de realizar unha proba final, consistente nun cuestionario mixto, equivalente ao 100% da avaliación, na que os estudantes deberán demostrar que acadaron as competencias da materia. Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba objetiva que representará o 100% da nota final. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: - Para aprobar a materia será necesario acadar unha nota de 5 sobre 10.
- Se se obtén a nota 5 de 10 na avaliación continua (CE) realizada durante o curso, non será necesario realizar os exames finais. Os estudantes que non superen a avaliación continua poderán presentarse ao exame final, consistente nunha proba mixta (100% da avaliación total), na que deberán demostrar que adquiriron os coñecementos e habilidades necesarios para acreditar as competencias relacionadas coa materia.
- En caso de plaxio, aplicarase a sanción correspondente. A detección de fraude, xa sexa plaxio ou calquera outra actuación, dará lugar a unha cualificación final de 0 puntos. A nota de suspensio aplicarase na convocatoria na que se cometa a infracción e respecto da materia na que se cometese: o alumno cualificarase con "suspensio" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa valoración no informe de primeira oportunidade, se é necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Picatoste, X. (2019). Análisis Económico del Mercado de Trabajo. EDaSS
http://emprego.ceei.xunta.gal/ (). Consellería de Economía, emprego e industria.
http://www.ces-galicia.org/ (). Consello Económico e Social de Galicia.
http://www.ces.es (). Consello Social (España).
Mc. Connell , S.L. Brue y D.A. Macpherson (2007). Economía Laboral. Madrid
Palacio Morena, V. y C. Alvarez Aledo (2004). El mercado de trabajo: análisis y políticas. Madrid
https://foroeconomicodegalicia.es/ (). Foro Económico de Galicia.
http://www.ige.eu (). Instituto Galego de Estatística.
http://www.ine.es (). Instituto Nacional de Estatística.
Blanchard, O., & Sheen, J. (2013). Macroeconomics. Pearson Higher Education AU
http://www.mitramiss.gob.es/es/el_ministerio/index.htm (). Ministerio de Trabajo, migraciones y seguridad social.
Ruesga Benito, S. M. (2016). Reformas laborales en la Gran Recesión. Tirant Lo Blanch
http://www.seg-social.es (). Seguridade Social.
http://www.sepe.es (). Servizo Público de Emprego Estatal.
Ruesga Benito, S. M., V. (2017). ¿Cobraremos la pensión?. Anaya |
|
Bibliografía complementaria
|
Fernández, F. F., Pérez, J. I. G., & Jansen, M. (2018). La contratación temporal en España.. Papeles de economía española, 156, 47-61.
García, J. M., & Ruesga Benito, S. M. (2015). Economía española. Estructura y regulación. Ediciones Paraninfo
Toharia, L. (1998). El mercado de trabajo en España: situación y perspectivas.. CLM.ECONOMÍA, Nº 4, Primer Semestre de 2004
Viñals, J., & Jimeno Serrano, J. F. (1997). El mercado de trabajo español y la Unión Económica y Monetaria Europea. Banco de España. Servicio de Estudios.
Felgueroso, F., Jansen, M., Jimeno, J. F., et al. (2020). Por un mercado de trabajo moderno y resiliente. Informes del Grupo de Trabajo Mixto Covid-19.. FEDEA Policy Papers, (2020-10)
Cruz Villalón, J. (2005). Villalón, J. C. (2005). El problema de la temporalidad en España: un diagnóstico.. Revista (No. 80). Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Subdireccion Genera.
García, N. & Ruesga Benito, S. M. (Coord.) (2014). ¿Qué ha pasado con la economía española?: La Gran Recesión 2.0 (2008-2013). Ediciones Pirámide |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado. Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 6. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 7. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: O curso poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (Servizos de apoio ao estudantado (udc.es)); no seu defecto, co titor ADI da Facultade. |
|