Realizarase un ou dous exames parciais, composto por unha parte de teoría e outra de práctica. Para poder liberar materia para o exame final requírese obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes do exame (teoría e práctica).
A proba mixta final constará de parte de teoría e práctica que evaluaranse por separado. A nota da proba obtense da media de todas as partes. Para aprobar a proba final mixta requírese alcanzar a puntuación mínima de 4 sobre 10 en cada parte e obture uhna nota media igual ou superior a 5 sobre 10.
Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA superar todas as actividades das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha nota media igual ou superior a 5. Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso (4).
As notas dos traballos e do/s exame/s parcial gardaranse ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda oportunidade sólo poderase recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da táboa anterior.
O sistema de avaliación para os alumnos do plan a extinguir será o mesmo co plan novo. As notas dos distintos traballos manteranse dun curso a outro sempre que o alumno solicíteo. Aqueles alumnos do plan a extinguir que non teñan feitos os estudos de casos, poderán asisitir as clases para a súa recuperación ou senon os profesores propondrán outros traballos alternativos.
Na oportunidade adiantada a evaluación só estará formada pola nota do exame que constará de teoría e práctica, e que terá una ponderación do 100%.
O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora coordinadora da materia, según establece a normativa da UDC. Este alumnado será evaluado, exclusivamente coa proba mixta. representando esta o 100% da calificación.