Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Deseñar, calcular as instalacións para a adquisición de medidas eléctricas Coñece os diferentes sistemas de medida. Coñece os principios de normativa, regulamentación e lexislación das instalacións de medida. |
A4
|
B1 B4 B5 B9
|
C3
|
Coñecer as solucións técnicas que ofrece o mercado no ámbito da medida. É capaz de interpretar a información técnica e outras fontes de información, en español e inglés. |
A4
|
B1 B4 B5 B9
|
C3
|
Coñecer as distintas modalidades de tarifas eléctricas (mercado libre, mercado regulado e bono social) e a súa estrutura. |
A4
|
B1 B5 B9
|
C3
|
Coñecer a estrutura e funcionamento do mercado eléctrico español, así como os axentes do sistema e as súas funcións. |
A4
|
B1 B4 B5 B9
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios de funcionamento dos aparellos de medida.(Contidos: Medidas directas de: intensidade e tensión. Esquemas e prácticas de conexión de aparallos de medida eléctricos) |
Técnicas de medida. Aparellos analóxicos.
Erros de medición.
Características funcionais e distintivas dos aparellos dixitais.
O osciloscopio analóxico-dixital. |
Medidas eléctricas. (Contidos: Medidas directas de intensidade, tensión, resistencia, frecuencia, potencia, enerxía, factor de pot., aislamento, calidad de onda, etc. Medidas indirectas: transductores de medida y trafos de medida. Esquemas e prácticas de conexión de aparallos de medida eléctricos. Mercado eléctrico Español. Tarifas eléctricas.) |
Medidad de resistencias, intensidade e tensión.
Medida de potencia, factor de potencia e frecuencia.
Facturación e contadores de enerxía.
Rexistradores de medida y DAQ´s (introducción ao uso de Arduino) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A4 B1 B5 |
2 |
1 |
3 |
Solución de problemas |
A4 B1 B4 B5 B9 C3 |
7.5 |
21 |
28.5 |
Sesión maxistral |
A4 B1 B4 B5 |
12 |
19 |
31 |
Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B4 B5 B9 C3 |
12 |
35 |
47 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba de avaliación de caracter prático, escrita e final sobre todos os contidos da materia. Consistirá na solución de dez preguntas, podendo ser todas: algún tipo test ou/e exercicios e problemas. |
Solución de problemas |
Seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados a resolver exercicios e problemas sobre os contidos teóricos da materia. Durante a sesión resolveranse as dúbidas ou dificultades que xurdan, tamén se exporán os traballos derivados da sesión maxistral. |
Sesión maxistral |
Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. O profesor poderá solicitar traballos en grupo que amplíen ou redunden en aspectos teóricos/prácticos, para a súa posterior exposición nas clases de solución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
Realización de diversas experiencias prácticas de laboratorio do desenvolvido nos contidos da materia, que sirvan para reforzar e contrastar os coñecementos teóricos adquiridos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Durante a sesión maxistral atenderanse as dúbidas no transcurso da clase ou se fose necesario emprazarase ao alumno a tutorías. As dúbidas que xurdan nos traballos propostos poderán resolverse nas tutorías.
Durante a proba obxectiva, o profesor atenderá ao alumno que o chame no posto de exame do alumno.
Nas prácticas, a atención personalizada realizarase no transcurso das sesións, ben a iniciativa do alumno para aclarar e responder as súas dúbidas, ou ben a iniciativa do profesor co fin de mellorar o interese e actitude do alumno.
Atenderanse as dúbidas no transcurso da clase en grupo mediano para a solucíón de problemas, se fose necesario emprazarase ao alumno a tutorías.
No horario establecido polos profesores para a tutorías, o alumno que acuda a título individual poderá expor as dúbidas que lle xurdan no estudo da materia, ou en desenvólvolle da solución dun exercicio ou traballo sobre un tema. O alumno que acuda á tutoría, deberá presentar o texto consultado obxecto de dúbida ou o desenvolvemento realizado na procura da solución do exercicio que non sae. Tambien os profesores poderán convocar persoalmente ao alumno se así o estimasen. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A4 B1 B5 |
O exame escrito final (xa sexa na convocatoria ordinaria de Xuño ou a convocatoria extraordinaria de Xullo, a convocatoria de Xunio que poderá ser adiantada a finais de maio por acordo unánime dos matriculados) será de 10 problemas e/ou test. Nos problemas, o ben xustificado no que se chegue ao resultado correcto puntuarán o punto.
A duración do exame será de 2h, ampliable para o estudante que conte con adaptación á diversidade que estime tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida sobre dez contribuirá á cualificación final nun 40%, de alcanzarse o 5 nas restantes metodoloxías servirá para subir nota.
