As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.
As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.
Para alcanzar a máxima nota no traballo teránse en conta os seguintes aspectos:
- Os circuítos deseñados deben funcionar perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e temporal).
- A memoria entregada e a presentación terán que ser claras.
- O alumno terá que realizar unha defensa personalizada da práctica, xustificando o porqué do seu deseño e contestando ás preguntas relativas ao traballo realizadas polo profesor.
Nota final
A nota final calcularáse, en xeral, como:
Nota Final = 0,4 x Nota traballo + 0,6 x Nota proba obxectiva
Para aprobar a asignatura a nota final debe ser a lo menos do 50% da puntuación total. Ademáis, a nota obtida na proba obxectiva debe ser superior ao 30% do total.
Se non se superan o mínimo da proba obxectiva e suma total é superior aos 50 puntos, a nota final será de 45.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.
Anota de final da segunda oportunidade = 0,6 x Nota proba mixta + 0,4 x Nota traballo.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas as obligatorias e presenciais
O alumnado de convocatoria adiantada evaluarase a través dunha proba mixta cuxa puntuación representará o 100 % da nota final.