Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
CE06 - Capacidad para diseñar, simular y/o implementar soluciones tecnológicas que impliquen el uso de robots y/o sistemas de informática industrial en un entorno, contemplando aspectos éticos y legales |
B3 |
CB8 - Que los estudiantes sean capaces de integrar conocimientos y enfrentarse a la complejidad de formular juicios a partir de una información que, siendo incompleta o limitada, incluya reflexiones sobre las responsabilidades sociales y éticas vinculadas a la aplicación de sus conocimientos y juicios |
B4 |
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades |
B14 |
CG9 - Aplicar conocimientos de ciencias y tecnologías avanzadas a la práctica profesional o investigadora |
B16 |
CG11 - Valorar la aplicación de tecnologías emergentes en el ámbito de la industria y la robótica |
B17 |
CG12 - Desarrollar la capacidad para asesorar y orientar sobre la mejor forma o cauce para optimizar los recursos |
C1 |
CT01 - Adquirir la terminología y nomenclatura científico-técnica para exponer argumentos y fundamentar conclusiones |
C5 |
CT05 - Adquirir la capacidad para elaborar un trabajo multidisciplinar |
C6 |
CT06 - Dominar la expresión y la comprensión de un idioma extranjero |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o estado actual da aplicación de robots autónomos en problemas reais e obter unha visión xeral da aplicabilidad real do enfoque autónomo da robótica fronte ao clásico |
AM6
|
BM3 BM4 BM14 BM16 BM17
|
CM1 CM5 CM6
|
Coñecer os aspectos éticos tras a implantación dos robots autónomos |
|
BM3 BM17
|
CM1 CM5 CM6
|
Obter unha visión xeral dos aspectos legais que afectan a cada campo específico |
|
BM3 BM16 BM17
|
CM1 CM5 CM6
|
Obter unha visión específica das problemáticas a tratar nos diversos campos de aplicación e como afrontalas |
AM6
|
BM14 BM16 BM17
|
CM5 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Campos de aplicación da robótica autónoma |
- Robótica e Intelixencia Artificial
- Deseño dun sistema robótico autónomo
- Interacción humano-robot
- Principais campos de aplicación
-- Industria 4.0, nanorobótica e manipulación
-- Robótica de servizo e médica
-- Agricultura
-- Contornas intelixentes |
Aspectos legais e éticos da robótica autónoma |
- Aspectos legáis a nivel europeo
- Aspectos éticos
- Situación en España |
Campo de aplicación 1: Vehículos aéreos non tripulados (UAV) |
- Evolución e tipos de vehículos aéreos non tripulados
- Sensorización
- Procesamento
- Control
- Casos de uso |
Campo de Aplicación 2: Vehículos Submarinos Autónomos (AUV) |
- Tipos de vehículos submarinos e características
- Sensorización
- Control de movimento
- Actuación
- Aplicacións |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A6 B3 B4 B14 B16 B17 C1 C5 C6 |
0 |
30 |
30 |
Presentación oral |
A6 B3 B4 B16 B17 C1 C5 C6 |
0.5 |
5 |
5.5 |
Obradoiro |
B3 B14 B16 C1 C5 C6 |
6 |
6 |
12 |
Saídas de campo |
B3 B14 B16 B17 C1 C5 C6 |
4 |
8 |
12 |
Sesión maxistral |
A6 B3 B4 B16 B17 C1 C5 C6 |
10.5 |
3 |
13.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo/proxecto fora da aula no que se realizarán prácticas de programación sobre un modelo en simulación dun submarino autónomo. Este traballo será realizado polos alumnos de forma autónoma e o seu avance será tutorizado polos profesores. |
Presentación oral |
Traballo ou traballos de teoría sobre algún tema proposto polos profesores da materia que deberán ser expostos diante dos compañeiros e entregados tamén por escrito. |
Obradoiro |
Seminarios nos que os alumnos reciben formación sobre as ferramentas para utilizar na parte práctica da materia, tales como simuladores robóticos ou outros equivalentes. |
Saídas de campo |
Realizarase unha o varias saídas de campo a zonas de probas dos vehículos autónomos, onde os estudantes deberán interactuar cos sistemas reais seguindo as indicacions dos docentes |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte dos profesores da materia do temario teórico |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
Saídas de campo |
|
Descrición |
Obradoiros: o alumno poderá consultar ao profesor todas as dúbidas que lle xurdan sobre os temas tratados.