De non alcanzase o 5 nas restantes probas servirá para lograr o aprobado, pero de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "Non presentado", con independencia da puntuación alcanzada no resto das probas das outras metodoloxías. |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B4 B5 B9 C3 |
As sesións practicas de laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomarase nota da asistencia. Valorarase a comprensión da materia e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das sesións prácticas. Entregarase unha memoria final individual ou en grupo, na que se relatarán as sesións prácticas e as súas medidas así como a dos exercicios prácticos que se asignen referentes ás mesmas. A memoria das prácticas e exercicios prácticos avaliarase en base á calidade, estrutura, orixinalidade, resultados e calidade documental das súas imaxes, sobre un total de dez puntos. Sendo necesario alcanzar o 5 sobre 10 para aprobar as prácticas, é dicir, o 50% do seu peso do 20%.
O 20% de peso total deste apartado na materia ten un carácter obrigatorio e previo á avaliación final. |
20 |
Solución de problemas |
A4 B1 B4 B5 B9 C3 |
Terase en conta a asistencia a clases de problemas, onde se irán proporcionando e resolvendo exercicios que apliquen e reforcen os coñecementos teóricos. Para os exercicios prácticos que se asignen, podendo ser por grupos, terase en conta o bo proceder nas montaxes para a obtención das medidas, o respecto ao máximo da seguridade e orde durante o desenvolvemento.
O 30% desta actividade repártese por igual nas distintas as probas escritas dos problemas desta actividade e os distintos exercicios prácticos de medidas. Ten un carácter previo á avaliación final e a asistencia debe ser superior ao 80%. |
30 |
Sesión maxistral |
A4 B1 B4 B5 |
Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. Valorarase a asistencia regular activa, sempre que sexa mínimo do 80% terá un peso do 10%. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Sen prácticas aprobadas non se pode aprobar a materia. A cualificación final darase cun decimal e será, a condición de que estean aprobadas as prácticas: puntos das probas escritas de problemas ata o máximo dun 3 (se asistencia a solución de problemas superior ao 80%) 1 punto de asistencia activa a expositivas (se asistencia superior ao 80%) puntuación da proba obxectiva sobre 10*0,4 puntuación das prácticas de laboratorio sobre 10 *0,2 (a condición de que a memoria de prácticas supera o 5 sobre 10). De non superarse as prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías, será a nota alcanzada nas prácticas sobre 10 e de non presentarse ás prácticas, independentemente das notas alcanzadas nas demais metodoloxías Para superar a signatura nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 ou superior (máximo 10 puntos). Se non se presenta ás prácticas, non presentado con independencia do puntuado nas restantes metodoloxías. * Os alumnos de matrícula parcial poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas ás presenciais. * Os criterios para aprobar en segunda oportunidade son os mesmos que en primeira oportunidade. En acordo ao art.11.4.c do Regulamento Disciplinar do Estudante da UDC, en caso de plaxio en exame ou proba de avaliación a cualificación será de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar o seu cualificación na acta, si fose necesario. Convocatoria adiantada Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior. Dispensa académica Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica, só que en caso de dispensa e xustificación de imposible asistencia poderá establecerse actividades alternativas ás presenciais .
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Torrente Artero, Oscar (2009). ARDUINO: CURSO PRACTICO DE FORMACION . RC(RS) libros
Cornejo, Javier (2014). La nueva facturación de la energía eléctrica . Barcelona:Ediciones Experiencia S.L.
Cavia Soto, Mª de los Ángeles (2000). Laboratorio de Medidas Eléctricas . Santander: Universidad de Cantabria. Departamento de Ingeniería Eléctrica
Bolton, William. (1995). Mediciones y pruebas eléctricas y electrónicas. Barcelona:Marcombo
Ramírez Vázquez, José. (1992). Medidas eléctricas. Barcelona : Ceac
Chacón de Antonio, Francisco Julián (2000). Medidas eléctricas para Ingenieros. Madrid: Universidad Pontificia Comillas
Grupo de Formación de Empresas Eléctricas (1995). Medidda electricas I, II y III . Madrid: Paraninfo
Pallas Arenuy, R (1989). Transductores y acondicionadores de señal. Barcelona: Marcombo |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Expresión Gráfica/770G02005 | Estatística/770G02008 | Fundamentos de Electricidade/770G02013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Máquinas Eléctricas I/770G02021 | Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022 |
|
Materias que continúan o temario |
Máquinas Eléctricas II/770G02026 | Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión/770G02027 | Accionamentos de Máquinas Eléctricas/770G02035 |
|
Observacións |
Para unha contorna sostible e cumprir co obxectivo da actuación núm. 1: a entrega dos traballos documentais que se realicen na materia: 1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De realizarse en papel: - Non empregaranse plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. |
|