Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñece e utiliza os conceptos relacionados coa capacidade, a corrente eléctrica e a autoinducción e indución mutua, así como as propiedades eléctricas e magnéticas básicas dos materiais |
A7
|
B1 B4 B6
|
C3 C4
|
Coñece os conceptos e leis fundamentais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación a problemas básicos en enxeñaría. |
A7
|
B1 B4
|
C1 C6 C8
|
Coñece as unidades, ordes de magnitude das magnitudes físicas definidas e resolve problemas básicos de enxeñaría, expresando o resultado numérico nas unidades físicas adecuadas. |
A7
|
B1 B2 B4
|
C1 C6
|
Analiza problemas que integran distintos aspectos da física, recoñecendo os variados fundamentos físicos que subxacen nunha aplicación técnica, dispositivo ou sistema real. |
A7
|
B1 B4 B6
|
C4 C8
|
Aplica correctamente as ecuacións fundamentais da mecánica a diversos campos da física e da enxeñaría: Termodinámica e electromagnetismo. |
A7
|
B1 B4 B6
|
C1 C6
|
Aplica o primeiro e segundo principio de termodinámica a procesos, ciclos básicos e máquinas térmicas |
A7
|
B1 B2
|
C1 C6 C8
|
Utiliza correctamente os conceptos de temperatura e calor. Aplícaos a problemas calorimétricos, de dilatación e de transmisión de calor. |
A7
|
B1 B4
|
C1 C4 C6
|
Utiliza correctamente métodos básicos de medida experimental ou simulación e trata, presenta e interpreta os datos obtidos, relacionándoos coas magnitudes e leis físicas adecuadas. |
A7
|
B1 B4
|
C1 C6 C8
|
Coñece as propiedades principais dos campos eléctrico e magnético, as leis clásicas do electromagnetismo que os describen e relacionan, o significado das mesmas e a súa base experimental. |
