Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir coñecementos sobre as características físicas e químicas dos polímeros, para poder seleccionar o mais convinte para un producto dado. |
A1 A6 A8
|
B2 B3 B5 B6 B10 B11
|
C1 C6 C8
|
Adquirir os coñecementos necesarios dos distintos tipos de procesado utilizados nos materiais poliméricos para poder seleccionar o máis convinte para a fabricación do produto deseñado. |
A1 A2 A4 A7
|
B2 B4 B5 B9 B10 B11
|
C3 C6 C8
|
Adquirir coñecementos sobre a reutilización e reciclado dos materiais polimericos. Coñecer as estratexias a seguir para o ecodeseño dun novo producto. |
A1 A5 A7 A10
|
B4 B5 B6 B7 B11
|
C4 C5 C8
|
Aprender a utlizar os conceptos de reciclado e recuperación para mellorar a vida de persoas desfavorecidas. |
A4 A10
|
B1 B9
|
C1 C4
|
Aprender a reflexionar sobre as implicacións entre o traballo desenvolvido polo alumnado e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) da axenda 2030. En particular no que se refire os ODS, nº5 (Igualdade de xénero), nº12 (Producción e consumo responsable) e nº13 (Acción polo clima). |
A1 A6
|
B2
|
C4 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: DESEÑO DE PRODUTOS PLÁSTICOS. SELECCIÓN E PROPIEDADES FÍSICAS DOS POLÍMEROS |
A filosofía do deseño e desenvolvemento de produtos plásticos
Conceptos básicos para a selección de polímeros
Materiais poliméricos: estructuras e propiedades físicas dos polímeros
Caracterización de polímeros. Normativa aplicable.
|
Unidade 2: EXTRUSIÓN DE TERMOPLÁSTICOS |
Descrición do proceso de extrusión.
Tipos de extrusoras e cabezales. Equipamento accesorio.
Principais liñas de extrusión, coextrusión e biorientación. Extrusión-soprado.
Principais parámetros de extrusión. Influencia na calidade do produto extruído
|
Unidade 3: INXECCIÓN DE TERMOPLÁSTICOS |
Introdución ao moldeo por inxección
Maquinas de inxección: descrición e clasificación.
Parámetros de procesado.
Diagnóstico de fallos en pezas e solucións.
Tecnoloxías non convencionais de moldeo por inxección.
|
Unidade 4: OUTROS TIPOS DE PROCESADO |
Procesado de materiais termoestables.
Outros procesados de materiais termoplásticos.
|
Unidade 5: RECICLAXE DE POLÍMEROS. ECODESEÑO |
Estratexias de ecodiseño en produtos plásticos.
Introdución á reciclaxe de polímeros.
Reciclaxe mecánica, reciclaxe química e incineración. Outras técnicas de reciclaxe e valoración para polímeros
Plásticos biodegradables e compostables.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 C4 C5 |
21 |
42 |
63 |
Prácticas de laboratorio |
A5 B4 B7 B11 C1 C8 |
17 |
4 |
21 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B6 B11 |
2 |
18 |
20 |
Proba de resposta múltiple |
B2 B3 B5 B6 B10 C3 |
0 |
12 |
12 |
Aprendizaxe servizo |
A4 A10 A6 B1 B9 C1 C4 |
2 |
13 |
15 |
Traballos tutelados |
A4 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 |
2 |
13 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na sesión maxistral a profesora, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a materia. Para isto apoiarase nos medios técnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.
Posteriormente porá a disposición do alumnado uns cuestionarios de axuda ao estudo que lles servirá de guía para preparar a proba obxectiva.
Nas sesións maxistrales realizadas nas aulas, seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades. |
Prácticas de laboratorio |
A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas o alumnado dividido en grupos reducidos, poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderán constar de videos interactivos, onde deberán traballar sobre os contidos do mesmo; prácticas de procesado, conferencias, etc.
Ao final de cada clase, os/as estudantes cubrirán un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na práctica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Nas sesións de laboratorio seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva consistirá nun exame escrito tipo test no que se avaliará os coñecementos adquiridos polo alumnado o longo do curso. Durante a realización do exame seguiranse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades . |
Proba de resposta múltiple |
Despois de cada sesión maxistral o alumnado que asistiu a clase, poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxectiva e puntuará na nota final.