Traballos tutelados: é recomendable o uso de atención personalizada nestas actividades para resolver dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a resolución dos problemas prácticos. Ademais, a atención personalizada centrarase tamén na explicación, por parte do alumno, da solución proposta.
Presentación oral: os alumnos deberán acudir aos profesores para resolver as dúbidas que lles xurdan sobre a preparación dos traballos que deben ser expostos, tanto do contido como da propia presentación.
Saídas de campo: o profesor monitorará en todo momento o proceso, guiando aos alumnos nas zonas que se visiten, e revisando a súa comprensión do proceso.
Os alumnos con matrícula a tempo parcial terán unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores mediante tutorización online. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A6 B3 B4 B16 B17 C1 C5 C6 |
A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a versión escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na nota final da materia. |
30 |
Traballos tutelados |
A6 B3 B4 B14 B16 B17 C1 C5 C6 |
Propoñeranse un ou dous traballos prácticos ao longo do curso centrados na resolución de problemas de robótica submarina e/ou aérea. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fóra das clases e deberán ser defendidos diante dos profesores. |
60 |
Saídas de campo |
B3 B14 B16 B17 C1 C5 C6 |
A correcta preparación, realización e comprensión das saídas de campo será valorada polos profesores da materia. Os alumnos deberán preparar un informe que será avaliado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para obter o aprobado nesta materia deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario acadar un mínimo de 30 nos Traballos Tutelados e de 15 na Presentación Oral. No caso de que o alumno non supere a materia na primeira convocatoria, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segunda convocatoria. Como exemplo, se un alumno aprobou a parte da Presentación oral pero suspendeu nos Traballos tutelados, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanza o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados. Evaluación da convocatoria extraordinaria: os alumnos que opten por esta convocatoria deberán realizar as metodoloxías de traballos tutelados e presentación oral, pero non a saída de campo. O valor desta metodoloxía súmase na de traballos tutelados, pasando a valer un 70%. E necesario que se poñan en contacto cos profesores ó comezo do cuatrimestre (Xaneiro) para ter un plazo suficiente de entrega. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán acumular o 10% da nota correspondente á saída de campo presencial nos traballos tutelados en tódalas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuatrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en tódalas convocatorias. No caso de plaxio en prácticas ou traballos docentes entregados, se terá en conta o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Nonami, K., Kendoul, F., Suzuki, S., Wang, W., Nakazawa (2010). Autonomous Flying Robots, Unmanned Aerial Vehicles and Micro Aerial Vehicles. Springer-Verlag
Thor I. Fossen (2011). Handbook of Marine Craft Hydrodynamics and Motion Control. John Wiley & Sons, Ltd
Dronekit (2015). https://dronekit-python.readthedocs.io/en/latest/.
Niku, Saeed B. (2011). Introduction to robotics: analysis, control, applications. John Wiley & Sons
Bruno Siciliano (2008). Springer handbook of robotics. Springer-Verlag |
|
Bibliografía complementaria
|
Geoff Roberts and Robert Sutton (2006). Advances in unmanned marine vehicles. Institution of Engineering and Technology
Floreano, Dario y otros (2010). Flying Insects and Robots. Springer-Verlag |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos/770538005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Visión Artificial I/770538018 | Python para Enxeñeiros Introdutorio/770538011 | Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: Introdución a ROS/770538013 | Aprendizaxe Automática I/770538016 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Para axudar a conseguir unha contorna sostible e cumprir co obxectivo do Plan de Acción Green Campus, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 3. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos; - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. |
|