A7
|
B1 B4
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios da termodinámica |
1. TEMPERATURA E GASES
1.1. Equilibrio térmico e temperatura . Escalas termométricas. Ley cero da termodinámica
1.2. Dilatación térmica
1.3. Gases ideas. Ecuación de estado
1.4. Gases reais. Cambios de estado. |
Fundamentos de procesos e máquinas térmicas |
2. PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
2.1. Calor e traballo nos procesos termodinámicos.
2.2. Enerxía interna. Primeiro principio da termodinámica
2.3. Enerxía interna dun gas ideal.
2.4. Transformacions isotérmicas e adiabáticas dun gas ideal
3. SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
3.1. Reversibilidad dos procesos termodinámicos.
3.2. Máquinas térmicas e frigoríficas. Segundo principio da termodinámica
3.3. Ciclo de Carnot
3.4. Entropía. Principio de aumento de entropía |
Campos eléctrico e magnético |
4. CAMPO E POTENCIAL ELÉCTRICO
4.1. Carga eléctrica. Principio de conservación.
4.2. Lei de Coulomb
4.3. Campo eléctrico. Lei de Gauss
4.4. Potencial eléctrico e deferencia de potencial.
5. DIELÉCTRICOS E POLARIZACIÓN. CONDENSADORES
5.1. Materiais dieléctricos. Polarización
5.2. Capacidade e asociacions dun condensador.
5.3. Enerxía dun condensador cargado
6. CIRCUITOS DE CORRENTE CONTINUA
6.1. Intensidade eléctrica e densidade de corrente. Lei de Ohm
6.2. Resistencia, potencia eléctrica e lei de joule
6.3. Forza electromotriz. Lei de Ohm xeneralizada
6.4. Análises de circuitos de corrente continua. Régulas de Kirchhoff.
7. CAMPOS MAGNÉTICOS
7.1. Forzas magnéticas
7.2. Fontes do campo magnético.
7.3. Fluxo magnético e teorema de Gauss
7.4. Lei de Biot e Savart. Lei de Ampère
7.5. Magnetismo na materia
|
Electromagnetismo |
8. INDUCCIÓN ELECTROMAGNÉTICA
8.1. Fenómenos de indución. Lei de indución de Faraday-Henry.
8.2. Lei de Lenz. Forza electromotriz de movemento
8.3. Campos eléctricos inducidos
8.4. Correntes parásitas. Indución mutua e autoinducción. |
Ecuaciones de Maxwell |
9. ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS
9.1. Ecuacions de Maxwell
9.2. O espectro electromagnético
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A7 C1 C4 C6 C8 |
30 |
30 |
60 |
Solución de problemas |
A7 B1 B4 B6 C3 C6 |
20 |
40 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
B2 B4 B6 C3 C6 |
10 |
10 |
20 |
Proba obxectiva |
A7 B1 C1 C4 C8 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos/as estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os/as estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, que ten a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Durante as clases de problemas resolveranse individual ou en grupos pequenos os problemas recollidos nos boletíns previamente entregados, sendo supervisados polo/o profesor/a. Ademais, deixaranse problemas como traballo autónomo fora da aula. A atención personalizada será tanto presencial (na aula ou en titorías), como non presencial (por Teams ou mail).
Os/as alumnos/as, por grupos pequenos ou individualmente, desenvolverán as prácticas de laboratorio propostas. En todo instante terán a supervisión e a atención do/o profesor/a.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A7 B1 C1 C4 C8 |
Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia |
55 |
Solución de problemas |
A7 B1 B4 B6 C3 C6 |
Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a |
30 |
Prácticas de laboratorio |
B2 B4 B6 C3 C6 |
Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio |
15 |
|
Observacións avaliación |
A realización das
prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa
estiveran matriculados anteriormente na materia e que superasen as prácticas
nos dous cursos anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente
e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida. A cualificación
de "non presentado" figuraralles a aqueles alumnos/as que non se
presentasen á proba obxectiva. Os criterios de
avaliación da segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, se o houbese,
son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio,
supondo igualmente o 15% da cualificación, e manterase tamén a puntuación
obtida na solución de problemas, pero esta última supondo soamente o 15% da
cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira
oportunidade). O 70% restante corresponderá á proba obxectiva. Para os/as
alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención
de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades
específicas que requira cada alumno/a. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
Bibliografía complementaria
|
|
M. Alonso y E.J.
Finn
"Física" (3 Volúmenes). Ed. Addison - Wesley Iberoamericano F.J. Blatt "Fundamento
de Física". Ed. Prentice Hall. Hispanoamericana S.A. R.M. Eisberg y
L.S. Lerner "Física: Fundamentos y Aplicaciones".Ed. Mc. Graw - Hill W.E. Gettys, F.J.
Keller y M.K. Skove "Física Clásica y Moderna". Ed. Mc.
Graw - Hill R.A. Serway
"Física". Ed. Mc. Graw - Hill P.A. Tippler
"Física". Ed. Reverté S.M. Lea y J.R.
Burke.
“Física”. Ed. Paraninfo. PROBLEMAS -S.Burbano, E.
Burbano y C. Gracia. “Problemas de Física”. Ed. Tebar J. García Roger "Problemas
de Física". Ed. Universitaria de Barcelona - F. Belmar, F.
Cervera, H. Estellés "Problemas de Física (Mecánica,
Electromagnetismo, Ondas)". Ed. Tebar Flores. - F.A. González
"La Física en Problemas". Ed. Tebar Flores - J.L. Torrent
Franz "272 Exámenes de Física" Ed. Tebar Flores - Varios
Autores de ULPGC "Problemas de Física". Ed. Univ. de Las
Palmas - F.J. Gálvez,
R. López, A. Llopis y C. Rubio "Física. Curso Teórico-Práctico de
Fundamentos de Física de la Ingeniería". Ed. Tebar Flores |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Cálculo/770G01001 | Física I/770G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Termodinámica/770G01012 | Fundamentos de Electricidade/770G01013 |
|
Observacións |
-Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara. -Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Se se detectasen situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. -Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|