O obxectivo é que os/as estudantes se acostumen a realizar este tipo de probas ao longo do curso. |
Aprendizaxe servizo |
A profesora proporá un proxecto de aprendizaxe-servizo durante o cuatrimestre onde os/as estudantes fagan un servizo a comunidade utilizando dalgunha maneira os conceptos vistos na materia. Debido a situación sanitaria provocada polo COVID19, reducirase o contacto presencial dos/as estudantes con persoas externas a comunidade universitaria. Naqueles momentos no que se faga necesario dito contacto, seguiranse as recomendacións sanitarias. |
Traballos tutelados |
Coma parte avaliable da materia, o alumnado fará un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirán na aplicación de materiais poliméricos nun produto, tendo en conta non so a selección do material, o proceso de fabricación mais idóneo senón tamén aspectos sobre a normativa aplicable o produto en si, aspectos económicos (rentabilidade industrial), impacto medioambiental, etc. Coma parte do traballo, as/os estudantes reflexionarán sobre a implicación que ten o desenvolvemento e fabricación do produto escollido no traballo, na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A idea é que o/a estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma práctica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliográficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, linguaxe técnica, linguaxe inclusiva, etc.
O final do cuadrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fará unha breve exposición oral ao resto da clase. Na xornada de exposición oral, seguiranse as recomendacións sanitarias propostas polas autoridades. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Aprendizaxe servizo |
|
Descrición |
Tanto para a preparación de a proba obxectiva ou para resolver calqueira outra dúbida referente o desenvolvemento da materia e os seus contidos, o alumnado disporá dunhas horas de titorías semanais presenciais onde individualmente poderán expor e resolver as dúbidas que teñan ca profesora. Ademais a profesora porá a disposición dos estudantes unha dirección de email onde facer consultas (titorías non presenciais) ou utilizando o chat de TEAMS. Estas titorías son voluntarias e manteranse ao longo de todo o curso.
Ademais durante as sesións de prácticas, resolveranse as dubidas que xurdan respecto os contidos da materia, de forma individual ou en grupo.
O que respecta a execución do traballo tutelado ou o proxecto de aprendizaxe servizo, a profesora marcará unha serie de titorías obrigatorias onde revisará os avances acadados polo alumnado, orientará o traballo de ser necesario e aclarará as dubidas que xurdan ao respecto.
Para o alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada desenvolverase de maneira virtual, mediante email, videoconferencia ou por teléfono. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A5 B4 B7 B11 C1 C8 |
Durante as prácticas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. |
20 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B6 B11 |
Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polas/polos estudantes durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da materia. |
50 |
Traballos tutelados |
A4 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 |
O longo do curso, proporase un traballo tutelado en grupo.
O finalizar os traballos as/os estudantes entregaran unha memoria escrita e farane unha pequena presentación oral ó resto da clase.
A avaliación farase a través da rúbrica correspondente. En xeral, terase en conta a calidade da memoria escrita, a da presentación realizada o resto da clase e o traballo en grupo a través das titorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.
|
10 |
Proba de resposta múltiple |
B2 B3 B5 B6 B10 C3 |
Consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polo alumnado que asista a clase, despois de cada sesión maxistral |
10 |
Aprendizaxe servizo |
A4 A10 A6 B1 B9 C1 C4 |
Avaliarase a calidade do traballo polo método da rúbrica, que estará a disposición das/dos estudantes dende o principio de curso. De maneira xeral avaliarase o traballo en grupo, a implicación persoal, a calidade dos recursos seleccionados polo alumnado e tamén a interación co colectivo o que vai dirixido o proxecto. |
10 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás practicas de laboratorio é obrigatoria así coma a achega dos cuestionarios correspondentes para a súa avaliación. A non realización das prácticas, sen unha razón xustificada, supón un suspenso automático. Para quen teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou que por causa xustificada falte algunha das sesións prácticas ao longo do curso, programaránse sesións de recuperación. A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria. No caso de que o/a estudante cometese unha falta na materia (segundo o Regulamento disciplinar do estudantado): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Cada estudante deberá elixir obrigatoriamente unha actividade en grupo entre o proxecto de aprendizaxe colaborativa (aprendizaxe e servizo) e o traballo en grupo. A participación nunha é excluínte da outra. A non realización de ningunha das dúas, sen razón xustificada, supón un suspenso automático. Nesta actividade a puntuación máxima por alumno é de ata dous puntos na nota final. As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas á profesora o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo). Aqueles estudantes que decidan non presentarse á proba obxectiva (exame tipo test) terán a calificación de non presentado na acta correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
“Guía de Materiales Plásticos”, Wallter Hellerich, Gunther Harsch, Siegfried Haenle, Ed Hanser, 1989. "Cuaderno guía 1: Aspectos fundamentales de los polímeros. Degradación y Reciclaje de Plásticos”, Amparo Ribes Graus, Francisco Vilaplana y Laura Contat, Ed. Universidad Politécnica de Valencia, 2008 “Técnicas Experimentales de Análisis Térmico de Polímeros”, Juan López, David García, Rafael Balart y Francisco Parrés, Ed. UPV (Marcelino), 2003 “Introducción a la Tecnología de los Plásticos", Walter Michaeli, Helmut Greif, Hans Kaufmann y Franz-Josef. Vossebürger, Ed. Hanser, 1992
“Inyección de Termoplásticos”, Jose Luis Arazo, Ed. Plastic Comunicación, 2000 “Plastic Product Material and Process Selection Handbook”, Dominick Rosato, Donald Rosato, Matthew Rosato, Ed. Elsevier, 2004 "Physics of Plastics. Processing, Properties and Materials Engineering”, Arthur W. Birley, Barry Howarth y Jim Batchelor. Ed. Hanser Publishers, 1992 “Ingeniería de los Polímeros”, Miguel A. Ramos, Raquel de Maria Ruiz, Ed. Ediciones Díaz de Santos, 1988 Páxinas web: http://www.campusplastics.com/ http://plasticsnews.com/ |
Bibliografía complementaria
|
|
LIBROS DE CONSULTA "Industria del Plástico”, Richardson y Erick Lokensgard, Ed. Paraninfo, 1999 “Los plásticos más usados”, Arturo Horta, Carmen Sánchez, Ángel Pérez y Inés Fernández, Ed. UNED Ediciones, 2000 “Principales polímeros comerciales”, María Cinta Vincent, Silvia Alvared, José Luis Zaragoza, Ed. UPV, 2006 "Plastics Design Handbook”, Marlene G. Rosato, Dominick V. Rosato Ed. Kluwer Academic Publishers, 2001 "Engineering with Polymers”, Peter C. Powel, Ed. Chapman and Hall, 1983 “RIM, Fundamentals of Reaction Injection Moulding”, Christopher W. Macosko, Ed. Hanser Publishers, 1988 “Simple Methods for identification of Plastics”, Dietrich Braun , Ed. Hanser Publishers, 1982 “Polymer Extrusion”, Chris Rauwendaal, Ed. CARL HANSER VERLAG, 1994 "Plastics in Automotive Engineering. Exterior Applications”, Rudolf. Stauber y Ludwig Vollrath (Eds.). Ed. Hanser Publishers, 2007 "Blow Holding Design Guide”, Norman C. Lee, Ed. Hanser Publishers, 1998 |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002 | Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003 | Enxeñería de Materiais/771G01004 | Deseño Básico/771G01021 | Deseño e Producto/771G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014 | Reciclaxe e Medio Ambiente/771G01020 | Administración e Organización Industrial/771G01034 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións
Sostenibilidade Medio Ambiente e Igualdade de Xénero: 1.
A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que
se realicen nesta materia farase da seguinte maneira: 1.1Entregarase
en formato virtual e / ou soporte informático 1.2.No
caso de ter que imprimir algo en papel (por exemplo, carteis, dípticos, etc...
para a realización das actividades ApS) a impresión farase en papel reciclado e
a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. 2.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia
(papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados nos
centros donde se imparte a materia ou na rúa para tal fin. Os materiais
empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do
posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa
recollida no caso de ser necesario. 3.
Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so
na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 4.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 5.Traballaráse
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6.Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. 7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas
aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polo alumnado en entidades que traballen con usuarios/usuarias con algún tipo de
discapacidade. O alumnado adaptará os materiais de tal maneira que se
facilite o aprendizaxe de todas as persoas. |
|